"Most" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 99.

  • Mosteiro da parroquia de Aciveiro, Forcarei, pertencente á orde cisterciense. Foi fundado no ano 1135 co patrocinio de Afonso VII, que lle asignou a xurisdición dun enorme couto que manterá ata a desamortización de 1835. A extensión dos seus dominios durante toda a Idade Media abranguía o Candán, Acebeiro, Deza, Trasdeza, Tabeirós, etc, chegando ata os límites dos mosteiros de Melón e Oseira. A grande acumulación de bens que acada nos ss XIII-XIV converteuno nun dos máis importantes da Galicia medieval, pero a partir da centuria seguinte caerá baixo o control da casa de Ulloa, primeiro, e logo da de Altamira. Só a partir da reforma do Císter comezará de novo a recuperar o control económico ata o proceso desamortizador. Na actualidade consérvase a igrexa conventual, bo reflexo da sobriedade ornamental que caracteriza a arquitectura cisterciense. Cunha planta basilical de tres naves e tres ábsidas na cabeceira, interesa subliñar a presenza dun falso triforio ou galería, pouco empregado nas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado na parroquia de San Xurxo de Torres (Vilarmaior), sábese da súa existencia grazas a unha doazón do seu abade Pelaio, feita no 1086, ao mosteiro de San Xoán de Caaveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Biblioteca organizada a partir de 1890 cos fondos bibliográficos do convento da Mercé de Conxo e cos dos bieitos residentes en Poio antes da chegada dos mercedarios. A partir de 1920 incorporáronse os libros de Guillermo Vázquez Núñez e en 1957 uns 4.500 volumes traídos polo escritor Antonio Rey Soto. Achegaron tamén exemplares Xosé Fernández Gallego, varias casas da orde da Mercé (Herencia, Ferrol, Madrid, Salamanca, etc) e o pai Emilio Silva de Castro, con obras procedentes do Brasil. Nos seus fondos atópanse libros nobiliarios e xenealóxicos, algúns tomos referidos á orde da Mercé, obras de bibliografía, coleccións de xornais galegos do s XIX, algunhas edicións de libros raros, libros editados nas imprentas de Mondoñedo como a Descripción del Reino de Galicia, do licenciado Molina, e obras do s XVI entre as que destacan as Sinodiales de Ourense, publicadas por Vasco Díaz Tanco en 1544.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado no val de Trebbia, nos Apeninos, na Emilia-Romaña (Italia), que deu nome á cidade, formada ao seu redor, a 46 km de Piacenza (4.399 h [1980]). Foi fundado por san Columbano no ano 612. Foi un centro de intensa irradiación cultural a causa da actividade dos primeiros monxes, de orixe irlandesa. A biblioteca reuniu moitos códices, a miúdo con textos únicos, e algúns palimpsestos. Actualmente están dispersos por varias bibliotecas, sobre todo na biblioteca Vaticana, na Nazionale de Turín e na Ambrosiana de Milán. Gerbert, o futuro Papa Silvestre II, foi abade deste mosteiro. No 1014 Bobbio foi erixido bispado-condado unido á liga lombarda, oposta ao Emperador Federico I Barbarrubia. A cidade pasou despois aos Visconti de Milán (s XlV) e finalmente ao Reino de Sardeña, dos Savoia, no 1748. O mosteiro, moi decaído trala unión coa congregación cassinesa, foi pechado no ano 1795.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro do que se supón a súa existencia pola interpretación errónea dun documento datado no ano 951 no que Ordoño III doaba á igrexa de Santiago a vila chamada Borvene. Pouco despois, neste mesmo diploma menciónase un mosteiro identificado cun cenobio supostamente chamado Borvén próximo ao río Miño, quizais na provincia de Ourense. Non obstante , o mosteiro citado fai referencia a San Pedro de Antealtares (que máis tarde cambiará a súa advocación orixinal pola de San Paio), mosteiro beneficiario desa doazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro situado en Santa María de Budiño (O Pino) que, segundo se cita na Historia Compostellana, foi obxecto de doazón á igrexa de Santiago no ano 1114.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Betanzos. Recibiu tamén o nome de San Paio de Xeronzo e Santa María das Donas. Fundouno o conde Froila Bermúdez e refundouno cara ao 1138 o conde Vermudo; este último entregoullo á súa filla Urraca e en 1145 foi doado ao mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Venecia 1432 - ? 1488) Explorador. Estivo ao servizo do infante Enrique de Portugal, para o que en 1455 explorou as Islas Canarias e as costas de Senegal ata Gambia. En 1456 descubriu as illas de Cabo Verde e chegou ás illas de Bijagós no transcurso dunha nova expedición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Castroverde. Construída en estilo románico, ten nave única con cuberta de madeira e ábsida cadrada. No interior conserva unha pía bautismal do s XVI e un retablo barroco do 1796. O exterior é austero e a fachada principal remata cunha espadana central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e orador. Estudiou oratoria con Iseo e máis tarde traballou na redacción de discursos para outros oradores. Entrou na vida política no 354 a C e enfrontouse ao expansionismo de Filipo II de Macedonia. Foi xefe, xunto con Hipérides, do partido democrático antimacedonio e trala morte de Filipo II continuou loitando contra o imperialismo macedonio ata que o expulsaron da cidade no 323 a C. Volveu para defender a independencia ateniense despois da morte de Alexandre o Grande, pero trala derrota de Cranon (322 a C) suicidouse na illa de Calaurea. Nos seus discursos utilizaba un vocabulario sinxelo, cheo de metáforas e períodos variados. A loita por Amfípolis orixinou o primeiro discurso da serie que lle deu nome: as Filípicas (351 a C), seguírono as tres Olintíacas (349-348 a C), Da paz (345 a C), a segunda Filípica (344 a C - 343 a C), Sobre o Quersoneso (342 a C), e outras dúas Filípicas (341 a C-340 a C). Foi considerado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade do que é demostrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode demostrar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de demostrar.

    2. Argumento ou cousa que demostra a veracidade de algo.

    3. Exhibición de algo, especialmente habilidades físicas, funcionamento de obxectos, etc.

    4. Razoamento polo que se reducen a verdades evidentes ou xa demostradas, mediante a aplicación dunhas determinadas regras lóxicas, proposicións que non teñen un fundamento claro. Calquera cadea de demostracións debe partir dun conxunto finito de premisas non demostrables ou axiomas. A análise exhaustiva dos procedementos de demostración débese a Aristóteles, quen definiu o termo como aquela forma especial de siloxismo polo que se deduce unha conclusión a partir de principios verdadeiros, evidentes e indemostrables en si mesmos. A escolástica adheriuse ao esquema aristotélico, que consideraba a demostración un proceso superior, e elaboraba unha clasificación da mesma: propter quid, ad intellectum, ad sensum, a priori e a posteriori. Na época moderna propuxéronse varios tipos de demostración, que se poden reducir a dous grupos: un de carácter empirista e outro de carácter racionalista. Ao longo do s XX formuláronse diversas formas de demostración,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen demostra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer ver a verdade dunha cousa razoándoa ou con feitos evidentes.

    2. Manifestar con claridade algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que demostra ou serve para demostrar.

    2. Subclase de determinantes que mostran ou sinalan unha cousa ou un ser no espazo ou no tempo sen nomealo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Osificación da derme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos, da orde dos odobénidos, de ata 180 cm de lonxitude. Presentaban un corpo moi groso, patas fortes e curtas con pés anchos, con catro dedas, e as mandíbulas tiñan catro caveiros moi longos orientados cara a adiante. Eran animais de vida anfibia, propios de augas costeiras, nas que se alimentaban de moluscos do intermareal. Viviron a mediados do Mioceno e os xacementos máis importantes están en Xapón e na costa norteamericana do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro de carácter familiar situado na provincia de Lugo. As fontes documentais testemuñan a súa colocación ben en Samos, no Incio, en Sarria ou en Folgoso do Courel.

    VER O DETALLE DO TERMO