"Dax" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
-
Acción e efecto de abordar.
-
Colisión entre dous ou máis barcos. A responsabilidade dos danos e prexuízos acontecidos pola abordaxe é diferente segundo sexa fortuíta, culpable, común ou dubidosa. Por outra banda a abordaxe é un delito que pode ser de culpa cando incorre en neglixencia grave ou imprudencia; común se se realiza intencionadamente no mar; e militar cando transgrede os deberes do servizo relacionados coa navegación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de periodicidade irregular subtitulada “Revista da Escola Universitaria de Maxisterio de Santiago” e “Revista de Estudos e Experiencias Educativas”, tirada do prelo en xuño de 1984 en Santiago. Trata temas pedagóxicos, incluíndo debuxos, linguaxe gráfica e temas científicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano situado na posición máis próxima con relación ao eixe dun corpo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentencia antiga de carácter breve e conciso, cun sentido moral.
-
-
Movemento musical de tempo lento, entre o largo e o andante.
-
Fragmento escrito neste movemento. Indistintamente co largo adoita constituír o segundo tempo da sinfonía, a sonata e o concerto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de antílopes da familia dos bóvidos, de gran tamaño, cun pelame de cor gris clara e cornos anelados e helicoidais. Viven nos subdesertos da África sahariana.
-
-
-
Condición de bandido.
-
Actuación de quen, afastándose dunha vida social normal, se dedica ao roubo, ao furto, a atentar contra as persoas e a outros actos de carácter delitivo, a miúdo formando unha banda armada cun propósito de actuación común baixo a dirección dun xefe. Os actos de bandidaxe constitúen, de xeito individual, delitos castigados polo código penal, e tamén existen lexislacións penais que castigan especificamente a bandidaxe como actuación de conxunto. Algunhas ordenacións xurídicas tipifican como tal certas actuacións con motivacións políticas ou sociais.
-
-
Acción criminal.
-
Práctica realizada polos bandidos, fuxitivos da xustiza, que eran perseguidos polo bando por actuar contra a lei e contra a comunidade. Desterrados da vila, quedaban obrigados a botarse ao monte, castigo que aparece nos expedientes de prisión xa dende o s XIII. A súa conduta violenta e criminal, que os diferenciaba dos bandoleiros, facía que a poboación os vise con malos ollos, conceptualizándoos como vulgares ladróns, sen bagaxe moral nin valores de convivencia, políticos ou relixiosos.
-
-
PERSOEIRO
Diplomático e político. Ostentou diversos cargos diplomáticos en Florencia (1795), Viena (1800), Lisboa, etc. Secretario nas Cortes de Cádiz, no 1821, foi ministro de Estado e Presidente do Goberno (18.8.1837-16.12.1837), ao rexeitar o cargo Espartero. É autor de Cuestiones de Estado e Historia de las relaciones diplomáticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de blindar.
-
Capa de material especialmente resistente (aceiro, formigón, etc) coa que se reviste un vehículo, un barco ou unha fortificación, para protexelos dos proxectís, do lume, etc. A evolución da blindaxe estivo marcada pola evolución dos sistemas ofensivos, tanto que modernamente o extraordinario incremento da potencia das novas armas relegou a blindaxe a un segundo termo ( artillería). As blindaxes de formigón aplicáronse en bastimentos fixos (niños de metralladoras) e as de aceiro e outras aliaxes a enxeños móbiles (barcos, tanques, avións, etc). Aínda que na Antigüidade clásica ou nos barcos viquingos pódense atopar precedentes das actuais blindaxes, a aparición destas no sentido estricto de coirazas, sitúase no s XIX. A aparición da granada fixo que desaparecesen os barcos de madeira e que aumentase a blindaxe. En 1859 botouse a fragata francesa La Gloire, antecesora dos acoirazados, e ao ano seguinte construíuse en Gran Bretaña o primeiro barco de guerra de caixa metálica, ademais...
