"Díaz" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 214.
-
PERSOEIRO
Novelista. Considérase o creador da novelística nacional uruguaia co tríptico histórico de novelas formado por Ismael (1888), Nativa (1890) e Grito de gloria (1893). Non obstante , a máis acabada e influente das súas obras é Soledad (1894).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto e urbanista. Realizou os edificios dos Xulgados de Santiago, Vigo e Mondoñedo, e o Pavillón Polideportivo do colexio Peleteiro. Traballou en diversos proxectos de intervención no Patrimonio Cultural de Compostela, como a reconstrución do Salón Teatro, a rehabilitación do Teatro Principal e as actuacións na Catedral e no mosteiro de San Martiño Pinario. Así mesmo, participou na montaxe das exposicións Rafael González Villar e a súa época, en 1975, e Rafael González Villar, arquitecto (1878-1941), en 1991; tamén realizou diversos traballos colectivos e colaborou na Gran Enciclopedia Gallega, Jano, Obradoiro, A Nosa Terra, etc. Ocupou diversos cargos no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
-
PERSOEIRO
Ilustrador. Cursou estudios de pintura na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. En 1980 inicia o seu traballo como ilustrador de xeito regular co libro Tom Sawyer detective, de Mark Twain e dende 1996 dedícase exclusivamente á ilustración. Colaborador en editoriais nacionais e estranxeiras no eido da literatura infantil (Alfaguara, Anaya, Juventud, Mary Glasgow, etc), destaca a súa achega como portadista de coleccións de literatura para adultos de autores recoñecidos (Benedetti, Cortázar, Savater, entre outros). Como debuxante colaborou en xornais e revistas ( Cuadernos Hispano Americanos, Leer, El Globo, Cuadernos para el diálogo). Dende 1987 é colaborador habitual do diario El País. Participou en numerosas exposicións (Exposición de Ilustradores Infantís de Boloña, Apim, Feira Internacional da Ilustración de Bratislava). Acadou o I Premio Austral Infantil (1985) e o I Premio Internacional da Fundación Santa María (1994)....
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Piloto de Fórmula 1. Comezou pilotando karts aos tres anos, e ese mesmo ano gañou a súa primeira carreira. Aos oito anos (1988) acadou o trunfo na súa primeira competición oficial, o Campionato infantil de karts de Asturias, que volveu gañar ao ano seguinte, xunto co de Galicia. En 1991 gaña os de Asturias e País Vasco en categoría cadetes, e en 1993, 1994 e 1996 o de España categoría junior. No 1998 gaña o campionato de España, o París-Bercy, o campionato Industria de Italia e o Open Ford. En 1999 entra na Fórmula Nissan, no que gaña o campionato Euro Open Movistar. Daí pasou á Fórmula 3000, chegando a quedar cuarto na clasificación xeral dese ano. No 2001 debutou na Fórmula 1 coa escudería Renault, aínda que cedido a Minardi. No 2002 volveu a Renault, e no 2003 acadou a primeira victoria no Gran Premio de Malasia, á que se unen ese mesmo ano o de Hungría e o de Italia. No 2005, tras o GP de Brasil, acada o título de Campión mundial de Fórmula 1. Ese mesmo ano recibe o Premio Príncipe...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Empresaria galega, presidenta da Fundación Barrié de la Maza e Condesa de Fenosa. Entre os seus ilustres antepasados cómpre citar o seu bisavó Pedro de Agar y Bustillo, rexente de España. En 1966 contraeu matrimonio con Pedro Barrié de la Maza y Pastor, fundador da institución que leva o seu nome. Tras a súa morte en 1971, Carmela Arias asumiu a presidencia da Fundación Pedro Barrié de la Maza e do Banco Pastor. Foi presidenta de Honra de Unión Eléctrica Fenosa e da Junta Rectora del Patronato Juana de Vega, e doutora Honoris Causa pola Universidade da Coruña. Entre os moitos méritos que acadou polo seu labor profesional están os seguintes: Medalla de Ouro da Academia de Belas Artes de San Fernando, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia, Medalla de Ouro da Deputación da Coruña, Medalla de...