"Maine" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • Título xeral baixo o que Honoré de Balzac publicou o esencial da súa produción novelesca, entre 1842 e 1848. A visión de conxunto e a técnica empregada parten da publicación de La peau de chagrin (1831) e perfílanse definitivamente con Père Goriot (1834), ao concibir a idea da aparición intermitente dos mesmos personaxes. A obra perfílase como unha gran síntese cósmica e social cunha rigorosa unidade de composición. A primeira parte compóñena os Estudios de costumes e divídese en: Escenas da vida privada, Escenas da vida de provincia, Escenas da vida parisiense, Escenas da vida política, Escenas da vida militar e Escenas da vida rural; a segunda confórmana Estudios filosóficos; e a terceira Estudios analíticos. Traza un amplo abano de tipos sociais, desde o aristócrata ao pequeno comerciante e ao campesiño, e prescinde da clase obreira. A orde cronolóxica dos argumentos vai desde 1308 a 1846, pero a maioría das novelas sitúanse entre a Revolución de 1789 e os últimos anos da monarquía de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica francesa. Dedicouse ao cine a partir de 1915 e despois da Primeira Guerra Mundial participou nas correntes vangardistas. Publicou numerosos escritos sobre cine en distintas publicacións. Entre as súas producións destacan La fête espagnole (A festa española, 1919), La souriante Madame Beudet (A sorrinte Madame Beudet, 1922) e La coquille et le clergyman (A cuncha e o crego, 1926), de tipo surrealista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Wilda, Poznań 1897 - Wetzlar 1985) Fotógrafa polaca. Estudiou fotografía en Múnic e en 1920 instalou o seu propio estudo en Berlín. Colaboradora de diversas revistas internacionais, traballou en París (1924) como fotógrafa de modas. Participou nalgunhas publicacións xunto a Delaunay, Man Ray e André Kertész. Ademais foi correspondente de guerra en Indochina (1946). Publicou Metal (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de EE UU situado no extremo NL do país, limita ao N con Canadá, ao L co Océano Atlántico e ao SO co estado de New Hampshire (86.156 km2; 1.274.923 h [2000]). A capital é Augusta (18.560 h [2000]). Está situado sobre unha penechaira inclinada de NO a SL, cunha morfoloxía glaciar que deixou numerosos lagos como o Moosehead e o Chesuncook. A rede hidrográfica está marcada polos ríos Saint John, Penobscot   e Kennebec. O clima é bastante fresco. A metade da poboación concéntrase nas cidades. A economía céntrase no cultivo de patacas e na gandería bovina. Ten industria papeleira, téxtil e alimentaria. A actividade pesqueira concéntrase en Portland. As súas costas foron exploradas por Champlain (1604-1605) e a compañía inglesa de Plymouth (1607) comezou a colonización. Anexado a Massachusetts (1658) converteuse no estado número vinte e tres da Unión (1820). Foi o primeiro estado en establecer a lei seca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión francesa que antigamente constituía o Condado de Maine, limita ao N con Normandie,, ao O con Bretaña, ao S con Anjou e Turena e ao L con Orléans. Comprende os departamentos de Mayenne e Sarthe e dúas rexións naturais, o Alto Maine e o Baixo Maine. A primeira constitúe a parte oriental de Maine e pertence ao conxunto de terreos secundarios da conca de parís. O Baixo Maine é un altiplano ondulado, onde predominan as rochas graníticas con intrusión de rochas eruptivas. A cidade principal é Le Mans. A agricultura é variada, ao N dominan as forraxes cunha importante explotación gandeira e cultivos como o trigo, as patacas e as froitas, e ao S a vide ocupa unha extensión considerable. A industria téxtil ten forte tradición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acoirazado estadounidense. O seu afundimento, provocado por unha explosión de orixe incerta en La Habana (1898), fixo que EE UU lle declarase a guera a España e esta rematase co seu dominio en Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e político francés. De nome Marie-François-Pierre Gonthier de Biran, foi membro do corpo lexislativo (1811) e da Cámara dos Deputados durante a primeira restauración, conselleiro de Estado (1816) e deputado de novo desde 1818. Foi o iniciador da reacción espiritualista da filosofía francesa de comezos do s XIX. Escribiu Nouveaux essais d’anthropologie (1823-1824) e Journal intime (1927), publicado postumamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Territorio, con centro en Le Mans, que Hugo I fixo hereditario no 955. En 1126 pasou aos condes de Anjou. Ao chegar ao reinado o conde Enrique I (Enrique II de Inglaterra), o Rei Filipe II de Francia quitoulle o condado a Xoán I de Inglaterra (1203). Luís IX donoullo ao seu irmán Carlos I, conde de Anjou, e o fillo deste, Carlos II, cedeullo ao conde Carlos I de Valois. Cando morreu o conde Carlos V de Maine (1481), herdou o condado Luís XI de Francia que o incorporou á coroa e que o elevou á categoría de ducado. Foi concedido en 1673, a Luís Augusto de Borbón-Maine (Saint Germain-en-Laye 1670 - Sceaux 1736), fillo de Luís XIV. Á morte do rei, o rexente Filipe, duque de Orléans, desposuíno dos dereitos sucesorios e o ducado pasou á coroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Francia, en País do Loire (7.166 km2; 732.942 h [1999]). A capital é Angers.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abertura feita no teito dunha casa para facilitar a claridade e a ventilación.

    2. Fiestra que se abre en sentido vertical.

    3. parteluz.

    4. Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘bigote’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Madame de Staël ou Germaine de Staël, estivo casada co barón de Staël-Holstein e creou un destacado salón literario, onde promoveu as ideas neoclásicas e románticas. De ideoloxía reformadora e vagamente progresista, escribiu De l’influence des passions sur le bonheur des individus et des nations (1796), Corinne ou l’Italie (1807), De l’Allemagne (1813) e Considérations sur la Révolution française (1818).

    VER O DETALLE DO TERMO