"Fay" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
GALICIA
Escritora coñecida polo seu pseudónimo An Alfaya. Realizou os estudios de maxisterio, criminoloxía e detective privado. Cultiva a narrativa curta, o teatro, o relato e a poesía. Participa na fundación do Teatro Avento de Vigo e no 1989 recibe un accéssit na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós pola súa obra Bua-bua-requetebua, para gañar no 1991 o primeiro premio deste certame con O maquinista Antón, xunto co segundo premio no certame Meigas e Trasgos con Noite de meigallos. En castelán gañou dous accéssit nos premios Ciudad de San Sebastián e ASEJE, coas pezas para adultos El uno y el otro (1991) e La danza del paraguas (1995), respectivamente. No eido da novela infantil publicou en galego O caderno azul (1996) e Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997); en castelán publicou Tita (1997). En galego ten os contos Os morcegos, Auga varrida, O escondedoiro, e en castelán Querer es...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor franco-flamengo. Foi cantor do coro da catedral de Cambrai e posteriormente do coro papal en Roma (1428). Caracterízase por unha refinada e elegante técnica da variación. Nas súas misas tendeu a unha unificación mediante o uso do cantus firmus, como apoio temático das partes litúrxicas. Empregou o falso bordón. Da súa produción destacan as misas (L’homme armé, Ave regina celorum), motetes (Nuper rosarum flores), himnos, antífonas e cancións profanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo. Son notables os seus estudios sobre a brillantez do ceo nocturno, baseados nun gran número de medidas fotométricas, espectroscópicas e polarimétricas, e sobre a materia interestelar na rexión central da Via Láctea.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dorothy Faye.
-
PERSOEIRO
Rei de Arabia Saudí (1964-1975), fillo de ‘Abd al-’Azīz III. Durante o reinado do seu irmán Sa’ūd foi nomeado primeiro ministro (1956) e ministro de Facenda (1958), cargos desde os que mantivo unha disputa case que permanente co seu irmán. Proclamado rei (1964), iniciou unha política de reformas económicas e sociais orientadas cara á modernización do país. Proporcionoulles apoio político e económico aos países de Oriente Próximo na confrontación con Israel. Tras un reinado marcado polos intentos de golpe de estado, morreu asasinado por un sobriño seu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Iraq (1921-1933), irmán dos reis Abdullah I de Xordania e Alí I de Al-Hi Palatino; ǧ āz. En 1920 foi proclamado rei de Siria, pero meses máis tarde foi deposto polos franceses, que ocuparon o país en forma de mandato. Nomeado rei de Iraq (1921) baixo mandato británico, instaurou unha monarquía constitucional. En 1930 un tratado anglo-iraquí recoñeceu a independencia de Iraq.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Iraq (1939-1958). Ata a súa maioría de idade, en 1953, o goberno foi asumido por unha rexencia. Foi asasinado durante o golpe de estado de 1958, tralo que se proclamou a República.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director de escena irlandés. Foi un dos impulsores do Movemento Dramático Angloirlandés e do Abbey Theatre, onde dirixiu espectáculos como Cathleen ni Houlihan ou Deirdre, a partir de textos de William Butler Yeats e George Russell, e participou en The Playboy of the Western World (O mozo que chegou de lonxe) ou The Well of the Saints (A fontenla dos milagres), sobre textos de John Millington Synge. En 1908 abandonou o Abbey e emigrou a EE UU, país no que continuou a súa traxectoria de actor e director, pero regresou en 1914 a Inglaterra, onde traballou en compañías de Londres e Birmingham. Finalmente, retornou a Dublín, onde volveu traballar no Abbey como profesor de elocución.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e produtor irlandés. Foi un dos impulsores do Movemento Dramático Angloirlandés e do Abbey Theatre. Traballou varios anos en compañías que actuaban por Irlanda e Inglaterra. Como actor, fixo papeis protagonistas nos espectáculos The Playboy of the Western World (O mozo que chegou de lonxe) ou The Well of the Saints (A fontenla dos milagres), baseados en textos de John Millington Synge. Trala ruptura con Yeats e o abandono do Abbey, acompañou o seu irmán Frank na experiencia americana, pero despois volveu a Londres, onde continuou traballando como actor e produtor.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cometa descuberto por H. Faye o 22 de novembro de 1843. Os elementos da súa órbita foron calculados po L. E. Cunningham. A excentricidade da súa órbita vale 0,56360 e o seu período é de 7,44079 anos.