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e escritor. Membro dunha familia da burguesía acomodada, estudiou Dereito nas universidades de Madrid e Zaragoza, doutorándose en 1900. Foi funcionario da Dirección Xeral de Rexistros e Notariado, e exerceu os cargos de secretario do Instituto de Dereito Comparado e secretario do Ateneo de Madrid, do que foi Presidente en 1930. Militante no reformismo de Melquíades Álvarez, pasou ás filas do republicanismo e fundou Acción Republicana en 1925. Opúxose á ditadura de Primo de Rivera e despois da caída deste, asinou o Pacto de San Sebastián (17.8.1930). Membro do Comité Revolucionario de 1930 ao proclamarse a República (14.4.1931) formou parte do goberno provisional como ministro de Guerra. En outubro de 1931 foi nomeado Xefe de Goberno pero mantivo a carteira de Guerra. O bienio azañista (outubro 1931-setembro 1933) caracterizado polo reformismo (reorganización do exército, disposicións relativas ao culto e ao clero, estatutos de autonomía, reforma agraria, etc) respondeu basicamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Ao longo da súa andaina pictórica evolucionou desde un expresionismo inicial ata o neofigurativismo, pasando polo informalismo e a abstracción expresiva. Realizou múltiples exposicións, entre outras, na Exposición Nacional de Belas Artes de 1964 e na Magna Exposición de Pintores Gallegos de 1965 en Santiago de Compostela. En 1973 acadou a medalla de ouro no I Certamen Regional Imperio, celebrado na Coruña. Xunto con Gonzalo Rodríguez Mourullo, Ramón Lugrís e Xosé Manuel Beiras, entre outros, formou parte dun grupo de mozos galeguistas que viñan de descubrir Galicia e o Galeguismo, moi activo intelectualmente na Compostela dos anos cincuenta. En 1953 publicou un conto na revista Vamos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Entre 1932 e 1965 foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela. Interveu na ordenación urbanística da cidade compostelá como nos xardíns da Alameda e na rúa San Francisco. A súa proposta arquitectónica participa do Racionalismo, sobre todo na concepción da planta dos seus edificios (nº 14 da rúa Doutor Teixeiro de Santiago, 1945). Tamén interveu no patrimonio histórico santiagués, adiantando propostas que despois tiveron certa continuidade (nº 11 da rúa do Vilar).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de psicofármacos tranquilizantes menores con efectos ansiolíticos, miorrelaxantes, anticonvulsivos e hipnóticos, segundo a dose. Entre as benzodiazepinas máis empregadas, destacan o diazepam, o clorodiazepóxido e o temazepam.
-
GALICIA
Biólogo. Foi membro fundador do Grupo Ornitolóxico Galego, do Grupo Ibérico de Aves Marinas, da Sociedade Galega de Ornitoloxía, vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural e vogal da Sociedad Española de Ornitología. Coordinou os censos de aves acuáticas en Galicia dende 1979 a 1987. Foi delegado do grupo de traballo de aves mariñas atlánticas no International Council for Bird Preservation dende 1980 a 1985. Especialista en técnicas audiovisuais, desempeña a súa actividade profesional no Servicio de Medios Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1974 publicou máis de trinta artigos, tanto en publicacións de ámbito nacional como internacional, dedicados ás aves mariñas e en especial, ás gaivotas e araos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico. Catedrático de Medicina na Universidad de Zaragoza. Gañou o Gran Premio na Exposición Hispano-Francesa (1908) e a medalla de ouro na Exposición de Santiago (1909) polo seu traballo Cuadro gráfico de mortalidad infantil y cinco planos sanitarios de Zaragoza. Ademais, publicou Psicología popular de los sitios de Zaragoza (1910); Acción social de la Universidad (1910); La Medicina en el Fuero de Teruel (1915) e Origen del hombre según Santo Tomás (1918).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e músico. Formouse na Escola Universitaria de EXB en Lugo. Pioneiro na fusión da música galega con outros ritmos, fundou en 1980 o grupo Brath, do que foi batería, percusionista e dende 1999 intérprete de cancións. Entre os anos 1985-1986 dirixiu e presentou un programa de música en Ondas Galicia que acadou o Primeiro Premio Galicia de Xornalismo 1985 ao mellor programa musical. Compaxinou a súa actividade musical e literaria co seu labor como funcionario da Xunta de Galicia e coa dirección da compañía de comunicacións Sons Galiza, dedicada á gravación e edición discográfica e bibliográfica. Publicou os poemarios Anacos de silencio (1986), O sul da auga (1992) e Servicios informativos. Foi galardoado co Premio Nacional de Poesía O Facho e co Premio Meigas e Trasnos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario e ensaísta. Director