"Gastón" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 25.

  • PERSOEIRO

    Filósofo. Profesor de Historia e de Filosofía das Ciencias en Dijon e despois na Sorbona. Dedicouse sobre todo á Epistemoloxía, á Filosofía das Ciencias e á Psicanálise, en xeral. O recoñecemento da complexidade das teorías científicas obrigouno a refutar as simplificacións introducidas polas interpretacións racionalistas. Afirmou a existencia dun novo espírito científico, oposto tanto ao predominio antigo e medieval da imaxe como ao esquema xeométrico moderno. Realizou o intento de ampliar o marco e a estrutura da razón. Fronte á pretensión dos saberes absolutos, Bachelard destacou a necesidade de aterse a coñecementos aproximativos, dominados polo probabilismo. As súas obras principais son: La valeur indutive de la relativité (O valor indutivo da relatividade, 1929), Le nouvel esprit scientifique (O novo espírito científico, 1934), La dialectique de la durée (A dialéctica da duración, 1936), Le rationalisme appliqué (O racionalismo aplicado, 1949),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director e investigador teatral francés. Foi o impulsor da teatralización do espectáculo a partir da relativización do texto. Formou parte do grupo de innovadores escénicos -xunto con Jacques Copeau, Charles Dullin e Louis Jouvet- do célebre Le Cartel, pacto asinado en 1926 contra o academicismo e o teatro comercial. Preconizou o equilibrio entre a palabra e os outros factores do espectáculo teatral. Na fin da súa carreira artística, dirixiu a súa mirada e os seus estudios cara ao teatro de marionetas. Introdutor da estética expresionista en Francia, tamén promoveu o papel das artes plásticas na realización teatral. Entre os seus traballos teóricos cómpre salientar o volume El arte teatral (1932), escrito en colaboración con Renê Chavance e publicado en España en 1951.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo e filósofo francés. Como outros filósofos consideraba que o problema epistemolóxico complicaba o problema ontolóxico. A súa primeira obra importante foi o ensaio Les conditions de l’intelligibilité et le problème de Ia contingence (As condicións da intelixibilidade e o problema da continxencia, 1925). Preocupado pola caracteroloxía, destacou polos seus estudios sobre o carácter e sobre a noción de prospectiva, sobre os que publicou varias obras, entre as que destaca o Traité pratique de l’analyse du caractère (Tratado práctico de análise do carácter, 1950). Postumamente publicouse L’homme moderne et son éducation (O home moderno e a súa educación, 1962), onde expuña a súa teoría educativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Profesor de Botánica da Sorbonne (1887). Fundou a Revue générale de Botanique (1889) e o laboratorio de Bioloxía Vexetal do bosque de Fontainebleau. É autor de traballos sobre a adaptación das plantas á vida en diferentes altitudes e sobre liques, como Élements de botanique (Elementos de Botánica, 1889), Nouvelle Flore de la France pour la détermination facile des plantes (Nova flora de Francia para a determinación doada das plantas, 1887), en colaboración con Georges de Layen, e dunha extensa Flore complète illustrée en couleurs de France, Suisse et Belgique (Flora completa e ilustrada a cor de Francia, Suíza e Bélxica, 1911-1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sociólogo francés. Director da École des Hautes Études Sociales. A súa obra trata o tema da guerra, contemplado dende un punto de vista neutral. É o creador do termo polemoloxía, o estudo do fenómeno bélico, e do Institut Français de Polémologie (1945). Entre as súas obras destacan: Traité de sociologie (Tratado de socioloxía, 1946), Les guerres, éléments de polémologie (As guerras, elementos de polemoloxía, 1951), Traité de polémologie (Tratado de polemoloxía, 1971), Le défi de la guerre (1740-1974) (O reto da guerra, 1740-1974; 1976), en colaboración con R. Carrère, e Guerres et civilisations (Guerras e