"Montederramo" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Montederramo, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Terra de Caldelas, situado na provincia de Ourense no centro-S de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 16’ 30” latiude N e 7° 30’ 00” lonxitude O. Limita ao N cos concellos de Parada de Sil e A Teixeira (comarca de Terra de Caldelas), ao L con Castro Caldelas (comarca de Terra de Caldelas) e Chandrexa de Queixa (comarca de Terra de Trives), ao S cos de Laza (comarca de Verín), Vilar de Barrio (comarca da Limia) e Maceda (comarca de Allariz-Maceda), e o O cos de Maceda e Xunqueira de Espadañedo (comarca de Allariz-Maceda). Abrangue unha superficie de 135,6 km 2 cunha poboación de 1.072 h (2007), distribuídos nas parroquias dos Abeledos, As Chás, Covas, Gabín, Marrubio, A Medorra, Montederramo, Nogueira, Paredes, San Cosme de Montederramo, Sas do Monte, Seoane Vello e Vilariño Frío. Dista 156 km de Santiago de Compostela e 44 km de Ourense. A capital está no lugar de Montederramo, na parroquia homónima. Está adscrito á diocese de Ourense ( ao partido...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Ourense, que comprende o concello de Montederramo. Conta cun total de 13 parroquias, todas elas matrices.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro situado en Montederramo. En 1124 Tareixa de Portugal, filla de Afonso VI, concedeu ao abade Arnaldo e aos monxes beneditinos o lugar de Rovoira Sacrata para fundar un mosteiro, aínda que podían trasladalo a outro emprazamento. O primitivo mosteiro, baixo a advocación de san Xoán, estivo situado en Seoane Vello, tivo priorados nas terras próximas e en 1153 pasou a pertencer á orde do Císter e modificou a súa advocación pola de santa María. En 1528 uniuse á Congregación de Castela e coa desamortización foi abandonado. Tivo unha escola de artes no s XVI. A igrexa medieval foi reedificada por Juan de Tolosa (1598-1607) e está pegada ao claustro polo interior. Ten planta de cruz latina con tres naves de cinco tramos e cinco capelas rectangulares, a central de maior tamaño. As naves están cubertas con bóvedas de cruzaría e sobre o cruceiro érguese unha cúpula sobre pendentes, rematada cunha cupuliña. Destacan a escalinata de baixada á igrexa e a sancristía. A fachada da igrexa é plana...
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Montederramo baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO