"Monteagudo" (Contén)

Mostrando 16 resultados de 16.

  • GALICIA

    Mariño, avogado e humanista. Foi o propietario do pazo barroco que alberga o Museo Provincial de Pontevedra dende 1760, construído posiblemente seguindo as trazas que o levaron a mellorar a casa familiar que xa existía neste lugar e que ennobreceu a praza da Leña. O Marqués de la Ensenada nomeouno primeiro auditor da Mariña de Pontevedra e subdelegado da renda das salinas do Reino de Galicia en 1754. Exerceu como avogado na cidade e probablemente como mestre de humanidades e profesor de latín. Está enterrado na capela de San Francisco de Pontevedra. Unha das salas do Museo Provincial leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto barroco. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en Roma, a onde marchou pensionado en 1753. Durante a súa formación asistiu ás obras do Palacio Real de Madrid e foi delineante do convento da Visitación, tamén en Madrid. Desde 1765 traballou na catedral de Santiago, onde colaborou nos proxectos para a capela da Comuñón e dirixiu as obras da fachada da Acibechería. Tamén traballou no pazo dos Marqueses de Bóveda, en Lugo. Marchou de Santiago de Compostela e continuou traballando con Ventura Rodríguez en Santa Fe (Granada), onde realizou a colexiata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Souto (A Estrada). O seu cumio acada os 661 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Rubiás dos Mixtos (Calvos de Randín). O seu cumio acada os 1.358 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Vilacova (Lousame). O seu cumio acada os 504 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arteixo baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de ouro, unha faixa de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Foi director do Museo de Arqueología de Burgos e do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Realizou estudos sobre a toponimia galega, pero destacou polo estudo da metalurxia en Galicia e a definición tipolóxica dos seus elementos máis característicos. Publicou Hachas de talón (1951), Nombres de túmulos y dólmenes en Galicia y Portugal (1954), Hispania Germánica (1966) e Hacha de tope tipo Senra A (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Estivo moi en contacto con Santiago de Compostela e coas novidades barrocas que alí se produciron; de feito foi un dos primeiros e principais seguidores das propostas de José de Vega y Verdugo. Foi autor da igrexa do mosterio de Santa María de Sobrado dos Monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Erudito. Introdutor do esperanto en Galicia, foi secretario do Grupo esperantista coruñés e vogal do Comité da Hispana Societo por la Propagando de Esperanto. Publicou varios artigos e traballos na Revista Gallega (1905-1906), dos que destacan “El presente y el porvenir del esperanto” (primeiro premio no Certame Pedagóxico de Santiago, 1906) e “El esperanto y los ciegos”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado. É secretario de Administración Local nos concellos de Mazaricos, Santiago de Compostela e Muros. Foi presidente da Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística desde a súa fundación en 1984. Publicou “A oficialidade da lingua galega: o marco legal” en Grial (1990) e os libros Formularios de organización e funcionamento das entidades locais (1996) e Regulamentos municipais (1998). Ademais, foi coordinador dos libros Contos da Xustiza (2002) -onde participou co relato “Unha cousa non ten que ver ca outra”- e Palabra por palabra. Contos da Policía (2003). Tamén colaborou na elaboración dos guións da serie de televisión Mareas Vivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo. Foi o co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG. Publicou traballos sobre literatura galega medieval, historia externa, planificación lingüística e gramática e lexicografía galegas. Foi coautor de Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia (1985) e Gramática galega (1986), editor de Estudios de sociolingüística galega (1995) e autor de Historia Social da Lingua Galega (1999). É investigador do Instituto da Lingua Galega, coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega (CCG), director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística e secretario do CCG desde 2000. Recibiu o Premio da Crítica Galicia de investigación (1987), o 1º Premio de Ensayo sobre las lenguas y literaturas gallega, vasca y catalá da Universidad Nacional de Educación a Distancia (1998) e o Premio Antón Losada Diéguez de investigación (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pacto asinado en Monteagudo (Soria) entre Xaime II de Aragón e Sancho IV, o 29 de novembro de 1291, para pórlle fin ao estado de guerra entre ambos os dous soberanos. Xaime II amosou demasiado interese en asegurar a paz para poder resolver o conflito de Sicilia, e o rei castelán obtivo a confirmación das fronteiras entre os dous reinos e a promesa de axuda aragonesa a Castela en caso de guerra contra os musulmáns. Estableceuse tamén o casamento entre Xaime II e Isabel, filla de Sancho IV e María de Molina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa pertencente ao arquipélago das Illas Cíes, cunha dirección N-S. É a máis setentrional e extensa, e a súa máxima altitude acádase no alto das Cíes (188 m), no sector N. Está unida á illa de Faro por unha formación sedimentaria areosa, Barra de Rodas, onde se atopa o lago dos Nenos, pechado no seu lado L pola praia de Rodas e ao O por un dique artificial. Na punta SO atópanse as praias máis destacadas, Figueiras e Cantareira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Codeseda (A Estrada). Ten planta en forma de U e atópase rodeada dun muro de cantaría, que conta con dous miradores: un deles, situado nunha das esquinas, ten forma semicircular e a el accédese por medio dunha escaleira; o outro construíuse amodo de bastión. Ten un escudo na fachada lateral e posúe un cruceiro e unha capela baixo a advocación de san Brais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Arteixo. Pertenceu a un antigo mosteiro beneditino homónimo, que dependía do priorado de Cambre. Presenta planta basilical de tres naves, rematadas en tres ábsidas semicirculares. Empregou para a separación das naves columnas anexadas a piares, na parte da entrada, e piares compostos na zona das ábsidas. A cuberta é a dúas augas. Sufríu algunhas reformas que afectaron especialmente á fachada, á que se lle engadiu unha espadana barroca como remate. No lateral dereito construíuse unha sancristía. Da fachada románica só se conserva a zona das ábsidas, decoradas con canzorros.

    VER O DETALLE DO TERMO