civilizacións, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comediógrafo e xornalista. Escribiu comedias satíricas como Le Roi (O rei, 1908), Primerose (Malvarosa, 1911) e M. Bretonneau (1914). Foi colaborador de Robert de Flers en moitas das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario francés. Participou nas revoltas de 1870 e dirixiu en 1871 a insurrección que proclamou a comuna de Marsella. Trala disolución da mesma, foi condenado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Catedrático de Xeometría Superior na Université de la Sorbonne. Publicou memorias sobre o estudo das superficies ortogonais, ecuacións diferenciais de segunda orde en derivadas parciais, aproximación de funcións, funcións descontinuas, etc. A súa obra Leçon sur la théorie générale des surfaces et les applications géométriques du calcul infinitésimal (Lección sobre a teoría xeral das superficies e as aplicacións xeométricas do cálculo infinitesimal, 1887-1896) constitúe unha síntese de traballos realizados nos campos da xeometría e do cálculo durante o s XIX. Desenvolveu tamén unha nova teoría sobre as superficies alxébricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, avogado e periodista francés. En 1933 integrouse no Partido Socialista Francés, Section Française de la International Ouvrière (SFIO), e durante a Segunda Guerra Mundial foi membro da Resistencia (1940-1944). Ocupou diversos cargos: alcalde de Marseille dende 1953, senador (1959-1962), ministro de Ultramar (1956-1957) e deputado na Asemblea Nacional dende o 1962 e en 1964-1965. Foi candidato socialista á presidencia da República no 1969. Despois da reorganización do Parti Socialiste Français (PSF), adheriuse ao programa común de goberno da esquerda (1972) e deu o seu apoio a François Mitterrand nas eleccións presidenciais de 1974 e 1981. No 1981, coa vitoria do PSF nas eleccións lexislativas, foi nomeado ministro do Interior e no 1984 pasou a ter o cargo de ministro de Planificación Territorial. Fundou e dirixiu o xornal Le Provençal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado francés. Membro do Parti Radical, foi deputado (1893-1910), senador (1910) e presidente do Senado (1923). Ocupou, entre outros, os ministerios de Colonias (1902-1905; 1914-1917), Comercio e Traballo (1906-1908), Instrución Pública (1909) e Relacións Exteriores (1914). Foi presidente da República en dúas ocasións: entre 1924 e 1931 e en 1934, cando formou un goberno de unidade nacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador francés, irmán de Marcel, Raymond e Suzanne Duchamp. Coñecido como Jacques Villon, nome que adoptou dun poeta do s XV, abandonou o seu traballo de pasante dun notario pola pintura. Frecuentou o obradoiro do seu avó Émile Nicolle e estudiou belas artes en París. Fixo debuxos humorísticos e colaborou en diversos xornais. Dende 1903 participou no Salon des Indepéndants e dende 1904 no Salon d’Automne. Despois dun período fauve, achegouse ao cubismo e realizou composicións piramidais; despois foi un dos creadores da Section d’Or. Participou na Armory Show (1913) e, trala Primeira Guerra Mundial, orientouse cara á abstracción, como demostra en Equilibre rouge (Equilibrio vermello, 1921). Dedicouse ao gravado (1922-1930) e ao regresar á pintura mantivo a abstracción, aínda que tamén fixo figuración, como en La femme en rouge (A muller vermella, 1937). Trala Segunda Guerra Mundial, intentou realizar unha síntese da súa obra e elaborou obras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e político belga. Profesor da Universidade de Louvain desde 1931, ocupou os cargos de ministro de Finanzas (1947-1949 e 1965-1966), gobernador do Banco Internacional para a Reconstrución e o Desenvolvemento (1947-1949) e ministro de Asuntos Exteriores (1950). Primeiro ministro en dúas ocasións, durante o seu primeiro mandato (1958-1961) concedeuse a independencia ao Congo. No seu segundo mandato (1968-1972) procurou un maior entendemento entre a