"Marin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 276.

  • Organización sindical mariñeira. Iniciou a súa actividade no ano 1917 e cesouna ao comezar a Guerra Civil. Os seus obxectivos eran asociar a todos os traballadores do mar de Bueu que estivesen matriculados; mellorar a condición do sector e defender e representar aos traballadores do mar diante dos patróns e autoridades gobernativas. Malia que a súa vinculación inicial foi co socialismo da UXT, debido á estratexia de espallamento que a CNT e a súa Federación Regional de Industria Pesquera encetaron dende o ano 1931 por todo o litoral galego, a organización remataría comprometéndose co ideario anarquista, que non abandonaría ata a súa disolución. Entre 1932 e 1936, debido as continuas flutuacións do prezo da sardiña, que repercutían directamente nas endebles economías mariñeiras, promoveu unha serie de mobilizacións da clase mariñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundada en 1921 na illa de Ons (Bueu). Foi a primeira asociación de carácter económico-laboral que se formou na illa. Organizaba os colonos que se dedicaban exclusivamente a traballos de subsistencia agrícola e á tradicional pesca do polbo. Aparece no período de extensión do sindicalismo mariñeiro de clase en Galicia (1910-1930), e quizais se tivese organizado para defender a economía insular do réxime de explotación privada á que a sometían os donos do arquipélago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato pesqueiro do concello de Cangas do Morrazo, fundado en 1914 e disolto en 1936. De tendencia socialista antes da proclamación da Segunda República Española, en 1931 afiliouse á anarquista Federación Regional de Industria Pesquera. O seu obxectivo era a unión de todos os traballadores da pesca para reclamar melloras nas condicións sociolaborais dos mariñeiros e demais traballadores do mar. Foi unha das maiores organizacións mariñeiras do litoral das Rías Baixas, pois en 1932 agrupaba a máis de 1.500 afiliados. En maio de 1931 protagonizou as folgas pesqueiras que afectaron aos portos de Cangas, Moaña e Guixar (Teis) nas que reclamaban unha mellora nas condicións de venda do peixe por parte dos fabricantes de conserva, aos que se lles esixía o pago do carrexo e a imposibilidade de rebaixar o prezo con posterioridade. Esta conflitividade, que se espallou aos portos de Ferrol, A Coruña e Mugardos, produciu nos anos 1931 e 1932 unha importante conflitividade entre armadores (que aceptaran...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de mariñeiros e traballadores da industria pesqueira do concello de Moaña, fundado no 1919 e clausurado nos inicios da sublevación militar de 1936. Fortemente vinculado á Alianza Marinera de Cangas, pasou dunha afiliación socialista á anarquista a partir de 1931. O seu obxectivo era a conquista de melloras laborais como o aumento salarial, a redución da xornada laboral ou implantación dun seguro de accidentes no traballo. Foi un dos sindicatos pesqueiros que máis actuou na procura dunha solución do conflito que, do 1932 ao 1936, provocou ás flutuacións do prezo de venda da sardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de Pescadores de Marín. Sindicato dos traballadores da industria do mar do porto de Marín fundado o 10 de xullo de 1914. Agrupaba os tripulantes dos vapores e das motoras. A Alianza é froito da modernización da pesca galega, que pouco a pouco vai deixando de lado as técnicas tradicionais, para substituílas polos motores a vapor e as máquinas diesel. Foi unha das organizacións mariñeiras de clase máis potentes da súa época, reunindo á altura do 1919 un total de 956 afiliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto sintético similar aos alcaloides, preparado por reacción do benzaldehido co amoníaco. Fúndese a 130-133°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial, situada en Xunqueira de Ambía, e que orixinariamente pertenceu ao mosteiro do mesmo nome erixido no século VIII no lugar no que a tradición di que aparecera a Virxe. A finais do século X levántase un novo cenobio ao carón da capela que albergaba a imaxe da Virxe. Posteriormente, no século XII, os monxes residentes incorpóranse á Regra