"Dávila" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Salamanca, Castela e León (1.741 h [1996]). No ano 1964 construíuse o encoro de Aldeadávila, sobre o Douro, cunha das centrais hidroeléctricas máis importantes da Península Ibérica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Segovia 1440? - León, Nicaragua 1531) Conquistador castelán. Participou nas Guerras de Granada (1481-1492) e África (1508-1511). Gobernador de Terra Firme ou Castela do Ouro (1513), substituíu a Vasco Núñez de Balboa, ao que fixo decapitar no 1517. Foi un activo explorador de todo o Darién, Panamá e Nicaragua, caracterizado polo seu despotismo e crueldade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado no concello de Cuntis, o uso destas augas é de época romana, como o proba unha estela dedicada ao deus Edovio. O edificio actual, situado no mesmo punto que o orixinario, está moi renovado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido de orixe toponímica formado sobre a base léxica vila e mais a preposición de (neste caso coa forma da, resultado da contracción co artigo feminino a) indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo a quen se lle aplicou na súa orixe. Documéntase no s XIII: “Iohan Perez da Vila” (doc ano 1274 en Miguel Romaní Martínez, A Colección diplomática do Mosteiro Cisterciense de Santa María de Oseira (1025-1399), vol II, 1990-1993, p 1027). Tamén se grafa Da Vila.
-
PERSOEIRO
Militar, marqués de Velada e de San Román. Foi gobernador de Orán, dos Países Baixos e Milán, e embaixador en Londres. Volveu a España en 1646 e ocupou diversos cargos na corte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Iniciou a súa formación no eido da ourivería no obradoiro de Anxo Mareque, a través de quen coñeceu a Mario Granell, quen o introduciu no ambiente artístico vigués. En 1946 ingresou na Escola de Artes e Oficios, onde estudiou ouriveiría con Mareque e debuxo con Maximiliano Vidales Espinosa. Trasladouse a Santander cunha bolsa de estudios para ampliar a súa formación escultórica con Andrés Novo Cuadrillero (1948-1950). Instalouse en Madrid e participou na IX Exposición Nacional de Arte de Educación y Descanso celebrada en 1951 no Círculo de Bellas Artes de Madrid, na que obtivo o segundo Premio Nacional de Escultura e a primeira Medalla de Bronce. Regresou a Vigo en 1952 e comezou a traballar como técnico modelista en cerámica en Manuel Álvarez e Hijos, S A. Dende 1955 dedicouse de xeito máis intensivo á escultura e realizou a súa primeira mostra na sala Foto Club con 25 pezas en granito. En 1958 trasladouse a México onde se interesou polas culturas precolombinas, especialmente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador, xeógrafo, filólogo e escritor. De moi novo emigrou a Arxentina, onde se dedicou aos negocios mercantís. En 1911 regresou e instalouse en Madrid. Colaborou, entre outros, nos xornais El Eco de Galicia, no que escribiu desde 1915 unha serie de artigos sobre Galicia titulados “Desde el relleno”, Almanaque gallego (“Notas de Baamonde (Lugo)”, 1914 e “Baamonde ou Vaamonde?”, 1915) en La Voz de Galicia. No Boletín da Real Academia Gallega publicou o artigo “Acerca del topónimo Bares” (1956). Escribiu a novela El Destino (1897), de ambiente galego, e o conto Al abrigo del ombú (1914). Entre outras obras eruditas, publicou Apuntes históricos y descriptivos de la villa y partido judicial de Santa Marta de Ortigueira (1902), Vocabulario santamartés u ortigueirés. Crítica de críticas (1903), Cuestión filológica. Nombre genérico de los hijos de Ortigueira (1903 e 1904), Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral (1907), colección de dezaseis...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor chileno. Participou no golpe de estado de 1932 e foi elixido presidente da República Socialista de Chile entre xuño e outubro dese ano. En 1940 redactou o Plan Dávila, polo que se creou a Comisión Interamericana para el Desarrollo e converteuse no segundo secretario xeral da OEA en 1954-1955. Colaborador do xornal El Mercurio (1914), director de La Nación (1917-1927) e fundador da revista chilena Hoy (1932), foi tamén autor de Our America (A nosa América, 1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Remigio, iniciou a súa formación artística en 1964. Foi profesor de debuxo e pintura e auxiliar de modelado e talla en pedra na Escola de Artes e Oficios de Vigo (1975-1977). Empregou, entre outros materiais, a pedra, o bronce, o ferro, o cobre, o