"Castillo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 39.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Participou na preparación do movemento militar da Vicalvarada (1854), que deu inicio ao Bienio Progresista. Redactou o Manifiesto de Manzanares (1854), declaración programática da futura Unión Liberal, partido polo que foi elixido deputado a Cortes e, máis tarde, designado director xeral da administración local e subsecretario de gobernación con O’Donnell (1858). Foi ministro da Gobernación no goberno de Mon (1864) e de Ultramar no último ministerio O’Donnell (1865). Non participou na Revolución de 1868 nin apoiou a causa de Isabel II. Deputado ás Cortes de 1869, defendeu posicións conservadoras. En 1873 designárono xefe do partido afonsino e dirixiu a campaña para a restauración da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII. Nomeado xefe de goberno (1875), desenvolveu o sistema político da Restauración que ideara, baseado na unión de monarquía e Cortes a través dun texto constitucional (1876) que permitiu a división de poderes. Pactou con Sagasta a alternancia no...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Navarra, drenado polo río Aragón (2.670 h [1996]). A fertilidade do territorio fai da agricultura unha importante actividade e destacan os cultivos de cereais, esparto, legumes e froitas. Tamén é importante a gandería, especialmente a cría de gando vacún e lanar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelá correspondente ao apelido galego Castelo.
-
Liñaxe que se estableceu en Cambados. As súas armas levan, en campo de goles, un castelo de prata, superado dunha flor de lis, do mesmo metal, e, tapando a porta do castelo, unha árbore de sinople e dous cans de prata, atados ao seu tronco con cadeas.
-
-
SEMANARIOS
Semanario deportivo que naceu na cidade de Vilalba o 18 de marzo de 1950. Os seus fundadores foron Zoilo López Ron e Xosé Lois García Mato. Entre os seus colaboradores destacan Xosé Burgo Otero, Álvarez Mosquera Bouzo ou Xosé Fernández.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político guatemalteco. Formouse na Academia Militar e na Escuela Politécnica del Ejército. No 1954 ocupou o país e derrocou o goberno de Jacobo Arbenz coa axuda dos EE UU. Foi nomeado presidente e anulou a Constitución de 1945 para promulgar unha nova en 1956. Disolveu os partidos de esquerdas, neutralizou os sindicatos e suprimiu a liberdade de prensa. Foi asasinado por un membro da súa garda.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano. Estudiou no Conservatorio Superior de Música de Madrid e na Escuela Superior de Canto e foi discípula de Mercedes García López, Rosa Fernández e Teresa Tourné. Ingresou no coro de RTVE e na Agrupación Lírica Julián Gayarre. En 1973 trasladouse á Coruña e exerceu a docencia no Conservatorio de Música de Santiago de Compostela. Participou decisivamente na recuperación e difusión da obra de compositores galegos: estreou o Réquiem de Melchor López, as Seis baladas, a Misa de Réquiem e o Te Deum de Xoán Montes. No seu repertorio destaca a estrea mundial da Cantata para soprano y trío de Carmelo Bernaola e a súa interpretación da obra de Joaquín Rodrigo sobre textos de Rosalía de Castro. Como solista actuou en Europa e Hispanoamérica con obras da lírica española e de ópera, así como oratorios e pezas do repertorio sinfónico-vocal. Ademais de realizar gravacións para RTVG e RNE, editou Canciones, con obras de Marcial del Adalid e Andrés...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Artista plástico. Trasladouse coa súa familia a Bos Aires e estudiou na Escuela de Bellas Artes, onde contactou co surrealista Raquel Forner e coñeceu a Laxeiro, Colmeiro e Seoane. En 1956 volveu a España e publicou unha serie de poemas na revista Índice. Coñeceu a galerista Juana Mordó e presentou os seus debuxos na Galería Biosca que esta dirixía. En 1959 celebrou a súa primeira exposición individual na Galería Altamira, ano no que comezaron as súas mostras por todo o mundo. Dende 1982 represéntao a galería Malborough de Nova York, onde instalou o seu estudio. A súa proposta artística reflicte unha certa figuración e un realismo, imbricado na súa propia imaxinación, que converte os seus cadros en metáforas onde mestura a realidade e o soño; deste xeito, crea un eclecticismo que parte dun autodidactismo literario, enriquecido polo coñecemento dos clásicos europeos como Goya, Friedrich e Picasso, ou correntes como o cubismo e o surrealismo. Como gravador iniciouse en 1962 cando coñeceu...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que pasou a Portugal. As súas armas levan, en campo de azul, un castelo de prata, cunha doncela ao natural asomada á torre da homenaxe; en xefe, tres flores de lis de ouro.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, drenado polo río Guadiamar e situado nos contrafortes occidentais da serra de Aracena (1.600 h [1996]). Destacan os xacementos de pirita, galena e fluorita. Os principais cultivos agrícolas corresponden aos cereais e ao tabaco.