"Felipe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 47.

  • PERSOEIRO

    Pintor castelán de orixe aragonesa. Realizou obras de tema relixioso, retratos e miniaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo e director do Museo do Castro de Viladonga (Lugo). Participou ou dirixiu numerosos proxectos relacionados coa Prehistoria e a romanización en Galicia, centrando a súa investigación no Castro de Viladonga e no Lugo romano. É autor de: Las murallas romanas de Lugo (1972), Museo Provincial de Lugo (1981), Castro de Viladonga (1985), A romanización de Galicia (1992) e Museo do Castro de Viladonga (1996); así mesmo, realizou xunto con Ana Romero Masiá o Dicionario de termos de arqueoloxía e prehistoria (1995) e colaborou na obra colectiva Inscriptions romaines de la province de Lugo (1979). É xefe da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento (CSIC), foi membro fundador do Museo do Pobo Galego e promotor do Consello Galego de Museos; ademais, participa ou colabora noutras entidades de carácter académico, científico e cultural como o International Council of Museums (ICOM), a Asociación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar corso casado con Elisa Bonaparte, irmá de Napoleón, que o nomeou senador (1804) e xeneral. Seguiu a fortuna da súa muller como príncipe consorte de Lucca e Piombino (1805) e, máis tarde, foi gran duque consorte da Toscana, aínda que non interveu no goberno. Trala caída de Napoleón acompañou a Elisa a Bohemia e a Trieste; morta ela (1820) volveu a Italia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e militar. Segundo marqués de Vallgornera e marqués viúvo de Torremejía. Interveu na Guerra da Independencia e na primeira Guerra Carlista, e despois foi agregado en diversas embaixadas. En 1837 foi elixido deputado por Barcelona e, posteriormente, senador por Tarragona e Girona. En 1838, en plena Guerra Carlista foi nomeado ministro da Gobernación do goberno do duque de Frías. Foi conservador da biblioteca do Senado e director (1814) da sección de historia militar do estado maior. Publicou o primeiro volume dunha Historia de la guerra de España contra Napoleón (1818) e un Reglamento y Catálogo de la Biblioteca del Senado (1851), e deixou inédita unha Descripción de la villa y término de Valls.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista galego, conde de Torre-Cedeira. Estudiou peritaxe mercantil na Escola de Comercio de Ourense e na de Vigo, onde en 1970 obtivo o título de profesor mercantil. Xunto con Francisco Bernis principiou, en 1972, os censos de aves acuáticas en Galicia. No mesmo ano promoveu e presidiu a Asociación de Amigos de los Pazos. En 1974, da man de Jose Antonio Valverde, iniciou os estudios do lobo e en 1975 realizou o primeiro censo desta especie na Península Ibérica. En 1976 entrou a formar parte do equipo investigador do laboratorio de Parasitoloxía da Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela onde dirixiu no 1991 o Estudio da incidencia de determinadas parasitoses animais en Galicia a través do lobo e en 1994 o Estudio do coello en Galicia: Analise dos factores bioecolóxicos incidentes nas poboacións silvestres. En 1995 participou na organización do IV Congreso Ibérico de Parasitoloxía e en 1998 na do Euro-Americam Mammal Congress celebrado en Santiago de Compostela....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo, capitán de navío e político. Despois de participar en diversas accións navais, entre elas a toma de Menorca (1781), confeccionou o atlas marítimo das costas hispánicas. Acompañou o almirante Alejandro Malaspina na súa viaxe ao redor do mundo (1789-1794) e cando volveu (1795) dedicouse á publicación de diversos traballos cartográficos sobre as costas americanas do Pacífico. En 1822 foi elixido deputado a Cortes por Mallorca; en 1823 exiliouse a Londres. A súa correspondencia e os seus traballos están na Bauzà Collection do British Museum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro de minas e xeólogo. Ampliou os seus estudios en Alemaña. En 1834 realizou un estudo xeolóxico en Castela para abrir pozos artesianos. Entre os anos 1864 e 1873 presidiu a comisión que realizou o mapa xeolóxico de España. Publicou Bosquejo geológico del distrito de Barcelona y Tarragona, con algunos apuntes de las de Lérida y Gerona e, xunto con José Espinosa, Memorias sobre las observaciones astronómicas para los navegantes españoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios de Ferrol e en 1901 