"FAI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 71.

    1. Adorno ou xoia feita con pedras e metais preciosos, empregada polas persoas ou ben como ornamento de igrexas.

    2. Calquera elemento de valor que ten moita importancia para o individuo.

    3. Conxunto de elementos téxtiles dunha casa, como colchas, cortinas e sabas.

    4. Conxunto de pratos, fontes, cuncas e demais utensilios que se empregan para o servizo da mesa.

    5. Galicia é dende a Antigüidade terra coñecida pola abundancia de xacementos mineiros, ben documentada dende os máis antigos relatos escritos que nos chegan da nosa terra. A Idade do Bronce presenta unha gran riqueza de motivos decorativos e de técnicas de ourive: incisión, erguido, estampado e punteado polo anverso. O conxunto máis impresionante é o do Tesouro de Caldas, descuberto no 1940. Moitas das pezas que o compoñían foron vendidas, pero unha parte aínda se conserva no Museo de Pontevedra. O peso do conxunto é duns vinte quilos e todas as pezas son de ouro macizo de máis de vinte quilates. Hai paralelos destas pezas en moitos lugares tanto de Galicia coma de fóra, atopando posibles influxos nórdicos, centroeuropeos e bretóns nos brazaletes, vasos, peites e torques de prata. A ourivería castrexa acada en Galicia cotas de esplendor; consérvase un gran número de alfaias de ouro que aproveitan a abundancia deste metal nos ríos Sil e os seus afluentes. As técnicas empregadas son repuxados,...

    6. Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘xastre’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Cultiva o relato, a poesía e o ensaio. En 1970 publicou o libro O paseo, mestura de relatos e novela. En 1979 saíu do prelo A palabra da terra, recompilación de poemas publicados en Grial e outros inéditos de tinte intimista, social e político.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ornamentar calquera elemento ou persoa con xoias ou adornos que xeralmente son pedras e metais preciosos.

    2. Estragarse calquera cousa, xeralmente plantas que teñen moi boa terra e das que se perde a súa produción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo que ten por oficio confeccionar pezas de vestir para homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe orixinaria da Coruña. Relacionados con esta caste están os Alfaiata. As súas armas levan, en campo de goles, unhas tesoiras de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘confesarse’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Ribera Alta (12.178 h [1996]). Cultívase a maior parte da superficie do termo (1 332 ha). O regadío, onde se dan laranxeiras e hortalizas, é maioritario, mentres que o secaño, en retroceso, produce ervellos da Ceratonia, oliveiras e amendoeiras. Ten industrias alimentarias, de materiais de construción e de mobles, xunto coa tradicional industria do vimbio (cestos e cadeiras). O señorío pertenceu aos Jofré e despois aos Falcó. Dentro do termo está a torre de Mussa e as urbanizacións da colonia de Santa Ana e do Plan de Clotxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca da Safor, drenado polo río Xeraco (1.669 h [1996]). A laranxeira adquiriu o carácter de monocultivo. O sector primario ocupa o 50% da poboación activa. A actividade industrial redúcese á fabricación de envases para as laranxas. Foi un antigo casarío islámico. A igrexa parroquial, churrigueresca, é do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, na Comunitat Valenciana, situado na comarca do Camp de Morvedre, no val de Segó (1.978 h [1996]). Produce sobre todo laranxas, cultivos de horta e uvas moscatel. En 1394, o dominio da vila foi adquirido por Bernat Vives de Canyamars e os seus descendentes recibiron o título de condes de Faura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Embutido elaborado coa tripa gorda, as vísceras e restos de carne do porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen fai as cousas con pouco coidado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Faixa do escudo que presenta dous esmaltes diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escudo que ten contrafaixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sacar a faixa ou elemento similar a algo ou a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enfaixar ou enfaixarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • enfaixadura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer unha faixa a algo ou a alguén.

    2. Poñerse unha faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador pertencente á escola lírica galego-portuguesa, membro dunha familia da baixa nobreza, probablemente castelá ou leonesa. Durante un tempo identificouse erroneamente con Estevan Perez Froian, o valido portugués de Sancho IV de Castela. A diverxencia na colocación de ambos os dous autores nos cancioneiros apunta, sen embargo, cara a unha cronoloxía diferente en cada caso. Gracias á situación do poeta dentro da parte final dos cancioneiros B e V, e á datación dunha serie de composicións pertencentes a un ciclo de escarnio de tipo persoal -compostas por Airas Perez Vuitoron, Pero Garcia Burgales, Pero da Ponte e Vasco Perez Pardal, xunto con el mesmo-, pódese contextualizar este autor na segunda metade do s XIII, e a súa produción entre os anos 1240 e 1260, inserida nas cortes rexias de Fernando III ou de Alfonso X o Sabio. A súa produción consta só de catro composicións: a cantiga de escarnio “Fernan Díaz, fazen-vos entender”, e tres cantigas de amor das que dunha delas, “Por...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Organización que tentaba reunir todos os grupos anarquistas da Península Ibérica, constituída clandestinamente en xullo de 1927 en Saler (València). Foi produto da iniciativa do Segundo Congreso da Federación de Grupos Anarquistas de Lingua Española en Francia (Marseille, maio de 1926) e inicialmente agrupou parte desta federación, a Federación Nacional de Grupos Anarquistas de España e a União Anarquista Portuguesa. Propúxose asegurar o contido ácrata da CNT mediante a creación de comités coa participación mixta de membros da FAI e da CNT. Nos primeiros anos da República non conseguiron reunir todas as tendencias anarquistas existentes; quedaron fóra o grupo de La Revista Blanca e o grupo Nosotros. Tampouco foi fácil manter a unidade interna, por mor do frecuente distanciamento entre as federacións rexionais. Malia todo, acadou un amplo acordo na oposición ao grupo anarcosindicalista que dirixira a reorganización da CNT en 1930-1931, os denominados trentistas (Pestaña, Peiró e...

    VER O DETALLE DO TERMO