"Mau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 189.

  •   Rexión fisiográfica e histórica do Sudán, dividida entre o Camerún e Nixeria. Penichaira granítica, polo NO queda cortada pola fosa tectónica do Benué. O antigo país de Foumbina, ao redor do alto Benué, conquistado polos fulbo nos primeiros anos do s XIX, recibiu o nome de Adamaua do seu unificador (1805), Adama Hassani Ba. A partir de 1900, o país foi explorado polos británicos, os alemáns e os franceses. A rexión foi repartida entre os aliados (Francia e Gran Bretaña) despois da Primeira Guerra Mundial permanecendo esta división logo da independencia (a parte francesa no Camerún e a parte británica en Nixeria).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas do grupo adamaua-ubanguiano.

    2. Grupo de linguas da familia níxero-congolesa. É coñecido tamén como adamaua-oriental. Non é doado establecer unha clasificación definitiva malia que o sistema de sufixos do subgrupo adamaua e de prefixos do subgrupo ubanguiano semellan probar o parentesco cos outros grupos da póla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área do Alto Pireneo dunha superficie de 10.000 ha, declarada parque nacional no ano 1955. Comprende os vales de Sant Nicolau e Peguera, nos concellos de Espot e Barruera. No parque encóntranse numerosas lagoas e vales, e o cume máis alto é o Paladés (2.982 m). No nivel subalpino domina o bosque de piñeiro negro con matogueira. Tamén hai bosque de abetos e poboacións de bidueiros. En canto á fauna, pódense atopar cabras montesas, pitas do monte, perdices albares e troitas comúns. O plano de uso e xestión do parque foi aprobado no1993.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista e enxeñeiro francés. Dende 1954 foi director de investigación do Centre National de la Recherche Scientifique. Economista liberal, contribuíu ao desenvolvemento da economía matemática nos campos do equilibrio económico xeral e na teoría do capital. No 1988 outorgóuselle o Premio Nobel de Economía polos seus traballos pioneiros sobre teoría dos mercados e utilización eficiente dos recursos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda total ou parcial da visión dun ollo ou dos dous, en especial cando aparentemente non existe sinal de alteración ocular senón que está producida por lesión na retina, no nervio óptico ou no encéfalo. Pode ser permanente ou pasaxeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á amaurose.

