"Cilla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 20.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe procedente de cabaleiros godos que estableceron casas en Galicia, Asturias, León e La Rioja. A rama galega, asturiana e leonesa leva como armas, escudo terciado en banda: a primeira partición, cun león rampante de ouro, en campo de goles; a segunda, de ouro pleno e, a terceira, con seis flores de lis de ouro, en campo de azul, postas en dúas bandas de tres cada unha. Os de La Rioja usan escudo cortado: a primeira partición, con tres paos de goles, en campo de ouro; a segunda, cunha flor de lis de azul, en campo de prata, e o bordo de goles, con cinco panelas de prata. Outros levan, en campo de ouro, unha banda de goles acompañada, en xefe, dun león rampante da mesma cor e, en punta, de seis flores de lis de azul. Algúns engaden a este último escudo un bordo de prata, namentres que outros cambian a banda por unha faixa.
-
GALICIA
Xogador de hóckey a patíns. Debutou na división de honor co Dominicos da Coruña na tempada 1983-1984. Na tempada 1986-1987 pasou ao Liceo, club da mesma cidade, no que permaneceu dous anos e co que se proclamaría campión de Europa (1986-1987 e 1987-1988). Tamén acadou co Liceo un título de Liga (1986-1987) e, no ano 1988, a Copa do Rei, a Supercopa e a Copa Intercontinental. Na Liga 1988-1989 volveu ao Dominicos, co que gañou unha Copa do Rei (1990) e se proclamou máximo goleador da Liga (1989-1990 e 1990-1991). Na tempada 1993-1994 fichou polo Reus, equipo co que foi máximo goleador da Liga en dúas ocasións máis (1994-1995 e 1995-1996): con 521 goles entre 1983 e 1999 é o máximo goleador da historia desta competición. Membro da selección española absoluta, disputou 73 partidos internacionais entre 1988 e 1995, acadando un total de 110 goles e os títulos de campión do mundo (Arxentina 1989), subcampión olímpico (Barcelona 1992), campión da Copa das Nacións (1991) e a medalla de bronce no...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña (1998) e xogador internacional de hóckey a patíns. Como deportista, militou nos equipos coruñeses da división de honor do C. H. Dominicos e do H.C. Liceo, proclamándose campión da Copa do Rei en 1994 co Dominicos. Formou parte da selección española absoluta en 45 ocasións, obtivo o título de campión do mundo (Arxentina 1989) e, nos campionatos de Europa, as medallas de prata en categoría absoluta (Italia 1990) e de bronce en categoría júnior (Bélxica 1983). Está en posesión do título de adestrador nacional de hóckey sobre patíns e da Orde ao Mérito Olímpico, que lle outorgou o Comité Olímpico Español en 1995.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos bombicílidos ao que pertencen os gaios nórdicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do nome Icía.
-
-
Aplícase ao animal, particularmente ao porco, que ten unha franxa de pelo de diferente cor no lugar correspondente á cincha.
-
Relativo ao porco que mete os pés cara a dentro ao andar.
-
Aplícase ao porco co lombo afundido.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación mensual editada na Coruña a partir de 1958 co subtítulo “Congregación de Hijas de María del Colegio de Siervas de S. José. Boletín de información”. Desapareceu probablemente en 1964. De tendencia católico-conservadora, pretendía ofrecer consellos ás súas lectoras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Punto onde se produce o cruzamento de dous lugares ou camiños. O seu valor mítico pervive desde o tempo dos prerromanos. Segundo a tradición popular, nese lugar enterraban nenos mortos sen bautizar, por iso crese que durante a noite vagan por elas as almas dos condenados. Considéranse espacios perigosos onde roldan as almas ruíns e onde se pode levar a cabo a unión sexual co demo. Aínda hoxe, para realizar certos feitizos e curar algunhas doenzas atribuídas a meigallos, adóitase levar alí os enfermos. O cristianismo encargouse de agochar esta superstición e alí mesmo foron construídos cruceiros e petos de ánimas onde, ás veces, se pousaban os mortos antes de ser enterrados.
-
Situación difícil na que se atopa alguén que non sabe qué determinación debe tomar ou qué camiño seguir.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación bimestral aparecida en Ferrol en febreiro de 1977 e subtitulada “Revista galega de pensamento cristián”. Fundada e dirixida por Andrés Torres Queiruga, editouse baixo o selo de SEPT. Tivo a súa orixe na revista pontevedresa Logos, próxima ideoloxicamente ao Partido Galeguista, que nesta nova andaina naceu con vocación independente, marcada pola súa liña cristiá e progresista, como proxecto aberto e integrador para a Igrexa en Galicia que, a través dos seus artigos, realiza unha profunda reflexión teolóxica e de pensamento. Informa sobre a teoloxía da liberación, as reflexións teolóxicas sobre o nacionalismo galego e diversos debates sobre a implantación da liturxia en galego, e analiza o papel da lingua galega na sociedade.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de encrucillar.
-
Pasatempo que consiste en encher uns recadros con letras ou sílabas, a partir dunhas definicións que se dan, de xeito que conformen palabras que poidan ser lidas en vertical ou horizontal.
-
Debuxo que se emprega no encrucillado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Poñer algo en forma de cruz.
-
PERSOEIRO
Poeta. De ascendencia nobre, foi paxe do futuro Filipe II e participou na conquista de Chile. A súa obra La Araucana (1569) é un poema épico en oitavas reais que trata a subxugación que sufriu o pobo araucano, da que el mesmo formou parte. Os versos reflicten a influencia nesta obra de Virxilio, Lucano e, sobre todo, Ariosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Nafarroa, situado na Ribera e drenado polo río Aragón (2.548 h [2001]). Posúe agricultura e industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Mestre en San Martiño Pinario, ocupou a cátedra de Sagrada Escritura na Universidade de Santiago de Compostela (1601-1617). Provocou unha polémica teolóxica ao defender a comuñón diaria. Escribiu Paraphrasis inter Texta Editioni Vulgatae in Pentateuchum (1610) e Index consanguinitatum et affinitatum (1616).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido feito coa tripa grosa do porco, que se enche cunha mestura de sangue do animal, azucre, fariña e outros ingredientes. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Ao comer as morcillas rin a nai e as fillas; e ao pagar, todas son a chorar”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves, da familia dos motacílidos, ao que pertencen as lavandeiras.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago (148 h [2001]). Coñecido como Redecilla de Francos, é a primeira poboación castelá do camiño. Urbanis- ticamente presenta a estrutura lineal característica das poboacións do camiño. Contou cun hospital de peregrinos dedicado a san Lázaro, e na igrexa da Virgen de la Calle (ss XVII-XVIII) consérvase unha pía bautismal románica.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas bulbosas, da familia das liliáceas, con inflorescencias en acio de flores estreladas e xeneralmente azuladas e froito en cápsula. Moitas das súas especies son de interese en xardinaría. En Galicia están presentes as especies S. verna, S. monophyllos e S. autumnalis.