comunidade flamenga e a francófona. Entre as súas obras destacan Le Port de New York dans son rôle économique (1929), De Arbeider en de Bedrijfsleiding in Amerika (1931), Economische théorie en economische politiek (1956), Inflatie en international monetair beleid (1968), Beschouwingen over de economische groei (1976) e Academiae analecta (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe descoñecida; probablemente veña dun caso oblicuo do nome xermánico Gasto, Gastonis (s X), procedente da voz común *gastiz ‘estranxeiro’, ‘hóspede’, feito que o vincularía co latín hostis ‘inimigo’. Non obstante , para algúns investigadores trataríase dunha simple variante do nome étnico francés Gascon ‘gascón’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe francés. Duque de Anjou (1608-1626), de Orléans (1626-1660) e de Valois, fillo de Enrique IV de Francia. Conspirou sen éxito contra o cardeal Richelieu e trala morte deste reconciliouse co seu irmán Luís XIII. Lugartenente xeral do reino durante a minoría de idade de Luís XIV, conspirou durante a Fronda, polo que o cardeal Mazzarino o recluíu no castelo de Blois (1652).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Foix e de Bigorre (1302-1315), vizconde de Bearn (Gastón VIII), de Castellbò e de Moncada, e señor de Andorra, fillo e herdeiro do conde Roger Bernat III de Foix. Acompañou o Rei Luís X de Francia na campaña de Flandres. Trala súa morte deixoulle os seus dominios franceses ao seu fillo máis vello, Gastón II de Foix, e os cataláns ao seu segundo fillo, Roger Bernat III de Castellbò.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Foix e de Bigorre, vizconde de Bearn (Gastón IX), e señor de Andorra e de Donasà (1315-43), fillo e herdeiro de Gastón I e de Xoana de Artois. Apoiou o Rei Xaime III de Mallorca contra Pedro IV o Cerimonioso e participou xunto a Afonso XI de Castela e León na campaña contra os benimeríns. En 1335 obtivo do rei de Francia a senescalía de Toulouse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Foix e de Bigorre (1343-1391), vizconde de Bearn (Gastón X), de Marsan, de Oloron e de Lautrec e señor de Andorra e de Donasà, fillo de Gastón II de Foix. Coñecido tamén por Gastón Phébus, estivo ao servizo do Rei Filipe VI de Francia na Guerra dos Cen Anos. Mantivo, grazas aos numerosos recursos económicos dos seus territorios, unha corte fastosa en Orthez. Morreu sen descendencia, polo que os seus estados pasaron á coroa. Carlos VI de Francia recoñeceulle os dereitos sucesorios de Mateo I de Castellbò a cambio dunha compensación económica. Foi autor do Livre de la chasse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conde de Foix (1436-1471) e de Bigorre (Gastón I, 1436-1471), vizconde de Bearn (Gastón XI, 1436-1471), de Castellbò (Gastón II, 1423-1462), de Narbonne (Gastón I, 1447-1468), fillo e sucesor do conde Xoán I de Foix. En 1434 casou coa infanta Leonor de Navarra, filla de Xoán II de Navarra, quen os proclamou herdeiros ao trono navarro polo Tratado de Barcelona (1455) tras desherdar o príncipe de Viana e a infanta Branca. Axudou a Carlos VII de Francia a recuperar do poder inglés a Guyenne, polo que recibiu o condado de Foix, e liberou a Raíña Xoana Enríquez do sitio de Girona (1462), polo que foi recompensado co señorío de Carcassonne. En 1471 aliouse co duque Francisco II de Bretaña contra Luís XI de Francia e ao ano seguinte pasou a Navarra, onde se puxo á fronte do partido beaumontés, defensor dos dereitos da súa muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre R. Piller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Exiptólogo. A partir de 1880 dirixiu a misión arqueolóxica francesa en Exipto. Elixido director do museo de Būlāq (1881-1887) e do de Al- Palatino;Palatino;mso-bidi- "Times New Roman" >Ǧ iza (1889), foi tamén xefe do servizo arqueolóxico exipcio. Escribiu, entre outros, l’Archeologie egyptienne (1887) e Histoire ancienne des peuples d’Orient (1894-1899).

    VER O DETALLE DO TERMO