"Leandro" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
PERSOEIRO
Músico de jazz coñecido co alcume de Gato. Intérprete do saxofón tenor, comezou imitando a John Coltrane e evolucionou cara a formas musicais propias nas que intentou a síntese do free jazz cos ritmos e as melodías latinoamericanas.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Narrador, dramaturgo e director teatral. Fillo do insigne Uxío Carré Aldao, entrou desde cativo en contacto co galeguismo rexionalista que se reunía na librería do seu pai. Espectador na presentación da Escola Rexional de Declamación, promovida na Coruña en 1903 polo actor Eduardo Sánchez Miño e o dramaturgo Galo Salinas, traballou desde moi novo en La Artística. Entre os anos 1911 e 1913 viviu no Porto, onde se familiarizou coa cultura portuguesa. Escribiu en El Eco Español, España y Portugal e incorporouse desde 1916 ao recente movemento das Irmandades da Fala. No período 1916-1936 foi notable o seu labor como ensaísta, gramático e animador da vida teatral. Colaborou en numerosas publicacións (nalgunhas asinou como Ramón Alvariño) como A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Suevia, El Nororeste, Rexurdimento, Céltiga, Boletín da Real Academia, ás que hai que engadir despois da guerra Lar,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e sindicalista. Foi partidario da actuación política da Confederación Nacional del Trabajo (CNT) e un activo defensor en solitario do Estatuto de Autonomía no sindicalismo. Tralo seu abandono da CNT ingresou en 1934 no Partido Sindicalista e un ano máis tarde afiliouse ao Partido Galeguista. Foi colaborador de Solidaridad Obrera, voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Trabajo e A Nosa Terra, co alcuño de Fausto Brand. Faleceu a consecuencia da represión desatada polo golpe militar de xullo de 1936.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo, fillo de Nicolás Fernández de Moratín. De formación autodidacta, foi secretario de Francisco Cabarrús en Francia e protexido de Manuel Godoy, a quen lle presentou diversos proxectos relativos á necesidade de promover o ensino teatral e a constitución dun Teatro Nacional. Representante do neoclasicismo español, da súa produción destaca La derrota de los pedantes (1789), El viejo y la niña (1790), La comedia nueva o El café (1792), El barón (1803), La mojigata (1804) e El sí de las niñas (1806), textos en que propón unha fonda renovación das estruturas sociais dun país dominado pola forza e o peso da tradición e o inmobilismo. Tradutor de Shakespeare e Molière, tamén escribiu diversos tratados teóricos, como o seu estudo Los orígenes del teatro español, publicado en 1883.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e ilustrador. Coñecido como Leandro, foi colaborador das revistas Aturuxo e O Badueiro, e editou diversos cómics no semanario XO! Ademais da súa actividade como profesor de debuxo, realizou as ilustracións do libro História da Galiza em banda desenhada (1995), de Gonçalo Grandal Crespo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que deriva do latín Leander ou Leandrus, adaptación do grego Ëέáíäñïò ‘home do pobo’, composto de ëáόò ou ëçόò ‘multitude’, ‘exército’, ‘pobo’ e ἀ í ή ñ, ES-TRAD;mso-fareast-language:ἀ íäñόò ‘home’, ‘varón’. Presenta a variante Leandre. Levou este nome un santo do s VI, que se celebra o 27 de febreiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mozo de Abidos, namorado de Hero, unha bela sacerdotisa de Afrodita. Como Hero vivía na ribeira oposta do Helesponto, en fronte de Abidos, o mozo atravesaba a nado polas noites para estar con ela, guiado por unha lámpada que acendía Hero no alto da torre da súa casa. Pero unha noite de tempestade apagouse a luz e Leandro non puido alcanzar a costa e morreu afogado. Ao día seguinte a corrente deitou o cadáver o pé da torre de Hero, que se suicidou tirándose dela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Leandro Lamas Hermida.
