"EFTA" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cleftas.

    2. Individuo da comunidade clefta.

    3. Comunidade de homes libres, armados e combativos, fuxitivos da servidume ou campesiños expulsados das súas terras, que se organizaban en bandas e que actuaron no medio rural grego durante a dominación turca. Defenderon a causa da independencia grega contra os otomanos e definíronse como bandidos nacionais cuns criterios tradicionais. Identificábanse co defensor ou vingador dos cristiáns en contra dos turcos, ocultos en zonas marxinais do territorio como montañas e bosques. A figura dos cleftas recollérona e magnificárona as baladas e os poetas e folcloristas filohelénicos románticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación europea de libre comercio creada en Estocolmo en novembro do 1959 coa participación inicial de Reino Unido, Austria, Suíza, Suecia, Dinamarca, Noruega e Portugal, países aos que se adheriron Finlandia (1961) e Islandia (1970). O seu obxectivo era establecer unha zona industrial de libre comercio a través dunha redución anual dos aranceis. En 1973, o Reino Unido e Dinamarca abandonaron a organización para adherirse á CEE, e posteriormente seguiron as retiradas de Portugal en 1986 e Austria, Finlandia e Suecia en 1995. Na década dos noventa formaban parte da EFTA Islandia, Suíza, Noruega e Liechtenstein (adherido en 1991). En 1992 acordaron coa CEE (agás Suíza) a creación dunha Área Económica Europea ( EEA) que entrou en vigor en 1994 e permitiu o acceso da EFTA ao mercado da CEE. No 2000 asinou un acordo de libre comercio con México, o primeiro de carácter transatlántico, que entrou en vigor en xullo do 2001; e no 2002 con Singapur, en vigor dende xaneiro do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kleanthis Mikhailidhis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos heftalitas.

    2. Individuo da tribo heftalita.

    3. Tribo turco-mongólica orixinaria de Altai, en Asia Central. Penetrou en Afganistán (484), conquistou o Turkestán ruso durante os ss V e VI e exerceu unha forte presión sobre os sasánidas en Persia e os guptas en India. Iniciaron a súa decadencia no s VII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das doce tribos israelitas. O nome deriva do seu epónimo, fillo de Xacob. O seu territorio ocupaba as montañas orientais de Galilea. No esquema xenealóxico dos 12 fillos de Xacob-Israel, Nerftalí figura como o segundo fillo de Balá, a criada de Raquel. Segundo un documento contemporáneo, no s XII a C os homes de Neftalí capitanearon a revolta das tribos contra o dominio das cidades cananeas de Taanac e Megiddo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poliéster lineal que se obtén por policondensación do tereftalato de dimetilo co etilenglicol mediante unha reacción de transesterificación catalizada por sales, óxidos ou alcóxidos de diversos metais. O de peso molecular superior a 20.000 é unha substancia ríxida, incolora, con gran tendencia á cristalinidade. Presenta propiedades illantes eléctricas. Aplícase na fabricación de fibras téxtiles e na preparación de películas que se empregan como illantes eléctricos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e avogado. Foi alcalde de Viana do Bolo polo PP (1963-1999), procurador en Cortes en representación dos concellos de Ourense (1964-1967) e deputado no Congreso na II lexislatura por Coalición Democrática (1982-1986). Abandonou a política en xaneiro de 2002, cando presentou a dimisión como concelleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sal ou éster do ácido tereftálico.

    2. Sólido cristalino soluble en éter e insoluble en auga, que se emprega na preparación de diversos poliésteres poli (tereftalato de etileno).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Isómero do ácido ftálico, que se emprega na preparación de poliésteres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recompilación xurídica e doutrinal que constituíu un suplemento de Mišnà. Atribuído aos rabinos Hiyya e Ušaya (s III), a súa redacción definitiva foi contemporánea á do Talmud (500).

    VER O DETALLE DO TERMO