-
Cuberta metálica empregada para evitar os efectos dun campo eléctrico ou magnético exterior sobre un circuíto, elemento ou aparello eléctricos. Cando cómpre blindar as conexións dun aparello faise mediante fío ou cable blindado que vai recuberto cun trenzado metálico conectado á masa ou terra do aparello.
-
Revestimento que recobre total ou parcialmente unha máquina, aparello, vehículo, recinto ou cousa, impedindo que determinadas substancias (pós, gases tóxicos, líquidos corrosivos) ou certos efectos físicos (penetración, choque, calor, radiacións, campos eléctricos, etc) poidan traspasalo e afectar de xeito non desexado ao exterior ou ao interior, segundo os casos.
-
-
CIDADES
Cidade do departamento de Landes, en Aquitania, Francia, á beira do río Adour (19.309 h [1990]). É unha importante estación climática e termal. Tamén destaca a presenza dunha escola de aeronaútica militar. Conserva restos arqueolóxicos galorromanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Montañas de China que se estenden do NO ao SL do sheng de Sichuan. O cumio máis elevado está no Gongga Shan (7.556 m).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de individuos que realizan accións dignas de desprezo.
-
-
Acción de hospedar ou hospedarse.
-
Lugar en que alguén se hospeda.
-
Cantidade de diñeiro que se paga por hospedarse nun lugar.
-
Obriga que tiñan os vasalos durante a Idade Media de proporcionarlle ao seu señor feudal aloxamento durante as visitas que realizaba a cada un dos lugares sobre os que exercía o señorío.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
maridanza.
-
GALICIA
Xograr ou segrel galego. Estivo activo a mediados ou no terceiro cuarto do s XIII, atendendo aos elementos temáticos e estilísticos e á posición ocupada nos cancioneiros segundo a datación do Pergamiño Vindel (N), que contén as sete cantigas de amigo deste autor, seis delas acompañadas de melodía. Tanto neste pergamiño como nos dous cancioneiros apócrifos italianos, as sete composicións aparecen na mesma orde e cos seguintes incipits: “Ondas do mar de Vigo”, “Mandad’ey comigo”, “Mia irmana fremosa, treydes comigo”, “Ai Deus, se sab’ora meu amigo”, “Quantas sabedes amar amigo”, “Eno sagrado, en Vigo”, “Ay ondas, que eu vin veer”. As características técnicas e retóricas da súa obra reflicten unha educación esmerada en ambientes clericais ou aristocráticos. O trazo máis característico deste cancioneiro é a súa aparente unidade secuencial. Todas as cantigas presentan rima breve, o emparellamento dos termos amigo/amado e alusións a Vigo, pero a unidade secuencial vese no esquema compositivo....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual que se editou en Vigo a partir do 1 de febreiro de 1935. Dirixida por José Vázquez Fernández, foi o órgano de expresión da agrupación Martín Codax, que creou en 1934 o sacerdote Emilio Álvarez Martínez, co obxectivo de difundir a arte, a cultura e a caridade. Caracterizouse polo seu apoio á Falanxe e ao bando franquista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de expresión teatral escolar creado en 1973 no colexio vigués homónimo. Dirixido por Xulio González Lorenzo e María Xosé Eléxpuru, realizou diversos espectáculos na década de 1970, entre os que destaca A farsa do Cigarrón (1974), co que foi convidado a varias mostras de teatro da época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame lírico que organiza desde 1992 as Bodegas Martín Códax co patrocinio do concello de Santiago, da Editorial Galaxia e coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña. Algúns dos seus premiados foron Darío Xohán Cabana, Marta Dacosta, Román Raña Lama e Miguel Anxo Fernán-Vello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imposto periódico establecido xa no s XIII en diferentes reinos hispánicos para evitar que o rei fixese uso da súa regalía facendo cuñar moeda rebaixada de lei pero mantendo o valor nominal. Implantado en 1202 no Reino de Castela co nome de moneda forera, foi introducido por Pedro I de Aragón nos seus estados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sondaxe da atmosfera mediante unha radiosonda.