"Māra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

    1. Relativo ou pertencente aos aimarás ou á súa lingua.

    2. Individuo do grupo étnico aimará.

    3. Grupo étnico que habita unha gran parte da cunca do lago Titicaca, entre Bolivia e o Perú. A poboación total aimará é aproximadamente dunhas 600.000 persoas, a maioría dos habitantes do territorio boliviano. Durante a dominación española a zona foi incluída no Vicerreinado do Perú (1542). Naquel período, os aimarás foron intensivamente aculturados, sobre todo na súa cultura material e na súa organización relixiosa. Actualmente están integrados nas culturas nacionais boliviana e peruana. Dedícanse fundamentalmente á agricultura, á pesca e á caza.

    4. Familia de linguas indíxenas de América do Sur, destacada dentro dunha das pólas do amerindio, a andino-ecuatorial, que hoxe fala menos dun millón de falantes distribuídos no territorio de Bolivia, departamentos de La Paz e de Oruro, e nalgunhas zonas do Perú, departamentos de Uno e de Lima. Dos tempos da conquista ata hoxe, esta familia de linguas retrocedeu moito, non só fronte ao castelán senón tamén fronte ao quetchua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Narración inglesa para nenos de Lewis Carroll, publicada en 1865. A protagonista, durmida contra unha árbore, adéntrase nun mundo de fantasía. A obra é considerada un dos precedentes do superrealismo e do absurdo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora brasileira. Autora dunha obra de inspiración folclórica e surrealista. Foi discípula de Fernand Léger.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das amarantáceas.

    2. Planta da familia das amarantáceas.

    3. Familia de herbáceas da orde asparagais, integrada por uns 65 xéneros que compoñen unhas 900 especies de plantas herbáceas e arbustivas, de distribución cosmopolita, especialmente, tropical e subtropical. Moitas cultívanse como plantas ornamentais e, nalgúns casos, como vexetais e herbas para cociñar. Pertencen a esta familia os narcisos, as cebolas das gaivotas e o xénero Leucojum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Antas de Ulla baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Maside baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe vencellada ao condado de Amarante e natural do Castro de Amarante, en Antas de Ulla. As súas armas levan, en campo de azur, trece bezantes de prata, postos de tres en tres e un de non. Outra variante leva, en campo de azur, trece besantes de prata, cargado cada un dunha mota de sable no centro, colocados en faixa e postos 5-4-3 e 1.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto portugués. Autor do Santuario do Bom Jesús do Monte, preto de Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título que foi concedido o 3 de agosto de 1648 a Xoán de Lemos Sarmiento Ulloa e Acuña, fillo de Alonso de Lemos e de Xoán de Acuña, señores de Amarante. O conde de Amarante morreu sen descendencia polo que os seus dereitos pasaron á súa irmá maior Constanza de Lemos, muller de García Ozores, señor de Troáns e do Covelo. O fillo de ambos García Ozores, mestre de campo, casou coa marquesa de Valladares. Ao faleceren sen descendencia, herdou o título a irmá do mestre Xoana de Ozores. A xurisdición de Amarante comprendía varias parroquias do concello lugués de Antas de Ulla. Nobres do Pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante, residencia dos Vázquez de Villasante, Vázquez Taboada, Noguerol e outros adoitaron apelidarse Amarante. Este condado caeu máis adiante na Casa de Camarasa. Os primeiros señores do Val de Lemos exerceron o seu señorío sobre Ferreira de Pantón, Sober e Amarante e, en tempos de Filipe IV, outorgóuselles o título de condes de Amarante; de feito, as súas armas son...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao amaranto.

      1. Inmarcescente, coma o amaranto.

      2. Inmortal, que non morre endexamais.

    2. De cor púrpura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de ferro hidratado, FeSO4(OH)·3H2O. Cristaliza no sistema triclínico, e forma agregados radiais e exfoliables, da cor parda do óxido de ferro. Ten raia amarelenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Flor imaxinaria da que se supón que non murchaba endexamais.

    2. beldro.

    3. Colorante sintético do grupo dos monoazoicos. Pos de cor vermella pardosa, solubles en auga. Emprégase para tinguir a la e a seda, na fotografía para a cor, e na industria alimentaria naqueles produtos nos que está autorizado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia amarantáceas ao que pertence o beldro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Myanmar (Birmania), na división de Mandalay, nas marxes do Irawadi, fundada en 1783. Antiga capital do país ata 1856, cando o goberno foi trasladado a Mandalay. Conserva restos da cidadela e dalgúns edificios importantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexicógrafo, poeta e estadista hindú. Escribiu un léxico versificado moi importante para o estudo do sánscrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Converter algo nun vurullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LOCALIDADES

    Localidade arqueolóxica do estado de Andra Pradesh, India, nas marxes do río Krishna. Foi o centro da civilización budista dos āndhra (dende o s II a C ata o fin da dinastía gupta, no 320 d C). As ruínas do santuario foron descubertas por arqueólogos ingleses a mediados do s XIX. O monumento máis importante é a gran stūpa, que segue o modelo dos sānchi, e está recuberta de ricos revestimentos esculpidos. As esculturas, dun naturalismo profundo e luxuriante (Triunfo de Buda sobre o elefante Nālagiri), son da época do seu apoxeo (150-320 d C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome posiblemente de orixe celta derivado de *maruos “morto” > *n-maruos > *amaruos > Amaros co significado de ‘inmortal, inmorredoiro’. Menos probables parecen outras orixes: lat amarus ‘amargo, áspero’; xerm Ademaro ‘célebre na loita’ e grego amaurós ( ἀ -μαυρός ‘escuro, confuso’) e tampouco é seguro que teñan que ver con este nome o apelido Amarelo e o topónimo Amarelle. O hipocorístico deste nome para ao feminino é Mara. Na tradición oral recóllense cantigas como: “O tío Amaro era xastre / pero despois foi ladrón. / Non houbo xastre no mundo / que non roubase un calzón”, “Se me ve, Marica, / ha de ser contigo, / se non neste monte / quédome soliño”, “Vaite de aí, Amaro, / non me des máis pena, / que ha de vir meu amo / traerme a merenda”, “San Amaro é amigo da neve”, “San Amaro tira a reuma e pon chagas”, “O día de san Amaro salta a pedra no arado”, “O día de san Amaro bota os trompos ao faiado”, “Meu divino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título militar, que significa ‘Emir dos emires’, levado polo xefe da Garda Turca na Corte de Bagdad. Consolídouse a partir das concesións que o Califato abásida tivo que facer ao seu exército turco. O Califa al-Muqtādir (908-931) concedeullo por vez primeira ao eunuco Mu’nis, que se converteu no auténtico señor do Califato ata o ano 933. No ano 945, coa conquista de Bagdad polo buwayhida A ḥ mad, nomeado Mu’izz al-Dawla, os amīr al-umarā foron todos buwayhidas e controlaron o poder califal ata a chegada dos turcos selxúcidas (1055).

    VER O DETALLE DO TERMO