"Canna" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas da familia das cannáceas á que pertence a cana da India.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de construcións ou dependencias de carácter civil para comerciantes, artesáns, prostitutas, etc, que acompañaban as lexións romanas. Adoitaban establecer unha relación ocasional ou estable coa tropa de tal xeito que creaban pequenos núcleos urbanos fóra dos campamentos militares, que nalgúns casos chegaron a se converter en cidades onde os soldados romanos acostumaban quedar unha vez finalizado o seu período de servizo no exército romano.
-
-
Relativo ou pertencente ás cannabáceas.
-
Herbácea da familia das cannabáceas.
-
Familia de orde das urticais constituída por plantas dioicas propias do holártico, aínda que se atopan tamén cultivadas en áreas mornas de Australia e de América do Sur. Pertencen a esta familia o cánabo e o lúpulo.
-
-
PERSOEIRO
Compositor e violinista alemán. En 1758 foi Konzertmeister en Mannheim e director da orquestra desta cidade (1774) e da orquestra da corte de Múnic (1777). Compuxo numerosas pezas para música de cámara, sinfonías, concertos, ballets e óperas. Introduciu o clarinete como instrumento obrigatorio na orquestra e promoveu a instrumentación variada e a independencia dos diversos tipos de instrumentos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio activo do cánabo indio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pneumoconiose provocada pola inhalación de po de cánabo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbáceas da familia das cannabáceas ao que pertence o cánabo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado producido polo feito de fumar ou inxerir resinas contidas en flores e follas do cánabo, chamadas comunmente haxix ou marihuana, que teñen como un dos principios activos máis importantes o delta-9-tetrahidrocannabinol. Segundo a dose e o estado psíquico do suxeito pódense dar situacións de euforia, alucinacións pracenteiras a miúdo eróticas, sensación da prolongación do tempo, percepción de embriaguez e tamén estados de confusión e ansiedade e, mesmo, delirios e exacerbacións de enfermidades mentais preexistentes como a esquizofrenia. Pódese alterar a coordinación psicomotriz e verse afectada a condución de vehículos e o manexo de máquinas; a memoria diminúe e a aprendizaxe retárdase. Ademais, hai posibilidade de alteracións vexetativas como hipotensión, hipotermia, bradicardia e depresión respiratoria. A intoxicación crónica pode asociarse a cambios de conduta e ocasionar situacións extremas de falta de motivación e apatía. Pode crear dependencia física e, en mulleres...
-
-
Relativo ou pertencente ás cannáceas.
-
Planta da familia das cannáceas.
-
Familia da orde das zinxiberais, constituída por un único xénero, Canna, cunhas 50 especies de plantas herbáceas á que pertence a cana da India.
-
-
PERSOEIRO
Economista. A súa máxima obra, History of the Theories of Prodution and Distribution [...] from 1776 to 1848 (Historia das teorías de produción e distribución [...] do 1776 ao 1848, 1893) é unha análise crítica das concepcións clásicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción militar que tivo lugar á beira da cidade de Cannas, na rexión italiana de Apulia, no ano 216 a C entre o exército romano, comandado polo cónsul Terencio Varrón e o exército cartaxinés, comandado por Aníbal, no marco da Segunda Guerra Púnica (218-201 a C). Supuxo unha gran derrota para Roma.
-
PERSOEIRO
Pintor italiano. De nome Lippo di Dalmasio e coñecido como Maso da Bologna, formouse en Boloña e Florencia, onde adquiriu firmeza de debuxo e un certo modo solemne na composición, que incorporou ao seu estilo goticista. Destacan Coronazione della Madonna e Madonna col bambino.
VER O DETALLE DO TERMO