-
PERSOEIRO
Arcebispo de Sevilla. Era o máis vello dos seus irmáns, santo Isidoro, san Fulxencio e santa Florentina. Nomeado arcebispo de Sevilla, converteu ao catolicismo a Hermenexildo, fillo do Rei Leovixildo e gobernador da Bética. Exiliouse a Constantinopla onde se enfrontou aos arianos. Á súa volta conseguiu que o Rei Recaredo abxurase do arianismo no III Concilio de Toledo (589) e acadou a unidade relixiosa do Reino Visigodo. Na iconografía viste ornamentos pontificais, co báculo e a mitra, e leva como atributos a pluma e o libro, por ser doutor da Igrexa, e un triángulo, pola súa defensa da Trindade. O Misal Romano de Galicia aínda mantén a antiga data do 13 de novembro, aínda que a reforma do calendario de 1969 trasladou a súa festividade ao 27 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Participou na creación da compañía Troula e traballou nos espectáculos O velorio (1978), Pedro Madruga (1980) e Tres (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Leandro Fernández de Moratín.
-
GALICIA
Xornalista. Coñecido como Quelen, foi director de prensa, publicacións e protocolo da Autoridade Portuaria da Coruña, traballou en El Ideal Gallego e foi xefe do Gabinete de Prensa do Concello da Coruña e do da Consellería de Relacións Parlamentarias, ademais de presidente da Asociación da Prensa da Coruña. Colaborador da revista Orientación Económica y Financiera, publicou Sada en Venezuela (1981) e participou en De profesión, periodista (2002), en homenaxe a Diego Bernal. Recibiu a Medalla ao Mérito Turístico, a Medalla de Ouro de Sada e a Medalla de Bronce de Galicia (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político, fillo de Leandro María Ramón Pita Sánchez-Boado. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi o impulsor do cooperativismo e presidente da Federación Agraria de Ortigueira e da Asociación Provincial de Gandeiros da Coruña. Dirixiu o xornal El Orzán (1924-1926) e foi redactor de El Liberal. Foi deputado pola Coruña pola Federación Republicana Gallega (1931) e polo Partido Republicano Radical (1933). Nomeado ministro da Mariña (1933), de Estado (1933-1934) e ministro sen carteira (1934-1935), foi embaixador na Santa Sé. Co estalido da Guerra Civil, exiliouse en Portugal e Arxentina. Colaborou en diversas publicacións, como La Nación, La Capital, La Prensa, El Mundo e El Eco de Galicia, e escribiu para a colección Lar a novela O anarquista (1924), onde critica os abusos do caciquismo e as desigualdades sociais. Foi académico correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista, pai de Leandro Pita Romero. Foi o fundador, principal promotor e presidente da Federación Agraria de Ortigueira (1920-1926). Contribuíu a divulgar a obra socio-educativa das Sociedades Gallegas de Instrución establecidas en América e fundou e presidiu a Agrupación Cultural de Ortigueira (1916). Publicou El batallón literario (1895) e La voz de la Raza. Idearium de un aldeano (1919). Foi membro correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador da arte. Ingresou na academia militar de Ávila e prestou servizos no corpo de intendencia. Establecido en València (1925), estudou a iconografía e a pintura medieval valenciana. Escribiu a serie La pintura medieval valenciana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mariño e erudito. En 1861 encargáronlle a formación da Academia de Administración da Mariña en Ferrol. Ocupou, entre outros cargos, os de ordenador do Arsenal de Ferrol, intendente de Ferrol e intendente xeral do ministerio da Mariña. Das súas obras destacan Estudios sobre la época céltica en Galicia (1867), Tratado de economía política (1870), Estudios sobre Galicia (1888), La cuestión obrera en Galicia (1893) e Efemérides ferrolanas: apuntes para la historia de Ferrol y sus cercanías (1904).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Pígara, Guitiriz 30.9.1954) Escultor. Licenciado en Belas Artes pola Universidad de Sevilla, realizou traballos de restauración en diversas cidades españolas e na catedral de Santo Domingo. Traballou a madeira, a pedra, o metal ou o cánabo en obras dotadas dun expresionismo de carácter abstracto. Realizou, entre outras obras, Acción permanente, Andadura azul, Canto femenino (2004), Geometrías interiores (2004) e Dos caminos (2004). Ten obra en diversas coleccións.