trasladouse a Madrid onde ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde coñeceu os irmáns Zubiarre e a José Gutiérrez Solana. As súas primeiras obras (A Victoria de Samotracia e O Deus Baco) seguen as ensinanzas académicas no tratamento técnico e na colocación das escenas. Participou na Exposición Rexional de 1912 con oito lenzos, sete deles paisaxes. O interese pola paisaxe está relacionado co coñecemento da pintura realizada pola denominada Xeración Doente, co descubrimento da pintura inglesa de Turner e Constable, así como coa difusión do modernismo paisaxista de pintores cataláns como Rusiñol e o recoñecemento da pintura de Francisco Lloréns. En 1913 realizou en Ferrol a súa primeira exposición individual na que presentou vinte lenzos paisaxísticos, onde empregou unha pincelada pequena que buscaba o detalle e a minuciosidade, ao mesmo tempo que introducía ruínas ou gando como tema central,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Foi catedrático de Electricidade e Magnetismo da Universidad de Madrid, reitor da mesma universidade, director do Laboratorio de Investigaciones Físicas do Instituto de Ciencias Físico-Naturales e profesor da Universidad Nacional en México. Os seus estudios baseáronse nas propiedades eléctricas e magnéticas de distintas substancias e disolucións, especialmente no diamagnetismo, e no paramagnetismo. Foi membro da Academia de Ciencias (1910) e da Real Academia Española (1936). Entre as súas obras cómpre destacar: Sobre la trayectoria de los rayos catódicos nun campo magnético (1903), Teorema de Vaschay y su aplicación a la Electrostática (1906), Qué es la electricidad? (1907) e El átomo y sus propiedades electromagnéticas (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como León Felipe, na súa xuventude estudiou farmacia, profesión que abandonou pola de actor e, posteriormente, pola de profesor de literatura nos EE UU. Despois dunha estadía en España, exiliouse en 1938 a México. Na súa produción, a rebelión expresada en Versos y oraciones del caminante (1920-1929) e Drop a star (1933), radicalizouse nos libros, produto da Guerra Civil española e do exilio, El payaso de las bofetadas (1938), El hacha (1939), Español del éxodo y del llanto (1939), El gran responsable (1940) e Ganarás la luz (1943). Publicou, ademais, Antología rota (1947), Llamadme republicano (1950), El ciervo (1954), Belleza cruel (1958) e Oh este viejo y solo violín! (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Case toda a súa vida profesional estivo dedicada á educación en Galicia. En 1929 iniciou unha Biblioteca Popular Circulante a cargo da Asociación do Maxisterio de Viveiro, e en Ortigueira impulsou unha granxa de experimentación agrícola. A partir de 1930 accedeu á praza de mestre do Pósito de Pescadores de Cangas, onde fomentou a dinamización da educación arredor da escola primaria do Pósito marítimo de Cangas e do xornal Galicia Marítima. Logo, en 1933, creou unha pioneira e innovadora Escola de Pesca en contraposición ao modelo único escolar. Durante a Segunda República estivo vinculado á FETE-UGT.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico mexicano. Formouse no IDHEC de Francia. Cando regresou ao seu país tentou introducir novas tendencias pero sen romper coas antigas tradicións barrocas do cine mexicano. El jardin de tía Isabel (1971) é unha das súas realizacións máis destacadas. Dirixiu tamén: La manzana de la discordia (1968), Aquellos años (1972), Los motivos de Luz (1985) e Lo del César (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi nomeado gobernador civil da Coruña en 1907. Dirixiu unha ofensiva contra os políticos agraristas que buscaba desfacer as sociedades agrarias, como a Unión Campesina. Así mesmo, censurou algunhas publicacións, como Solidaridad Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Doutor en Xeografía e Historia, foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela (1984-2001), onde dirixiu o grupo de investigación en Arqueoloxía da Paisaxe e o laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais. Ademais, desde o ano 2001 foi profesor investigador do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento e dende 2003 é Coordinador Científico-técnico da Área de Humanidades e Ciencias Sociais. Centrou o seu estudo na arqueoloxía da paisaxe, na arquitectura megalítica, na teoría arqueolóxica e nas metodoloxías para a xestión do patrimonio arqueolóxico. Colaborou, entre outras, nas revistas Gallaecia e Cuadernos de Estudios Gallegos.
