"Miñor" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 24.
-
-
Reducir algo en cantidade, calidade ou intensidade.
-
Calcular un minorante.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
A Unión Hispanoamericana Pro-Valle Miñor foi fundada en Bos Aires o 5 de xaneiro de 1905. O boletín naceu con periodicidade mensual no mes de outubro de 1909 e existiu ata o seu número 307, correspondente a abril de 1935. O seu primeiro director foi V. Micuci e desde 1917 sería o presidente da Comisión de Propaganda o que tería esa responsabilidade. O contido habitual da publicación eran as noticias do Val Miñor e as viaxes e novidades da asociación, principalmente, aínda que tamén tiñan cabida nas súas páxinas artigos dedicados á pedagoxía e á educación, así como a efemérides de Galicia. A presenza do castelán era maioritaria e a literatura estaba pouco representada, cando aparecía era case sempre en castelán. Entre os colaboradores galegos destacan: Basilio Álvarez, Curros Enríquez, Julio Camba, Lustres Rivas, Roberto Blanco Torres, Armando Cotarelo, Manuel Murguía, Antón Villar Ponte, Correa Calderón, quen presentaron artigos en prosa; Guerra Junqueiro, Francisca Herrera, Barcia Caballero,...
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade mensual que apareceu en xullo de 1988 na comarca do Val Miñor. Dirixida por Juan Miguel López Medina, contaba coa colaboración de Emilio A. Freiria, Víctor Iglesias Viqueira, Xoán do Tamuxe, Francisco González Martínez e Héctor Barreiro Troncoso, cronista oficial de Baiona. Incluíu información da comarca dirixida aos habitantes dos distintos concellos e á emigración galega no exterior. Dividiuse nas seccións: “Nigrán”, “Gondomar”, “Bayona”, “Tomiño”, “La Guardia”, “El Rosal”, “Humor”, “El Caminante”, “Historia del Valle”, “Cultura”, “Opiniones”, “Mujer”, “Pasatiempos” e “Deportes”. Na contraportada, titulada “Se ve, se oye, se comenta...”, inseriu novas de carácter breve.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida no verán de 1992 no concello de Nigrán. Na súa edición participaron a Asociación de afectados do Ceán, a Asociación de veciños O Outeiro de Parada, a Asociación de afectados de Parada, a Asociación de veciños de Panxón e Aprodeval. Trátase dunha publicación reivindicativa e crítica coas administracións públicas. Serviu como medio para a denuncia da situación da comarca, tanto no que se refire a aspectos económicos, como a vertidos e contaminación, dereitos e deberes dos veciños, etc, acompañados de referencias á prensa galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación do León Menor.
-
RIOS
Río da vertente atlántica, que nace na serra do Galiñeiro, na parroquia de Peitieiros e baña as de Morgadáns, Gondomar e Mañufe (Gondomar) para pasar a formar primeiro o límite natural entre os concellos de Gondomar e Nigrán, e seguidamente o de Nigrán e Baiona. Desemboca en esteiro na ría de Baiona, tras un percorrido de 16 km. O seu afluente máis importante é o Zamáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Tui-Vigo, que abrangue os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán e comprende 22 parroquias matrices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Bos Aires a partir do 1 de marzo de 1934. Cesou en 1982. Subtitulouse “Revista del Círculo Social de los Municipios de Bayona, Gondomar y Nigrán (Valle Miñor)”, e logo “Revista Informativa semestral del Círculo Social de los Municipios de Bayona, Gondomar y Nigrán”. Editada por esta asociación, tivo carácter semestral e distribución de balde. Informou sobre as actividades da entidade e outros aspectos relacionados co seu funcionamento.
-
SEMANARIOS
Semanario editado en Baiona a partir de 1903. Baixo o subtítulo de “Semanario independente”, publicouse os domingos co obxectivo de defender os intereses municipais do Val Miñor con humor e sátira. Dirixido por Cándido del Río Giménez, tivo unha segunda época a partir de 1907.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución creada en 1966 en Baiona, co fin de fomentar actividades culturais, artísticas e relacionadas co medio natural na área do Val Miñor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de minorar.
-
-
Aplícase ao elemento dun conxunto ordenado A que é menor que calquera elemento dun subconxunto B dado.
-
Dada unha sucesión ou serie de números reais, aplícase á sucesión ou serie con termos que non son máis grandes que os respectivos da sucesión ou serie dada.
-
Dada unha función, cuxos valores pertencen a un conxunto ordenado, minorante do percorrido da función.
-
-
-
Reducir algo en cantidade, calidade ou intensidade.
-
Calcular un minorante.
-
-
-
Que minora ou ten a virtude de minorar.
-
Aplícase á substancia que ten propiedades laxantes.
-
-
-
-
Parte menos numerosa dun conxunto de persoas ou cousas.
-
Parte máis pequena dos votos emitidos nunha votación.
-
-
-
Conxunto de votantes que quedan en inferioridade numérica e de forza nunha asemblea, parlamento ou outro tipo de reunión.
-
minoría nacional
Sector da poboación dun estado, nación ou outro tipo de réxime, que difire do sector numericamente maioritario ou do sector efectivamente dominante unido pola lingua, cultura, relixión ou ideoloxía. A nivel nacional, algúns estados recoñecen constitucionalmente os dereitos das minorías; a nivel internacional, tanto o dereito do mesmo nome como a Organización de Nacións Unidas (ONU) procuraron a protección destas minorías.
-
minoría parlamentaria
Conxunto de grupos de deputados constituídos como oposición e unidos por certas afinidades.
-
-
menoridade.
-
-
-
Relativo ou pertencente á minoría.
-
Que está en minoría numérica.
-
Aplícase aos portadores (electróns ou buracos), que nun semicondutor, existen en número inferior á metade do total de portadores.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Porto do Son baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplicación dun espazo vectorial E no conxunto de números reais positivos que a todo vector x de E lle asigna un valor RxR, de xeito que RaxR=YaY RxR, e que, para todo x, y de E, Rx+yR 8 RxR + RyR. Se unha seminorma cumpre, ademais, que RxR = 0 implica x = 0, trátase dunha norma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome latino da constelación da Osa Menor.
-
GALICIA
Comarca natural das Rías Baixas situada ao S da provincia de Pontevedra e ao SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello de Vigo, ao L e S coa comarca do Baixo Miño e ao O co Océano Atlántico. Articúlase arredor do val do río Miñor e do seu esteiro, e abrangue os concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, integrados na comarca metropolitana de Vigo e da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor.
VER O DETALLE DO TERMO