    2. Que padece amaurose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador. Viviu na corte de Roger II Talhafer, onde cortexou á súa muller, polo que tivo que refuxiarse na corte de Guillerme de Montpellier. Axústase aos tópicos trobadorescos empregando os temas do soño, a loanza á dama e a humildade do poeta. Cultivou tamén os salutz, epístolas amorosas en verso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, novelista e crítico literario. Estaba moi influído polo Modernismo; entre as súas obras cómpre destacar o libro de poesía Mitos (1929) e a novela Los terribles amores de Agliverto y Celedonia (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista inglés, fillo de lord Revelstoke. Estudiou en Eton e no Trinity College. Ingresou no corpo diplomático (1898). Escribiu poesía, novela, ensaio e crítica. Foi un narrador sensible e suxerinte a través de episodios sinxelos. Entre as súas obras como novelista destacan: Passign by (Aves de paso, 1921), Daphne adeane (1926), Comfortless memory (Recordos inquedantes, 1928) e The lonely lady of Dulwich (A solitaria señora de Dulwich, 1934).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés. Individualista refinado, interesado polo subsconsciente e o instinto, integrada polas novelas Culte du moi (Culto do eu): Sous l’oeil des Barbares (Baixo a mirada dos bárbaros, 1888), Un homme libre (Un home libre, 1889) e Le jardin de Bèrenice (O xardín de Bèrenice, 1891). Fundou en 1894 o xornal nacionalista La Cocarde. Participou nas loitas políticas da época; elixido deputado por París (1906), evoluíu cara a un nacionalismo sentimental. Publicou a triloxía Le Roman de l’energie nationale (A novela da enerxía nacional): Les déracinés (Os desterrados, 1897); L’appel au soldat (A chamada ao soldado, 1900); Leurs figures (As súas figuras, 1902). Outras obras da súa autoría son: Au service de l’Allemagne (Ó servizo de Alemaña, 1905), Colette Baudoche (1909) e La colline inspirée (O outeiro inspirado, 1913). Sobre a Primeira Guerra Mundial publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Nas súas novelas móstrase observador atento, cun gran sentido da ironía. Entre as súas obras destacan: Jérôme, 60° latitude Nord (Jérôme, 60° latitude Norte, Premio Goncourt 1927), e Le voyage de Jérôme aux États Units (A viaxe de Jérôme aos Estados Unidos, 1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador francés. Xuntamente con Dieudonné Costes fixo a primeira conexión aérea París-Nova York, os días 1 e 2 de setembro de 1930.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, drenado polos ríos Guardal e Cúllar (2.507 h [1996]). Situado na Hoya de Baza, a súa economía é fundamentalmente agrícola, destacando os cultivos de cereais, patacas e remolacha. Posúe minas de xofre e fábricas de fariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo coñecido co nome de Maurice Béjart. Foi director dos Ballets de l’Etoile (1954-1957), posteriormente nomeados Ballete Théâtre de Maurice Béjart (1957-1959) e Ballets du XXème Siècle (1959) e do Théâtre Royal de la Monnaie, de Bruxelas (1960). En 1970 fundou en Bruxelas a escola Mudra de danza e acción corporal. En 1987 creou e dirixiu o Béjar Ballet Lausanne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista, ensaísta e crítico literario. É autor de novelas como Aminadab (1942), Le Très-Haut (O altísimo, 1948), Le dernier homme (O derradeiro home, 1957); de obras de crítica literaria e ensaios: Comment la littérature est-elle possible? (Como é posible a literatura?, 1942), La part du feu (A parte do lume, 1949), L’espace littéraire (O espazo literario, 1955), Le livre à venir (O libro que vén 1959), L’entretien infini (O entretemento infinito, 1969), L’amitié (A amizade, 1971), L’écriture du désastre (A escrita do desastre, 1980) e Critique de la critique (Crítica da crítica, 1984), entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antropólogo social. Formouse en Francia e no Reino Unido, onde se doutorou na Universidade de Cambridge. Foi profesor de Antropoloxía nas universidades de Berkeley, Göteborg e na London Scholl of Economics. A súa obra caracterízase por ser unha síntese entre a Antropoloxía marxista francesa e a funcionalista británica. Realizou traballos de campo en Madagascar entre 1964 e 1966, e de novo en 1971, onde se interesou pola relación entre os modos de produción e as estruturas de parentesco. Publicou, entre outras obras, Placing the dead: tombs, ancestral villages and kinship organization in Madagascar (Clasificación da morte: tumbas, vilas ancestrais e organización de parentesco en Madagascar, 1971), Marxism and anthropology: the history of a relationship (Marxismo e antropoloxía: a historia do parentesco, 1983), Ritual, history and power (Ritual, historia e poder, 1989) e How we think they think: anthropological approaches to cognition, memory, and literacy...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Licenciado en Letras e Dereito pola Universidade de Dijon. Ensinou Filosofía en Lille (1895) e dende 1896 en Aix-en-Provence. A noción de acción, tomada metafisicamente, impúxose como un principio suprafenomenal que reúne as características de eficacia e de finalidade, definida por iso como creación; engloba as dicotomías de pensamento e de realidade, todo constituído nun nexo de unión, sendo incluso a entrada e a afirmación da vida espiritual. A partir desta reflexión que fai comprensible a multiplicidade e a necesaria xerarquización, a filosofía convértese nunha filosofía da contemplación, na que Deus é a significación máis elevada. É autor de L’Action, essai d’une critique de la vie et d’une science de la pratique (A acción, ensaio dunha crítica da vida e dunha ciencia da práctica, 1893), La pensée (O pensamento, 1934), L’Être et les êtres (O Ser e os seres, 1935), L’action (A acción, 1936-1937) e La philosophie et l’esprit chrétien...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor austríaco. Librepensador e racionalista, é autor de traxedias como Erwine Steinheim (1780) e dunha parodia da Eneida na que satiriza a Igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei da Mauritania oriental (118-81 a C). Sogro de Iugurta, este ao principio axudoulle contra os romanos (108-107), pero despois entregoullo a Sila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación bilingüe que apareceu no ano 1904 en Negreira. Estaba subtitulada como “Órgano de la Sociedad y de la Cámara Agrícola Negreiresa”. Tiña periodicidade mensual.

    VER O DETALLE DO TERMO