"Homs" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • PERSOEIRO

    Lingüista, filósofo e analista político norteamericano. Estudiou na Universidade de Pennsylvania baixo a dirección de Zellig S. Harris. Profesor no Massachusetts Institute of Technology, utilizou as técnicas matemáticas recentes (sobre todo a teoría das funcións recursivas) para compoñer un tratado extenso sobre The Logical Bases of Linguistic Theory (As bases lóxicas da teoría lingüística, 1955), no que demostra que unha lingua non só se pode describir en termos dos seus elementos patentes (os fenotipos de Whorf), senón que cómpre recorrer a elementos abstractos ou latentes (criptotipo), de onde se deriva a forma externa das frases mediante determinadas regras específicas de transformación. Esta idea xa se albiscaba na morfofonoloxía de Leonard Bloomfield ou na sintaxe de Otto Jespersen e de Charles Bally. A publicación do seu libro Syntactic Strutures (Estruturas sintácticas, 1957) e a gramática xenerativo-transformacional cambiou o panorama da lingüística...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi membro da Xeración de 1900 e pertenceu ao Grupo de los Diez, no que recibiu o nome de El hermano errante. Traballou na Biblioteca Nacional e foi director do Museo Nacional de Bellas Artes. Fundou o periódico Luz y Sombra e colaborou en El mercurio de Santiago, Letras e Zig Zag. Participou na fundación da Colonia Tolstoiana (1904), que postulaba a unidade do home coa natureza, a vida comunitaria e a dedicación ás obras do espírito. Baixo o pseudónimo de Augusto D’Halmar, publicou Juana Lucero (1902), Gatita (1917), Nirvana (1918), Pasión y muerte del cura Deusto (1924), La muerte de don Quijote (1934), Lo que no se ha dicho sobre la actual revolución española (1936), Palabras para canciones (1942), Cristián y yo (1946) e Los 21 (1948). Recibiu o primeiro Premio Nacional de Literatura (1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa de Hims, Siria (540.133 h [1994]). Do seu patrimonio cultural destaca a igrexa de Santo Elian e a tumba de Khaled Ibn al-Walid (s VII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Coeficiente que expresa a variación da temperatura dun gas cando, en condicións adiabáticas (entalpía constante), está sometida a un proceso de expansión. A temperatura na que o coeficiente é igual a cero, a unha presión determinada, denomínase temperatura de inversión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Graziella Pareto, debutou en Barcelona en 1906 no papel de Micaela de Carmen de Bizet, e como profesional no Teatro Real de Madrid (1908) con La sonnambula de Bellini. Retirouse en 1931, despois de actuar en Madrid, Bos Aires, San Petersburgo, Kiev, Estocolmo, Roma e Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Efectuou numerosas medidas calorimétricas, estudou o comportamento dos ácidos, dos que mediu a forza e prediciu a existencia dun grupo de gases inactivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa electrónica francesa constituída entre 1966-1968 pola fusión de diversas sociedades industriais, como a Compagnie Française Thomson-Houston (creada en 1893), Hotchkiss-Brandt, Compagnie Générale de Télégraphie Sans Fil-CSF e Claret. En 1972 absorbeu a Continental Ericsson. As súas actividades esténdense ás telecomunicacións, aos electrodomésticos, á electromedicina, á enxeñaría e á iluminación eléctrica. En España ten a filial Thomson CGR España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Realizou investigacións importantes en aerodinámica, que levou a cabo durante a Primeira Guerra Mundial e estudou con Chadwick a enerxía atómica e a fusión nuclear. En 1827 descubriu a difracción dos electróns, o que lle permitiu estudar a súa natureza ondulatoria, independentemente de C. J. Davisson. En 1937 recibiu, xunto con C. J. Davisson, o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo escocés. Pioneiro da fotografía social, foi un apaixonado da xeografía. Viaxou a Malaisia, Ceilán, Hong-Kong e China, e comezou a facer fotografías (1862) de tipos humanos. Membro da Royal Geographic Society (1866), acadou sona co libro Street Life in London (1877), onde denunciou a miseria dos traballadores a través das súas imaxes e dos textos de A. Smith. Pioneiro do retrato en vivo, abriu un estudo en Londres (1879), en que retratou as personalidades da época nas súas casas. Publicou The Antiquities of Camboya (1867) e Illustrations of China an Ist People (1873).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico británico. Estudou as propiedades da materia en relación coa electricidade, en 1897, ao estudar os raios catódicos, descubriu o electrón como partícula constituínte, efectuou un experimento para medir a relación carga/masa dos electróns, inventou o espectrógrafo de masas, estudou os raios positivos e suxeriu un modelo de átomo, modificado despois por Rutherford. En 1906 recibiu o Premio Nobel de Física.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descrición dun átomo, realizada por J. J. Thomson, que supón que a carga eléctrica positiva está repartida uniformemente nunha esfera dentro da que se distribúen os electróns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico irlandés. Coñecido tamén como lord Kelvin, estudou sobre termodinámica, electrodinámica e termoelectricidade. Propuxo a escala absoluta de temperaturas que leva o seu nome (1848), formulou as leis da termodinámica e estudou, xunto con J.P. Joule, as expansións dos gases. Contribuíu ao estudo teórico da electrostática e inventou un tipo de galvanómetro. Formulou o comportamento dos circuítos oscilantes e as propiedades do magnetismo e da electricidade atmosférica. Investigou a termoelectricidade e descubriu o efecto que leva o seu nome. Afirmou que a corrente eléctrica nun condutor se concentra na superficie. Estudou a elasticidade e ideou un dispositivo para a integración mecánica das ecuacións diferenciais. Está considerado un dos grandes físicos do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafa. Estudou na School of the Art Institute de Chicago e foi profesora (1983-1988) e catedrática de Teatro e Belas Artes na University of Colorado. A súa obra, caracterizada pola riqueza de referentes culturais, está chea de imaxes evocadoras e referencias pitóricas desde o surrealimo á pintura romántica. Acadou sona internacional coas series fotográficas Explorations (1994), Egypt of the Mind (1998) e Orphans (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudou os núcleos de condensación, os ións, a electricidade atmosférica, a radiación cósmica e os raios X e γ. Recibiu o Premio Nobel de Física (1927), compartido con A. H. Compton, polo seu método para facer visible o camiño das partículas cargadas electricamente mediante condensación de vapor, por medio da cámara que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO