"Ilda" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 27.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Austrasia. Filla do rei visigodo de Toledo, Atanaxildo, casou no 567 con Sixeberto I de Austrasia. Falecido o marido nun combate contra o seu irmán Khilperico I de Neustria en 575, Bruniquilda foi capturada polo vencedor e casou en segundas nupcias con Meroveo, fillo de Khilperico I e dunha concubina, no 576. Disolta a unión, Bruniquilda marchou a Metz xunto co seu fillo Khildeberto II, que gobernaba en Austrasia, e exerceu o poder no seu nome. O rei morreu no 595 deixando dous fillos pequenos e converteuse novamente Bruniquilda en raíña rexente continuando a política de consolidación do poder real fronte á aristocracia e á Igrexa. Tiberto II de Austrasia, neto da raíña, morreu ao pouco de chegar ao poder, no 612, e Thierry II, que sucedeu o seu irmán, morreu en batalla no 613. Ante o perigo dunha nova rexencia, a aristocracia de Austrasia entregou a Bruniquilda ao seu inimigo Clotario II de Neustria, quen a torturou ata a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome feminino relacionado coa voz árabe qa ṣ īda ‘poema’, aínda que tamén se podería tratar dun composto do xermánico hilda ‘loita’. Santa Casilda de Burgos (s XI) invócase contra a histeria feminina e celébrase o 9 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (Toledo, s XI - Briviesca, Burgos 9.4.1126) Filla do rei mouro de Toledo Almancrín (1038-1075), converteuse ao cristianismo. De espírito compasivo, alimentaba os prisioneiros cristiáns sen o consentimento do seu pai, pero un día sorprendeuna e preguntoulle qué tiña agochado no mandil; ela díxolle que levaba rosas e flores e, efectivamente, produciuse o milagre e os anacos de pan convertéronse en flores. Foi trasladada cando estaba enferma á lagoa de San Vicente, preto de Briviesca, famosa polas súas curacións milagrosas. Logo de conseguir o remedio do seu mal, fíxose bautizar e levantou unha ermida naquel lugar, onde pasaría o resto da súa vida, entregada á práctica piadosa. En Galicia invócase contra a histeria feminina, como reflicten expresións, populares do tipo “Gárdame, santa Casilda, do madrío ando saída”. Na arte iconográfica leva como atributo persoal unha abada de flores e, ás veces, aparece con coroa real na cabeza. A súa festividade celébrase o 9 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do nome Clotilde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa estadounidense. Incorporouse ao grupo imaxinista presidido por Ezra Pound. Habitualmente asinaba coas iniciais H. D. É autora de Sea Garden (Xardín mariño, 1916) e Red Roses for Bronze (Rosas vermellas para Bronze, 1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves granívoras ao que pertence a especie E. astrild, de 9 cm de lonxitude, de cola longa, peteiro vermello e plumaxe finamente raiada, de cor agrisada e acastañada coas meixelas brancas, unha franxa ocular vermella e o ventre carmesí. Orixinaria de África tropical e meridional, vive en espacios abertos con herbeiras altas. Aparece como ave alóctona en Brasil, California, Hawaii e en illas do Atlántico e do Pacífico. En 1964 soltáronse nas proximidades de Lisboa bandos desta especie que se estableceron nun principio en zonas húmidas asociadas a cursos fluviais e logo tamén en mosaicos agrícolas con presenza de auga. Posteriormente, colonizou a maior parte de Portugal e zonas de Extremadura e Galicia, a onde chegou en 1980.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral occidental da parroquia de Noalla, no concello de Sanxenxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz. En 1992 iniciou a súa traxectoria profesional, fundamentalmente na compañía Teatro de Ningures, creada en 1987 en Cangas do Morrazo. Como actriz traballou, entre outros, con directores como Etelvino Vázquez (Ubú Rei, 1989; María Soliño, 1990; Tic-Tac, 1995; Sempre Ubú, 1996; Lugar Común, 1998; Fausto, 2001), Alberto Bokos (Elektra, 1991; Crónica de Pantagruel, 1992; O polbo, 1993), Julio Cardoso (Macbett, 1994), José Martins (Terra de Lobos, 1995), Xulio Lago (A noite das tríbades, 1996), espectáculo co que obtivo o Premio María Casares á Mellor Interpretación Protagonista en 1997. Tivo a función de axudante de dirección con Xulio Lago en espectáculos realizados pola compañía portuguesa Teatro do Noroeste (Un inimigo do pobo, 1997), Teatro do Atlántico (Amor de Don Perlimplín, 1998) e Talía Teatro (Marsal, Marsal, 1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1946. Foi dirixida por Charles Vidor e interpretada por Rita Hayworth, Glenn Ford, George Macready, Steven Geray, Joseph Calleia e Joe Sawyer. A trama da película desenvólvese nos anos finais da Segunda Guerra Mundial, nun casino de variedades. Destacan as cancións que interpreta Rita Hayworth, e que a converteron nun dos mitos eróticos do s XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de artesáns e comerciantes desenvolvida nos países do Mar do Norte entre os ss XI e XV. Nas súas orixes eran asociacións de carácter relixioso con finalidade asistencial, pero tralo renacemento económico do s XI convertéronse en asociacións mercantís que tiñan por finalidade a defensa do comercio, a súa regulación e a seguridade das comunicacións. A importancia destas confrarías permitiulles recibir numerosos privilexios rexios que as transformaron en corporacións oficiais con xurisdición e dereito propio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Hermenxildo/Hermenxilda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo de orixe xermánica composto de *ermin- ou *irmin- ‘grande, poderoso’ e *gild(i)- ‘valoroso’, latinizado polos haxiólogos de santo Hermenxildo de Sevilla (s VI) en Hermenegildus. Ten as variantes Hermenexildo/Hermenexilda, Hermexildo/Hermexilda e os hipocorísticos Merexildo, Xildo/Xilda. Destaca con este nome o santo galego Hermenxildo de Salceda (s X). A súa festividade celébrase o 13 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Hermenxildo/Hermenxilda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe xermánica formado co elemento *hiltja- ou *hildi ‘batalla’, que logo pasaría ao antigo inglés como Hild. Tamén se considera forma abreviada ou hipocorística doutros nomes compostos de orixe xermánica, coma Hildegunda, Hildegarda ou Brunilda, Clotilde, Matilde. Presenta as variantes Ilda e Elda. Na mitoloxía escandinava, Hilda era o nome dunha das valquirias, que protexían os guerreiros e que, seguindo as ordes do seu pai Odin, elixían os mortos en combate para levarllos ao Walhala. Santa Hilda (614-680), princesa de Nortumbria-Inglaterra e fundadora do mosteiro de Whitby, celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de humilde.

    2. Actitude humilde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do antropónimo feminino Hilda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome inglés de Cill Dara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo feminino Matilde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde á voz ‘cu’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, ou xerga dos afiadores, que corresponde ás voces ‘cagado’, ‘perdido’ e ‘roto’.

    VER O DETALLE DO TERMO