"Escorial" (Contén)
Mostrando 7 resultados de 7.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro do s XIII conservado no mosteiro de San Lorenzo de El Escorial (I. b. 2), que contén parte das Cantigas de Santa María. Da mesma extensión que T + F, é o manuscrito que contén case a totalidade das cantigas marianas de Afonso X (416 textos). Está copiado en pergamiño, con escritura gótica a dúas columnas e iniciais en cor azul e encarnada. Presenta notación musical pero non as páxinas miniadas de T e F; sen embargo, as 40 cantigas de loor e a primeira cantiga están adornadas cunha viñeta a ancho de columna que representa diferentes personaxes tocando variados instrumentos musicais, polo que se coñecen como miniaturas dos músicos, designación que se estende ao códice enteiro, coñecido como Códice dos músicos. Para levar a cabo este proxecto de recoller 400 cantigas, facían falta 359 das de milagre, pero ao rematar o códice aínda faltaban algunhas (quizais se estivese traballando simultaneamente neste códice e en F,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cancioneiro do s XIII conservado na Real Biblioteca de San Lorenzo de El Escorial (T, I. 1), que contén parte das Cantigas de Santa María. Adoita ser coñecido co nome de “códice rico” debido ás exquisitas páxinas miniadas (212 con 1264 viñetas) que acompañan os textos. Copiado en follas de pergamiño de vitela de 486 por 332 mm, con escritura gótica francesa a dúas columnas, contén, ademais, a notación musical completa, ás veces para o texto enteiro. Ao comenzo de cada cantiga debuxouse unha letra capital, de entre tres a catro cm, con predominio das cores azuis. O texto está escrito en tinta negra, excepto os versos correspondentes ao refrán, que se copiaron con tinta encarnada. Ao decidirse a continuación do proxecto inicial e, polo tanto, comezar a luxosa confección de T, o material que contiña a primeira colección tivo que reordenarse (dispuxéronse as cantigas respectando a inicial sucesión de cantigas de milagre e a décima de loor, de xeito que as cantigas con ordinal...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista literaria próxima a Falanxe dirixida a partir de 1940 en Madrid por Pedro Laín Entralgo e Dionisio Ridruejo. Cesou a súa edición en 1950. Tentaba reconstruír a cultura española nunha nova situación política e substituír outras publicacións que influíran nos anos previos á Guerra Civil, como a Revista de Occidente, Cruz y Raya ou La Gaceta Literaria. A partir de 1943 e coa incorporación á dirección de José Mª Alfaro, abandonou os ideais falanxistas para darlle un ton máis católico. Nela colaboraron intelectuais da época e difundiu a obra dos membros das xeracións do 36 e do 27 que permanecían en España (V. Aleixandre, G. Diego e D. Alonso), xunto con poetas máis novos como Rafael Morales, Vicente Gaos, José Mª Valverde, Blas de Otero e Carlos Bousoño.
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad Autónoma de Madrid, situado na cabeceira do río Auliencia, ao pé da serra de Guadarrama (8.554 h [1996]). A súa economía está baseada na agricultura, na gandería e en certa actividade industrial (lácteos, estudios cibernéticos) e comercial. A vila foi orixinariamente un pequeno casarío e desenvolveuse despois de que Filipe II ordenase a construción do palacio real e mosteiro de San Lorenzo de El Escorial. En 1792 Carlos IV segregouno do municipio de San Lorenzo de El Escorial, ao que está practicamente unido, e onde se sitúa o palacio-mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso que seguiu á conspiración dun sector da nobreza cortesá dirixida polo príncipe de Asturias, o futuro Fernando VII, contra Manuel Godoy e Carlos IV (1807). Descuberta a conspiración en El Escorial, onde estaba a corte, e arrestado o príncipe, este asinou unha petición de perdón que lle foi concedida en novembro do mesmo ano e delatou os seus colaboradores, absoltos no proceso de xaneiro de 1808, pero desterrados. Ante estes feitos, o pobo radicalizou aínda máis a hostilidade cara a Godoy, que se fixo patente pouco tempo despois no Motín de Aranjuez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Monasterio de San Lorenzo de El Escorial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en San Lorenzo de El Escorial (Madrid). Erixiuno Filipe II en conmemoración da vitoria das súas tropas na Batalla de Saint Quentin (1557) e encomendouse a san Lourenzo por ser a súa festividade o 10 de agosto, día do enfrontamento. Comezou a construírse en 1563 baixo a dirección de Juan Bautista de Toledo e, ao morrer este en 1567, Juan de Herrera fíxose cargo e modificou o proxecto cara a un clasicismo máis severo que recibiu o nome de estilo herreriano, que se caracterizou pola pureza das liñas fronte aos motivos decorativos. Ata 1837 o mosteiro estivo ocupado por monxes xerónimos, pero desde entón está ocupado por agostiños, que instalaron na parte noroeste un colexio. A planta é un gran rectángulo con torres nas esquinas e cun corpo saínte no lado leste que lle outorga a forma de grella, atributo de san Lourenzo. Os elementos principais do conxunto son o mosteiro, o palacio, a igrexa e o panteón. A explanada da Lonja rodea aos lados norte e oeste e...