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, drenado polo río Guadalestón e accidentado pola serra da Alta Paloma (5.667 h [1996]). Presenta agricultura de secaño, sobre todo de cereais, e a industria baséase nas xeserías. Conserva a igrexa de San Pedro Apóstol (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, pertenceu ao corpo de intendencia da Armada. Ocupou a cátedra de Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidad de Murcia. Publicou, entre outras obras, Nebulosas (1934), La avena de Dafnis y otros poemas (1935-1942) (1943), La canción de los pinos (1945), Poemas del mar y del alma (1948), Argos. Poema del mar y del alma (1948, 2ª edición 1953), Lirios de Compostela (1949), Cuatro poetas belgas de hoy (1950), O espello das brétemas e outros poemas (1987) e Vuelo hacia dentro (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte e arqueólogo. Licenciado en Filosofía e Letras (1926), foi profesor na Escola de Comercio e na Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como director do Museo Provincial da Coruña (1922), arquiveiro municipal (1930) e cronista oficial (1946). Colaborador en diversas publicacións, o seu destacado labor de catalogación e conservación do patrimonio artístico galego recolleuse en múltiples artigos como “La arquitectura cristiana en Galicia” (1906), “Los castros gallegos” (1908), “Por las montañas de Galicia. Las montañas del Cebrero” (1918), “Guía artística y monumental de la provincia de Orense” (1928), “La arquitectura en Galicia en la época de los suevos” (1961) e El pórtico de la Gloria (1949). Escribiu a novela curta A dona das torres (1925). Postumamente editouse Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia (1972). En 1905 ingresou como adxunto na Real Academia Galega, da que foi correspondente en 1908 e numerario en...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Discípulo de C. del Campo e N. Boulanger, foi catedrático do conservatorio de Sevilla que dirixiu dende 1964 a 1978. Da súa produción destacan numerosas obras para piano, órgano, cantatas e ciclos de cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado en Sevilla, foi o representante máis importante da escola barroca cordobesa. Recibiu a influencia de Zurbarán e Ribera, e das escolas napolitana e flamenga. Entre as súas obras destacan San Francisco, realizada para o convento das franciscanas da Coruña, El Calvario (1649) e Adoración de los pastores (1651). Ademais, pintou retratos e paisaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico neurólogo. Profesor titular de Patoloxía e Clínica Médicas da Universidade de Santiago de Compostela, fundou a Sociedade Galega de Neuroloxía. Académico correspondente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cultivou a poesía na obra Donaires del Parnaso (1624) e o teatro, pero destacou, sobre todo, no conto ao xeito das novelle italianas, como aparece en Noches de placer (1631) e Los alivios de Casandra (1640). Escribiu unha novela longa de tradición picaresca, evolucionada cara a un certo costumismo en La garduña de Sevilla (1642).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Politóloga e política. Doutora en Dereito pola Universidad Complutense de Madrid e máster en Ciencia Política pola Ohio State University, é catedrática de Ciencia Política na Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED). Especialista en partidos políticos e comportamento electoral, foi directora da Nueva Revista de Política, Cultura y Arte e do Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS). O 27 de abril do 2000 foi nomeada ministra de Educación, Cultura e Deporte.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo, historiador e crítico da arte. Discípulo de Pere Bosch i Gimpera, foi catedrático de Historia da Universitat Autònoma de Barcelona, na que ocupou o cargo de secretario entre 1933 e 1939, e catedrático de Historia Universal na Universitat de Barcelona en 1942. Fundou e dirixiu o Museo de Tossa en 1935 e foi conservador do Museu Arqueològic de Barcelona entre 1931 e 1950. Na súa obra La cultura del vaso campaniforme: su origen y su extensión en Europa (1928), analiza o fenómeno campaniforme dende unha óptica europea. Outras obras súas son Cronología del vaso campaniforme en la Península Ibérica (1943) e José María Sert (1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Gran cavidade situada no pico do mesmo nome en Puente Viesgo (Santander) que contén algunhas das máis notables mostras de arte rupestre franco-cantábrica. Foi descuberta en 1903 por H. Alcalde del Río e escavada entre 1910 e 1914 por Hugo Obermaier; nela recuperáronse utensilios do período Paleolítico. As pinturas representan mans en negativo, bisontes, touros, cabalos e outros animais prehistóricos. Hai tamén pezas de arte mobiliar nos niveis magdalenienses, como as omoplatas con cabezas de cervos gravadas e un bastón de mando cun cervo gravado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restaurante vigués situado no monte do Castro e rexido por Manuel López Carpintero. Na súa cociña conviven os pratos tipicamente galegos con outras preparacións de influencia centroeuropea.