de santo Agostiño e comeza a construírse o edificio do templo actual. A igrexa posúe unha planta de cruz latina con tres naves separadas por arcos lixeiramente apuntados e cruceiro con tres ábsidas na cabeceira. Destacar a solución da cuberta mediante un artesoado de madeira e o falso triforio sobre as naves laterais no interior. No exterior conserva tres fachadas de estilo románico. Do antigo edificio conventual aínda mantén parte do claustro con arcadas oxivais que revelan unha construción máis tardía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político galego da familia dos Andrade. Foille outorgado o título de conde de Andrade en 1480 polos Reis Católicos e tras vencer aos franceses en Seminara en 1503, gañoulles 13 bandeiras e incorporou o seu emblema ao escudo dos Andrade. Destacou na campaña de Nápoles como Lugartenente do Gran Capitán. Defendeu nas Cortes de Castela convocadas por Carlos I en 1520 a concesión do Voto en Cortes para Galicia que fora suprimido en 1476, ao quedar supeditado ao voto de Zamora. Como consecuencia, parece ser que o Rei o desterrou á Coruña; aínda que, segundo algúns investigadores, o certo é que volveu á cidade herculina como enviado do Emperador para preparar a recepción do Rei. Alí foi nomeado Capitán Xeneral da Armada en Flandres. Promoveu e organizou expedicións da Armada en terras americanas. Na segunda campaña comandada por Pedro de Mendoza en 1535 fundouse a cidade de Bos Aires.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se opón aos ataques da guerra submarina.

    2. Dise de todo elemento destinado a combater os submarinos ou a defenderse deles. O grao de perigosidade acadado polos submarinos de propulsión nuclear fixo que a loita antisubmarina sexa un campo onde se produciu unha investigación intensa nos últimos anos. Para a detección e localización dos submarinos inimigos, ademais dos sistemas clásicos (hidrófonos e sonar) xurdiron outros novos como o MAD (Magnetic Airborne Detector), a detección por satélite da radiación infravermella emitida polos reactores nucleares, as boias colocadas nos lugares de paso obrigado, os dispositivos remolcados por barcos e os que son lanzados dende o aire. Cando se localiza o submarino entran en acción os torpedos autoguiados (ASROC), lanzados dende os barcos, aeronaves ou submarinos (SUBROC), os torpedos instalados nos fondos marinos e as cargas de profundidade con explosivo nuclear.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal aparecido en decembro de 1892 en Pontevedra. Xoán David Pérez Mandado foi o seu director, propietario e redactor. Desapareceu aos poucos números e nel facíase publicidade das rías galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Retablista neoclásico. Entre outras obras é autor dos altares da Soidade, Rosario, Ánimas e Santo Antonio de Bastabales, seguindo plantas de Miguel Ferro Caaveiro, e do retablo maior de San Xián de Vea, con planta de Melchor de Prado Mariño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro feminino situado na parroquia de Asadur, no actual concello de Maceda. Tivo como ilustre membro da súa comunidade á infanta dona Ximena, filla de Ordoño II e da Raíña Elvira. Sabemos da súa presenza no cenobio de Asadur por un documento de 935 conservado no tombo de Celanova. Este mosteiro conta cunha colección de pergameos, hoxe en día gardada no Arquivo da Catedral de Ourense, e composta de 31 documentos en lingua latina e romance datados entre os anos 1191 e 1542. Esta colección foi editada por Emilio Duro Peña en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oficialmente constituída en 1894, sendo o seu principal promotor e organizador Alfredo Brañas. A de Cambados foi a asociación pioneira dentro do societarismo mariñeiro propiamente dito, e o seu regulamento foi a base de organizacións posteriores. Dun marcado carácter confesional, agrupaba no seu seo a pequenos armadores e mariñeiros (sociedade mixta). Xorde como resposta á desaparición forzosa dos Gremios do Mar (1864); reclamando e continuando a función benéfica e a ordenación dos recursos que os Gremios viñan realizando. A sociedade mariñeira de Cambados inaugurou un novo tipo de sociedade, adoptando funcións que anteriormente eran dos Gremios, tales como os servicios mutualistas, de cooperativa e de sociedade de crédito (para a compra de aparellos e demais útiles para a pesca).