literario de Edicions 62, foi o primeiro presidente da Associació d’Escriptors en Llengua Catalana (1978-1983) e colaborou en diversas revistas como Ínsula, Índice ou Serra d’Or. Da súa produción destacan as obras: Notas sobre literatura contemporánea (1955), La hora del lector (1957), Poesia, realisme, història (1965), Josep Pla o la raó narrativa (1978), La cultura e les cultures (1985) e Els escenaris de la memòria (1988). Recibiu a Creu de Sant Jordi en 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Discípulo de Vicente Díaz y González, participou en diversos certames e exposicións en España e no estranxeiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse moi novo a Ciudad Real, onde asistiu a clases de debuxo artístico e pintura na Escuela de Artes y Oficios e iniciou a súa formación con Manuel Mendía Santos. Posteriormente, trasladouse a Ourense onde foi profesor de debuxo artístico e figura en xeso, e coordinador e director da Escola Provincial de Artes e Oficios. Viaxou por Colombia e outros países de Hispanoamérica, onde realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas, entre as que destacan oito exposicións en Venezuela (1956-1958), e en Francia, Bélxica e nos Países Baixos. Colaborador en diversos xornais con artigos relacionados co mundo da arte e a filosofía, cultivou a paisaxe, o bodegón e o retrato. Na súa obra están presentes os temas das terras nas que viviu: Aragón, A Mancha e Galicia, en especial Ourense.
VER O DETALLE DO TERMO
A súa obra, de carácter impresionista,... -
GALICIA
Filóloga. Licenciouse en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1984 e doutorouse en 1993 coa tese A muller na lírica galego-portuguesa: Análise das súas denominacións, publicada en 1996 no libro As mulleres nas cantigas medievais. Da súa produción científica, centrada na literatura medieval e particularmente na lírica galego-portuguesa, destacan: “A denominación dona nas cantigas de amigo” (1991), “A donzela na lírica profana galego-portuguesa” (1993), “A figura da velha nos cancioneiros profanos galego-portugueses” (1993), “O vocabulario bélico na cantiga de amor” (1997), “A cantiga de amor B 468 de Alfonso X: un contrafactum” (1999), “As bestas de Fernand’Esquío (B 1604/V 1136)” (1999), “As cantigas de amigo” (2000) e, no eido da prosa medieval, “El motivo de la Besta Ladrador en la Demanda do Santo Graal” (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado. Logo de estudar dereito en Santiago de Compostela e Madrid emigrou a Arxentina, onde colaborou nos xornais da colectividade galega. Publicou Traición consagrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Foi accionista da editorial Galaxia dende a súa fundación e conselleira da Alliance Française de Santiago de Compostela. Colaborou en Radio Galicia con recitais poéticos de autores galegos dirixidos aos emigrantes e publicou poemas en La Voz de Galicia e La Noche. Dooulle a súa biblioteca ao concello de Betanzos. Publicou Nas orelas do Mendo (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1913. Durante a Segunda República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias; frecuentou na capital coruñesa o parladoiro de Luís Huici, xunto con Luís Seoane, Francisco Miguel, Xenaro Ruano, Álvaro Cebreiro e José Villaverde. Pasou a Guerra Civil en Madrid onde colaborou no voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios, o xornal Galicia Libre. Publicou os seus gravados e caricaturas, entre outros medios, en Galicia, Alfar, El Pueblo Gallego e Galicia Gráfica. Refuxiouse en Uruguay en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar e político. En 1852 ingresou na escola do Estado Maior, onde obtivo o grao de tenente coronel despois dunha serie de campañas en África. Como bolseiro do exército, estudiou en distintos armamentos militares de Francia, Bélxica, Holanda, Prusia e Portugal. Despois foi enviado a Filipinas, onde só estivo un ano por mor da súa elección como deputado pola Cañiza en 1863; deste xeito, ocupou o posto que fora do seu pai, Lourenzo de Cuenca. En 1876 foi destinado a Cuba como brigadier e xefe do Estado Maior da capitanía xeneral da illa, e posteriormente foi nomeado capitán xeneral de Canarias. Pouco antes da súa morte alcanzou o grao de tenente xeneral e xefe do cuarto militar da raíña rexente. Recibiu as cruces de San Juan e Carlos III.
VER O DETALLE DO TERMO