"FORTA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 44.
-
VER O DETALLE DO TERMO
alfalfa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Santa María de Cospeito (Cospeito), foi derrubada polo mariscal Álvaro González de Ribadeneira; tan só se conservan restos do foso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación situada na Pobra do Murón, no concello da Fonsagrada. Antiga fortaleza dos condes de Altamira, está declarada Ben de Interese Cultural desde 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castelo situado no alto de Castro Caldelas. Posiblemente disposto sobre un enclave castrexo, como parece indicar o topónimo castro, levantouse como construción defensiva. Durante a época romana o castro transformouse nun oppidum situado na encrucillada das vías romanas que unían Braga con Astorga e Chaves con Lugo. O edificio conserva partes iniciadas na segunda metade do s XIV. Os partidarios de Enrique de Trastámara nas loitas contra Pedro I tomárona en 1370 e, máis tarde, sufriu a destrución na Revolta dos Irmandiños en 1467. O conde de Lemos, Pedro Osorio, mandouna reconstruír e deulle a planta definitiva en 1560. Permaneceu en mans dos señores de Lemos ata finais do s XVIII, pero, ao morrer sen descendencia, o derradeiro conde pasou á Casa de Alba. Consérvase un recinto amurallado con planta de polígono irregular dotado de tres torres (a do reloxo e a do homenaxe semellan ser as máis antigas). Posteriormente se engadiu o celeiro e a adega. Conserva o patio de armas, parte...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación situada en Presqueiras, no concello de Forcarei, construída por iniciativa do arcebispo Xelmírez. Baixo a xurisdición do arcebispado de Santiago foi centro administrativo e residencia dos xuíces meiriños da comarca ata 1476, data na que se trasladaron a Soutelo de Montes. Desde alí cobraban as rendas para a igrexa santiaguesa e para a Coroa, así como de administrar xustiza. O seu topónimo revela a existencia dun asentamento castrexo dotado das defensas naturais do río Presqueiras. Despois das Revoltas Irmandiñas, reconstruíuse a comezos do s XVI. Da muralla, que seguía un plan rectangular ao redor do patio, coa torre de homenaxe no centro, só se conservan algúns tramos. A partir do s XVII perdeu interese estratéxico e as edificacións entraron nun proceso de deterioración, agás a ermida da Nosa Señora do Castro, que fora erixida ao carón da fortaleza e reconstruída no último terzo do s XVIII seguindo trazas barrocas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Torre defensiva medieval situada sobre un outeiro no que se asentou un poboado castrexo. A fortificación, da que só se conservan partes dos muros de cachotería nun estado semirruinoso, foi unha fundación de reguengo do s XII que despois deu lugar ao núcleo urbano primitivo da vila do Barco de Valdeorras. A súa xurisdición estivo en mans dos principais señores da comarca ata que, no s XV, os condes de Ribadavia a recibiron como unha doazón dos Reis Católicos. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Silleda, foi construída no s XIII polos señores de Deza. Sufriu o sitio de Berenguel de Landoira en 1320 e pasou a mans do cabido santiagués ata que os señores de Altamira a recuperaron e reclamaron o dereito de sucesión dos Deza. As Revoltas Irmandiñas deixaron pegada na fortaleza e, durante as loitas revolucionarias de 1846, o xeneral Rubín pasou a noite nela. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que proporciona confort ou comodidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de confortar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen conforta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que conforta.
-
-
Darlle vigor e forza a alguén.
-
Consolar no abatemento e dar ánimo a alguén que está a sufrir un mal momento e que ten que resistir fronte ás adversidades.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para confortar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Darbo da que se conservan algúns restos en estado ruinoso. Pertenceu ao señorío compostelán e menciónase na Historia Compostelana como refuxio dos inimigos, entre outros, de dona Urraca, Paio Gudesteiz e Rabinado Núñez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Privar de conforto a alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Destruír unha fortaleza ou quitarlle a súa gornición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Martiño de Laiosa (O Incio). Ten dous pisos, patio interior con escaleira e torre de planta cadrada con dous corpos. Na fachada destaca a porta de arco de medio punto, o brasón coas armas dos Lanzó e Somoza e o corpo saínte sobre o que se sitúa un balcón. No s XVII conservaba o foxo e contrafoxo. Desde o exterior accedíase á capela, que máis tarde se converteu en trasteira. Tivo cárcere e gozou do dereito de asilo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo castelo situada en Palas de Rei. Construída no s XIII, foi propiedade de Alvar Sánchez de Ulloa, quen asaltaba os peregrinos do Camiño de Santiago. Cercada e incendiada por mandato do arcebispo de Santiago, Berenguel de Landoira, destruírona no 1321.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A Federación de Organismos de Radio y Televisión Autonómicos constituíuse o 5 de abril de 1989 e integra 8 canles autonómicas (Empresa Pública de la Radio y Televisión de Andalucía, Corporació Catalana de Radio i Televisió, Ente Público Radio Televisión Madrid, Entidad Pública Radiotelevisión Valenciana, Compañía da Radio Televisión de Galicia, Euskal Irrati Telebista, Televisión Autonómica de Canarias e Televisión Autonómica de Castilla-La Mancha). Tomando como referencia a independencia de cada un dos asociados, os seus principais obxectivos son: cooperación en acordos sobre dereitos de propiedade intelectual, colaboración en retransmisións, no intercambio de programas e en determinados servicios, e favorecemento da participación en organizacións profesionais nacionais e internacionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que fortalece.