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización mariñeira de carácter parroquial fundada o 11 de marzo de 1900 en Cangas do Morrazo. Foi unha das primeiras asociacións dos traballadores do mar aparecidas no Morrazo. A súa fundación está relacionada co nacemento das primeiras sociedades de resistencia na pesca (1895-1910), caracterizadas por ser organizacións que englobaban mariñeiros e pequenos armadores, co obxectivo de paliar a situación de indefensión na que se atopaba o sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización de mariñeiros fundada en 1900 en Bueu. Nas súas directivas participaron destacados membros do republicanismo local. O seu regulamento, con data do 19 de xaneiro de 1900, estipulaba a organización de toda a clase traballadora do mar nunha asociación que defendese os seus intereses, tanto entre os seus asociados como na representación do sector diante das autoridades gobernativas. En 1904, esta asociación mariñeira interveu no conflito que enfrontou a mariñeiros, que reclamaban un aumento dos quiñóns que cobraban por ir á parte, e armadores locais. A organización de Bueu, apareceu nos primeiros momentos de estruturación mariñeira en sociedades de resistencia (1895-1910), nun momento de total indefensión do sector ante as autoridades gobernativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización mariñeira fundada en 1924 en Viveiro como consecuencia da crecente importancia da industria pesqueiro-conserveira na localidade. En Viveiro non existía ningunha organización mariñeira, e os elementos conservadores locais alentaron e organizaron esta sociedade para cubrir o baleiro deixado polo sindicalismo obreiro, tentando impedir a súa introdución neste porto, nunha etapa de grande espallamento do sindicalismo obreiro de clase (1910-1930). O obxectivo principal desta organización mariñeira era a beneficencia entre os asociados e a resolución cooperativa dos problemas do sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de berilo que cristaliza en drusa, transparente e de cor azul verdosa. Utilízase en xoiería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial románica dos ss XII-XIII situada no concello de Allariz. Foi construída polos regulares da Orde de Santo Agostiño co fin de gardar os restos de santa Mariña, filla dun gobernador romano da Limia. Trátase dun sinxelo edificio de tres naves, que cristianiza unha construción antiga (o forno da Santa Mariña), que rematan noutras tantas ábsidas semicirculares. O proxecto inicial da igrexa incluía unha cuberta de bóvedas cuadripartitas na nave central que non se chegaron a construír; a variación entre o proxecto inicial e o deseño actual foi posible debido a que a cabeceira se construíu, xunto cos muros perimetrais, antes ca o interior. Os arcos de acceso ás ábsidas son semicirculares, dobrados, cunha lixeirísima tendencia a apuntarse e de sección rectangular, apoiándose en columnas encaixadas mediante capiteis estilizados e no propio muro. Enriba do arco triunfal de cada capela ábrese un rosetón. Tanto os arcos forneiros como os feixóns son apuntados, dobrados e de sección...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa tardogótica de finais do s XIV, erixida sobre unha construción anterior do s XII, da que se conserva a portada de acceso. Mandouna construír Fernán Pérez de Andrade no mesmo lugar no que se celebraba o mercado de Azougue (Betanzos), que se facía no adro do recinto eclesiástico anterior. Trátase dun edificio de planta basilical de tres naves con armazón de madeira, transepto do mesmo ancho e tres ábsidas semipoligonais cubertas con bóveda de crucería. No tímpano da portada occidental existe unha representación da Epifanía e da Anunciación. No interior conserva un retablo do s XVIII, obra do escultor local Ignacio Francisco Gómez Soneira. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1944.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia bérber, coñecida xeralmente co nome de dinastía benimerina.

    VER O DETALLE DO TERMO