"Erode" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamil Nadu, India, ao NL de Coimbatore, na marxe esquerda do río Cauvery, (158.774 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás esclerodermatáceas.

    2. Fungo da familia das esclerodermatáceas.

    3. Familia de basidiomicetos con basidiocarpos estipitados, de peridio groso e simple, capilicio rudimentario e coas basidiosporas redondas e sen esterigmas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade do grupo das colaxenoses, de causa descoñecida e de patoxenia inmunolóxica, que afecta á pel, ás articulacións, aos músculos e a algunhas vísceras como o esófago e o resto do tubo dixestivo, o pulmón, o corazón e os riles. A forma xeneralizada da enfermidade denomínase tamén esclerose sistemática progresiva e os seus síntomas principais son: enfermidade de Raynaud, esclerodactilia, artralxias, telanxiectasia, calcificacións subcutáneas ou calcinose, afectación da cara, que se volve coma unha máscara, e trastornos funcionais das vísceras danadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adhemar Adolphe Louis Martens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Escribiu uns Mimiambos, caracterizados polo ton populista da linguaxe e a súa intencionalidade satírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Xudea (41-44), neto de Herodes o Grande. Durante o seu mandato, foron habituais as persecucións de cristiáns. Nos textos bíblicos atribuíuselle ao encarceramento de san Pedro e a condena á morte de Santiago o Maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tetrarca de Galilea e de Perea, fillo de Herodes o Grande. Construíu a fortaleza de Betramta e a cidade de Tiberíades, na beira do lago homónimo. Divorciado da súa primeira muller, casou con Herodías, esposa do seu medio irmán Herodes Filipo. Por compracer a súa muller e a filla desta, Salomé, mandou matar a Xoán Bautista. No xuízo de Xesús Cristo negouse a facerse cargo del e devolveullo a Pilatos. Deposto por Calígula, foi deportado á Galia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Literato e orador ateniense. Foi cónsul en Roma (143). En Atenas fundou unha escola de retórica e embeleceu a cidade con obras suntuosas, como o odeón ou a acrópole. Seguidor do aticismo máis puro, dos seus escritos só se conserva Da República, a favor da guerra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tetrarca de Iturea e Galaunítida (4 a C- 34 d C), fillo de Herodes o Grande. Gobernou a parte NL de Palestina. Edificou a cidade de Cesarea de Filipos e reconstruíu Betsaida. Trala súa morte o territorio pasou a formar parte da provincia de Siria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Ascalón 73 a C - Xerusalén 4 a C) Rei de Xudea (40 a C-4 a C), fillo de Antípatro. Foi ministro de Hircano II e gobernador de Galilea (47 a C). Nomeado rei de Xudea polo Senado romano, reduciu a oposición da dinastía asmonea casando cunha princesa desta dinastía, pero nos primeiros anos do reinado tivo que enfrotarse con eles. Confirmado no trono por Augusto (31 a C), prolongáronse as loitas entre saduceos e fariseos. O evanxeo da infancia faino protagonista da matanza dos Inocentes; mandou asasinar todos os nenos de menos de dous anos para eliminar así o Neno que os magos lle auguraran ía ser o rei dos xudeus. Emprendeu a construción de teatros, anfiteatros e circos en Xerusalén, Xericó e Cesarea de Palestina, ocupouse da construción e restauración das fortalezas na fronteira de Xudea e iniciou a reconstrución do templo de Xerusalén. O seu reino dividiuse entre os seus fillos Herodes Antipas, Arquelao e Herodes Filipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo que procede do grego Ἠ ρώδης, derivado de ἥ ρως ‘gobernante’. Segundo algúns estudiosos ten unha orixe siria e viría dunha voz co significado de ‘dragón en chamas’. Destaca con este nome o rei xudeu Herodes o Grande. Na tradición oral recóllense ditos como “Ruín coma Herodes” (en alusión á maldade do personaxe bíblico) ou “Ir de Herodes a Pilatos” (referido a alguén que é maltratado e sofre un escarnio tras doutro); Herodías chamábase a neta de Herodes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Cléo de Mérode, foi alumna de Mile Theodore. En 1888 debutou na Opéra de París, para pasar anos máis tarde ao Folies-Bergère, onde creou o espectáculo Lorenza. Ao retirarse publicou as súas memorias Le ballet de ma vie (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Galeguista. Emigrou cos seus pais a Bos Aires, onde participou na fundación da Sociedade Nazionalista Pondal (1925) e colaborou coa Intersocietaria Gallega e a Irmandade Galega de Bos Aires. Na década de 1930 adheriuse á Federación de Sociedades Galegas, pero pouco despois foi expulsado. Foi membro do Consello de Galiza. Colaborou como xornalista en Fouce, A Nosa Terra, Opinión Gallega, Vieiros e no boletín do Consello de Galiza. Publicou Chuvia e outras narracións (1972) e deixou inédita a novela Historia dunha saudade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das esclerodermatáceas, cun carpóforo globoso de cor amarelada. Este carpóforo ábrese en forma de estrela. A especie máis frecuente en Galicia é S. polyrhizum, de ata 20 cm de diámetro e sen pé. Aparece durante todo o ano nas beiras dos camiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pantón baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sequidade da pel.

    2. Afección cutánea caracterizada por un estado engurrado, seco e descolorido da pel, acompañada de escamadura. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO