"Morris" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
PERSOEIRO
Escritor. Formado baixo a influencia de Sainte-Beuve, Taine, Stuart Mill e Renan. Chegou a ser un vangardista oposto ao Romanticismo. Destacan as súas biografías sobre grandes persoeiros como Shakespeare, Heine, Ibsen e Goethe, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen busca ou arma camorra.
-
PERSOEIRO
Filósofo. Profesor no City College de Nova York. Defendeu o naturalismo racionalista, que presupón que as relacións matemáticas e lóxicas forman a substancia intelixible das cousas, en obras como Reason and Nature (Razón e Natureza, 1931) e An Introdution to Logic and Scientific Method (Unha introdución á lóxica e ao método científico, 1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e xeógrafo estadounidense. Foi profesor de xeografía física e xeoloxía na Harvard University (1876-1912). Os seus estudios sobre a erosión fluvial nas penechairas norteamericanas levárono a enunciar a doutrina dos ciclos de erosión. Foi fundador e presidente da Asociation of American Geographers e da American Geological Society. Entre as súas obras destacan Elementary Meteorology (Meteoroloxía elemental, 1894), Physical Geography (Xeografía física, 1898) e The Coral Reefs Problem (O problema dos arrecifes coralinos, 1928).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Colaborou con R. Jakobson na publicación de Fundamentals of Language (1956), sobre a interpretación binarista das oposicións fonolóxicas, e da súa colaboración con N. Chomsky resultaron estudios fundamentais sobre a fonoloxía xenerativa, como The Sound Pattern of Russian (1959) ou Sound Pattern of English (1969). É membro da Linguistic Society of America.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Pertenceu á xeración poética do 27 xunto a Vicente Aleixandre, Dámaso Alonso e Gerardo Diego, entre outros. Representante da poesía social de posguerra, tentou unir a sensibilidade cristiá cos elementos sociais. É autora de Humana voz (Premio Adonais de Poesía, 1956), Sonido de Dios (1962) e Al este de la ciudad (1963, Premio de la Crítica, 1964). Parte da súa obra incluíuse na Antología de la Poesía Social (1965), de Leopoldo de Luri.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Estudiou na Harvard University e na Yale University, onde se doctorou no 1959. Foi profesor da Cornell University e recibiu, xunto con D. D. Osheroff e R. C. Richardson, o Premio Nobel de Física (1996) polo descubrimento das transaccións a fases superfluídas do helio 3, moi importante no ámbito da física a baixa temperatura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Marca de automóbiles fundada en 1913 por William Morris en Oxford. Produtora de bicicletas nun primeiro momento, en 1920 cambiou a súa actividade e na década de 1930 converteuse na maior produtora de automóbiles do Reino Unido. O modelo máis famoso foi o Mini, creado en 1948. Forma parte do grupo British Leyland Motor Corporation, que en 2001 se integrou no grupo Bayerische Motoren Werke (BMW).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antonio Segundo Durán Moreiras.
-
PERSOEIRO
Poetisa estadounidense. Exerceu como profesora asistente de lingua española na Universidade de California e no Shorter College de Rome (Georgia). Vinculada a Galicia e coñecedora da lingua galega a través de Xosé Rubia Barcia e Ernesto Guerra da Cal, participou no I Congreso de Poetas Alófonos de Lingua Galega (1993). Colaboradora de Grial e Correo de Galicia, e interesada na obra de Valle-Inclán, traduciu ao inglés a Rosalía de Castro e publicou en galego Voz fuxitiva (1964), en que introduce algúns aspectos intimistas e outros propios da lírica popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. A súa contribución no campo da semiótica, influenciada polo neopositivismo e o pragmatismo americanos, foi moi considerable. Escribiu Signs, Language and Behavior (1946), Signification and Significance (1964) e The Pragmatic Movement in American Philosophy (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, crítico e erudito galés. Coñecido como Llewelyn Ddu o Fôu, combinou o neoclasicismo da época coa tradición bárdica do pasado galés. A correspondencia que mantivo cos seus irmáns ten un gran valor histórico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor estadounidense. Un dos máximos expoñentes da arte minimalista, dedicouse ao teatro, á realización de curtametraxes experimentais e á pintura, antes ca á escultura, arte que compaxina coa coreografía, o cine, os happenings e a docencia. As súas obras máis características son os poliedros de contrachapado, earthworks e as pezas permutables.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista, escritor e político británico. A partir de 1878 organizou na súa casa un vasto complexo de creación artesá: vidreiras, papeis pintados, tea, mobles e, especialmente, libros de tirada reducida. Convencido de que unha arte nova só podería darse nunha nova sociedade, a partir de 1880 intensificou a súa actividade política. En 1884 foi un dos fundadores da Socialist League, pero pouco a pouco foi superando as posicións anarquistas e adheriuse abertamente ao sindicalismo e ao parlamentarismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gramático, crítico, poeta e editor galés. Dedicado ao estudo da lingua e a literatura galesa, impulsou tamén as composicións poéticas e as competicións literarias, denominadas eisteddfodau, e foi un dos promotores da reforma ortográfica galesa. Publicou A welsh Grammar, Historical and comparative (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e cantante irlandés. Coñecido como Van Morrison, comezou a súa carreira na banda The Monarchs, de onde pasaría a Them. Formado no jazz e no blues, en 1967 comezou a súa carreira en solitario. Da súa discografía destacan Blowin’ Your Mind! (1967), Moondance (1970), A Sense of Wonder (1985), Back on Top (1999) e What’s Wrong With This Picture? (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Jim Morrison, formou en 1967, xunto a Ray Manzarek, Robbie Krieger e John Densmore, o grupo The Doors. Os seus continuos escándalos e problemas coa xustiza fixeron que abandonase Los Angeles e se establecese en París. Ademais de compoñer, escribiu diversos poemarios, dos que destacan An American Prayer (1970) e The Lords and The New Creatures (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz estadounidense. Coñecida como Janet Leigh, comezou interpretando a rapazas inxenuas en producións da Metro-Goldwyn-Mayer. Participou en diversos musicais e posteriormente en comedias e dramas. Da súa filmografía destacan Little Women (1949), Two Tickets to Broadway (1951), Psycho (1960), The Fog (1980) e A Fate Totally Worse Than Death (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
James Douglas Morrison.
-
PERSOEIRO
Actor, produtor e realizador cinematográfico estadounidense. Coñecido como John Wayne, especializouse sobre todo no western. Consagrouse con Stagecoach (1939), para logo interpretar, entre outras películas, Fort Apache (1948), The Quiet Man (1952), Rio Bravo (1959), The Alamo (1960), The Man who Shot Liberty Valance (1962), True Grit (1969, Oscar ao mellor actor 1970), Chisum (1970) e The Shootist (1976).
VER O DETALLE DO TERMO