aceiro inoxidable, as resinas de poliéster e as mallas de aceiro refractario; e empregou pátinas, oxidacións, texturas e pulidos na busca dunha valoración da materia sobre a forma. Traballou con formas obxectuais máis ou menos figurativas, nas que prevaleceu máis o escultórico ca o obxecto. Realizou series temáticas que parten de materiais industriais. Entre outras destacan Moda Gallega, Complementos, Eros, Mitologías, Herramientas, Las formas del sonido e Reconversión industrial. Realizou, entre outras obras, o monumento ao músico Andrés Gaos en Vigo (1994). En 1999 coordinou o I Simposium Internacional de Escultura Monte Alba (Vigo). Participou, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Catedrático e xornalista. Pertenceu á Compañía de Xesús e foi director do seminario de Tui. Propietario e redactor, xunto con Manuel Lago González e Victoriano Paradís, do periódico La Integridad, afiliouse ao partido integrista. A súa militancia política levouno a se enfrontar co bispo Menéndez Conde e a renunciar á cátedra do seminario.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actriz. Iniciou o seu labor teatral no grupo Avento de Vigo e desenvolveu a maior parte da súa actividade na compañía de teatro de rúa Os Quinquilláns, na que participou en diversas montaxes, como Danza da meiga no campo da festa (1991), Feira de lixos (1992), As voces do mar (1996), Os irmadiños (1999) e A noite (2001). Traballou tamén na montaxe Valle-Inclán 98 para o Centro Dramático Galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, escritor e xornalista. Emigrou a Arxentina moi novo, e colaborou asiduamente co xornal La Capital de Rosario. É autor de varios libros de poesías publicados entre 1886 e 1888 co título de Impresiones, La Babel argentina e Ecos de mi laúd. Tamén tirou do prelo varias pezas teatrais como Esdrújula (1894) e Mieles y amarguras (1894), e unha recompilación de diversos artigos humorísticos titulada Rasgos de pluma (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e escritor. Na capital cubana fundou e dirixiu, xunto con Francisco Montaos, o periódico La Prensa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. De posible orixe tudense ou valisoletana, recibiu a influencia de Juan de Juni, Berruguete e Esteban Jordán. Situado na transición do manierismo ao barroco, as súas obras caracterizáronse pola estilización das figuras que adoitan posturas complicadas, con pezas de roupa apegadas ao corpo de xeito que permiten descubrir a súa anatomía. En 1593 contratou con Francisco de Madrid e Esteban Jordán o retablo do altar maior da igrexa da Mare de Déu de Montserrat. En 1596, xunto co pintor Cosme de Azcuita, traballou no retablo maior de Santa María de Castrobeza e en 1597 realizou o retablo de San Miguel para San Nicolás de Valladolid. En 1599 o cabido compostelán chamouno para facerse cargo da realización do cadeirado do coro da catedral de Santiago en colaboración con Gregorio Español. En 1602 estableceu as directrices da nova capela maior da igrexa de Santa Susana e en 1603 asinou de novo con Gregorio Español a realización do retablo do colexio de Fonseca. Entre 1603 e 1610 traballou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título concedido por Francisco Franco o 18 de xullo de 1949 a Fidel Dávila y Arrondo, ministro de Defensa Nacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedro Arias Dávila.
-
PERSOEIRO
Militar. Serviu a Carlos V e a Filipe II. Foi un dos xefes dos tercios de Flandres e tivo un papel destacado na campaña de Portugal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Política. Diplomada en Graduado Social, foi membro do secretariado comarcal da zona sur de Pontevedra da INTG e membro do consello nacional do BNG, agrupación pola que foi elixida deputada do Parlamento galego na cuarta (1993-1997), quinta (1997-2001) e sexta (2001) lexislaturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador. Sacerdote dominicano, foi nomeado cronista de Filipe III en 1612. Das súas obras destacan Historia de la vida y hechos del rey don Enrique III de Castilla (1638), Teatro de las Iglesias de España (1643-1650) e Historia de Felipe III (1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Participou na represión da revolta republicana en Ferrol (1872) e ascendeu a capitán e a xeneral de Brigada. Loitou contra os carlistas e Afonso XIII concedeulle o título de conde do Grove. Escribiu Tratado de balística de las armas rayadas (1881).
VER O DETALLE DO TERMO