-
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Faye Dunaway, debutou en Broadway da man de Elia Kazan. Posteriormente, acadou certa sona con Bonnie and Clyde (1967), de A. Penn. Interveu, entre outras, nas películas The Arrangement (O compromiso, 1969), Chinatwon (1974), Network (Un mundo implacable, 1976), coa que conseguiu un Oscar, Mommie Dearest (Queridísima mamá, 1981), Barfly (O borracho, 1987), The Handmaid’s Tale (O conto da doncela, 1990), Arizona Dream (1992), The Temp (1993), Don Juan de Marco (1994) e En brazos de la mujer madura (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Discípulo de Arago, foi nomeado (1876) presidente do Bureau des Longitudes e director do Observatoire de París (1878). En 1843 descubriu o cometa que leva o seu nome. Publicou Sur l’origine du monde (1885).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Adscribiuse ao grupo Tel Quel e foi cofundador do colectivo e da revista Change (1968). Publicou, entre outras obras, Entre les rues (1958), Fleuve renversé (1959), Battement (1962), Couleurs pliées (1965), Le récit unique (1967), Les troyens (1970) e La théorie du récit (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marie Joseph Paul Yves ES-TRAD;mso-fareast-language: Roch Gilbert Motier.
-
CIDADES
Cidade do estado de Carolina do Norte, EE UU, situada á beira do río Cape Fear (75.695 h [1990]). Fundada en 1739 por emigrantes escoceses, foi ao longo do s XIX un dos grandes centros de construción naval do estado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro de minas. Foi un dos pioneiros nos estudios sobre administración científica das empresas. Neste sentido desenvolveu unha teoría, chamada clásica, que se ocupa do aumento de eficiencia da empresa a través da súa organización e da aplicación de principios científicos xerais da administración. Publicou Administration industrielle et générale (1916).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor inglés. Foi primeiro cantor da capela de Enrique VIII de Inglaterra e doutor das universidades de Oxford e Cambridge. Compuxo cinco misas a cinco voces e unha a catro, baseadas no cantus firmus litúrxico, dous Magnificat, motetes e cancións.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a homónimo de Exipto (260.830 h [1996]). Denominada Sendét na época faraónica e Crocodilopolis e Arsinoe na helenística, foi residencia real durante a XII dinastía. Do seu patrimonio cultural destacan a granxa neolítica ao pé do lago Qaroun, o complexo funerario de Hawara da XII dinastía, as termas romanas de Kom Aushim e a necrópole grecorromana de Arsinoe, coñecida polos retratos das súas momias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mu Palatino; ḥ āfa Palatino; ẓ a de Exipto (1827 km2; 1.989.800 h [1996]). A súa capital é Al-Fayyūm.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Retratos funerarios pintados á encáustica e dende o s IV d C á témpera, sobre fondo branco. Substitúen a máscara funeraria das momias e reflicten a tradición de situar un retrato do morto sobre o cadáver. Localizáronse a finais do s XIX na necrópole de Arsinoe (Al-Fayyūm). Aínda que non se pode precisar a súa data con exactitude, sitúanse na época romana, entre os ss I e V. Teñen unha gran calidade artística e unha forte expresividade. Atopáronse tamén teas de la ou liño (ss III-IV), con decoración en branco e negro ou cor que pertencían aos vestidos do defunto.