    Foi coautor, entre outros libros, de La cerámica campaniforme en Galicia (1982), La cultura megalítica de la provincia de la Coruña y sus relaciones con el marco natural:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. De orixe asturiana, trasladouse a Galicia con oito anos. En 1936 viviu o bombardeo de Santander pola aviación da lexión Cóndor, feito que marcou a súa existencia. No 1949 coñeceu a Francisco Asorey e no 1954 trasladouse a Madrid, onde ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando (1954-1959). Foi catedrático de Anatomía Artística e Debuxo do Natural en Movemento das Escolas de Artes e Oficios Artísticos (1961) e catedrático de Debuxo de ensino medio (1963). Nomeado director da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Santiago de Compostela (1963-1966), promoveu a renovación das instalacións do centro e o cambio do nome polo de Mestre Mateo.
    En 1967 instalouse na Coruña, onde exerceu como catedrático de Debuxo. A súa obra, de carácter figurativo, caracterízase polo dominio do debuxo como creador das formas e das cores....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Membro dunha familia de artistas flamengos, traballou para Filipe III, a quen lle fixo un retrato que non se conserva. Cultivou a pintura relixiosa (Virgen Dolorosa con san Juan y la Magdalena, 1645) e o retrato (Retrato de un Unceta; Doña María Gasca de la Vega; Don Gómez Suárez de Figueroa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e político. En 1868 imprimiu clandestinamente as proclamas da Junta Revolucionaria de Madrid. Fundou o diario El Heraldo de Madrid e foi empresario teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Activo en Valladolid, traballou no eido da imaxinería. Entre as súas obras destacan San Miguel Arcángel, La Magdalena en el desierto, Cabeza de san Juan Bautista (1773) e Cabeza de san Pablo (1778). Realizou o cadeirado do coro da sala capitular da catedral de Valladolid e a do mosteiro de La Espina. Dende 1784 foi membro da Real Academia de la Purísima Concepción de Valladolid, na que foi tenente de debuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de prateiros activa en Santiago de Compostela no ss XVI e XVII. Sebastián Felipe (?-1592), foi fillo do prateiro de orixe portuguesa Duarte Cedeira o Vello. Realizou no período 1581-1584, entre outras obras, cruces procesionais para San Martiño de Liñaio (Negreira) e para o mosteiro de San Xusto de Toxosoutos (Lousame). En 1582 fixo unha cruz, un anel de prata e un cáliz, cos que se enterrou o arcepispo J. del Yermo, e en 1584 elaborou cálices, xunto con Rodrigo de Pardiñas, para a igrexa de pobres do arcebispado. O seu fillo Sebastián Felipe , realizou cruces procesionais para, entre outras, as igrexas de San Xiao de Arnois (A Estrada), Santa María de Gándara (Zas) e San Miguel de Vilar (Touro). Traballou para o Hospital Real e para a catedral compostelá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Coñecida como María de Felipe, licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (1980) e en Belas Artes, na especialidade de pintura, en Barcelona (1985). A súa obra caracterizouse pola pincelada solta e polo protagonismo da pintura, deixando o motivo do lenzo nun segundo plano. Colaborou como ilustradora na revista Festa da palabra silenciada (1987) e no libro Palabra de muller (1992). Realizou exposicións individuais e participou, entre outras colectivas, na mostra Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1982) e na II Bienal de Artistas Galegas (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO