"Ecequiel" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino de orixe hebrea. Etimoloxicamente, procede de Y’hezqel ‘Deus dá forzas’, a través do latín Ezechiel. A forma hipocorística é Zaquiel. Ecequiel (s VII-VI a C) foi un dos grandes profetas do reino de Israel e celébrase o 10 abril.
-
PERSOEIRO
Profeta hebreo do Antigo Testamento. Fillo do sacerdote Buzi, foi probablemente tamén sacerdote e autor do libro que leva o seu nome. No ano 597, trala conquista do rei caldeo Nabucodonosor, foi desterrado a Babilonia. Discípulo de Xeremías, exerceu o labor profético na diáspora durante vinte e dous anos e experimentou visións apocalípticas. No ano 588 denunciou desde o desterro a actitude do Rei Sedecías ao se rebelar en Xerusalén contra Babilonia. Pouco despois Nabucodonosor conquistou Xerusalén e o profeta quedou mudo e inmóbil; só recuperaría a fala cando é destruída a capital rebelde. Comezou, daquela, unha nova etapa na súa traxectoria vital marcada pola esperanza: pasa de anunciar o castigo a predicar a salvación do Reino de Israel. Ademais, nace entre as colonias xudías un novo xeito de vivir a fe e pásase do iavismo ao xudaísmo, con Xeremías como pai doi xudaísmo e da súa espiritualidade. Na iconografía comeza a representarse a partir do s III; leva vestiduras orientais,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Libro bíblico, do Antigo Testamento, que recolle as profecías de Ecequiel. Fillo dun sacerdote do Templo de Xerusalén, foi deportado a Babilonia no 598 a C. Escrito cunha linguaxe metafórica e simbólica, consta de dúas partes. Na primeira, o autor fala dos castigos contra Xerusalén, Xudá e os falsos profetas por abandonar o camiño da lei e os preceptos de Iavé, e profire ameazas contra os pobos dos arredores que conspiraran contra os israelitas. Na segunda parte predominan as promesas de salvación: anúnciase un salvador e o retorno do Reino de Israel á terra dos seus pais e a unha nova Xerusalén cun novo templo.
-
GALICIA
Xurista e político. Afiliado ao Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Tui (1879-1903), primeiro secretario do Congreso (1880 e 1882), conselleiro do Monte de Piedade e Caixa de Aforros (1892) e senador vitalicio desde 1903. Colaborou en diversos xornais, dos que destaca El Boletín Diplomático. Publicou Guía de Ferrocarriles del Norte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Coñecido como Mon Vasco, formouse na Escola de Artes e Oficios da Coruña ata 1972. Nas súas primeiras obras traballou a madeira e realizou cabezudos de gran tamaño. Posteriormente realizou baixorrelevos caracterizados pola presenza da luz. En 1973 recibiu unha bolsa da Fundación Juan March coa que se trasladou a Senegal. Cultivou entón unha figuración formalista e unha abstracción volumétrica e traballou con diversos tamaños. De regreso a Galicia participou no colectivo A Carón e viviu durante un tempo en Ibiza. Instalado na Coruña continuou a traballar a madeira e realizou esculturas formadas por diversos bloques ensamblados. En 1977 foi un dos fundadores do grupo Galga. Comezou entón a traballar coa pedra tradicional, o ferro e o formigón. As súas obras caracterizáronse entón polo tenso diálogo entre o baleiro e a masa, o plano e a curva. Foi un dos integrantes do colectivo Atlántica. Da súa obra destacan Caprino (1973-1974), Adán (1976-1977), Eva...
VER O DETALLE DO TERMO