"Nau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 146.

  • Organización fundada no ano 1960 en París. Depende da Federación Internacional de Astronáutica e está encargada de organizar as actividades científicas da Federación e da publicación da Acta Astronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión francesa, que quere dicir ‘posesión comunitaria’, dada ao conxunto de normas, xurisprudencia e actos políticos vixentes na Comunidade Europea e que son de obrigado cumprimento polos gobernos, empresas, asociacións e persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista alemán. Estudiou Leis e Economía. Importante home de negocios, foi burgomestre de Colonia (1917-1933). Durante a República de Weimar, foi representante do Centro, partido católico, na Dieta Provincial Renana e no Consello de Estado prusiano, do que foi Presidente (1920-1923). Destituído polos nazis e exiliado a Rhöndorf (1933-1935), no 1944 foi enviado a un campo de concentración. Os norteamericanos restituírono como burgomestre de Colonia (1945), sendo logo destituído polos británicos. Cofundou a Unión Demócrata Cristiá (CDU) que presidiu ate 1966, e dirixiu o Consello Parlamentario Constituínte creado polos aliados (1948). Nos anos 1949, 1953, 1957 e 1961 foi elixido chanceler; período no cal tamén tivo exercido como Ministro de Asuntos Exteriores (1951-1955). Foi substituído na Chancelería por Erhard (1963). Partidario do retorno ao liberalismo económico e da adhesión ao bloque occidental, conseguiu axuda económica a través do plan Marshall. Acadou a adhesión da República Federal...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que pilota ou tripula unha aeronave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecnoloxía que fai posible a construción e o voo dunha aeronave calquera. A aeronáutica trata do proxecto, a construción e o funcionamento de aeronaves e outros aparellos que se desprazan polo aire. Ten como actividades conexas a aerostación, que trata dos aparellos máis lixeiros ca o aire, e a aviación, que trata daqueles máis pesados ca o aire. As necesidades cambiantes da aviación encamiñaron o progreso da aeronáutica á mellora continua da potencia, velocidade, resistencia, manobrabilidade, autonomía ou capacidade das aeronaves. O desenvolvemento da aviación, a partir da Primeira Guerra Mundial, impulsou as buscas en direccións pouco ou nada traballadas ata entón e en campos tan diferentes como a aerodinámica, a meteoroloxía, a resistencia dos materiais, a propulsión, a condución e a navegación aéreas, as infraestruturas de terra, etc. Os materiais e as estruturas dos primeiros avións foron elixidos en función, sobre todo, do pouco peso. Combinouse a tea e a madeira,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á aeronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dun avión civil ou de guerra (Concorde, Antonov), aeroplano, portaavións (Príncipe de Asturias), globo e similares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade con sede en Barcelona dedicada principalmente á promoción e divulgación da astronáutica. Foi fundada no 1953 como sección da Sociedade Astronómica de España e América, posteriormente converteuse nunha entidade independente. Publica o boletín Astronáutica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de submarino norteamericano, deseñado para traballos a grandes profundidades (ata os 4.500 m), construído no 1964. Porta unha tripulación de seis homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Abade de Poblet (1196-1198); foi tamén Abade Xeral do Císter. No 1204 o Papa Inocencio III nomeouno legado pontificio para reprimir a herexía albixense. Nomeado Arcebispo de Narbona (1212), el mesmo erixiuse en duque da cidade e enfrontouse contra as tropas de Montfort, a quen excomungara. Tomou parte na Batalla de las Navas de Tolosa (1212).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade de científicos e técnicos dedicados á tecnoloxía aeroespacial e materias afíns, con sede en Nova York. Fundada no ano 1963 como resultado da fusión da American Rocket Society e do Institute of Aerospace Sciences. É a asociación máis importante dedicada á astronáutica. Entre as súas publicacións destacan: Astronautics and Aeronautics, AIAA Journal, Journal of Aircraft e Journal of Spacecraft and Rockets.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico do Turkmenistán escavado dende 1904 por Pumpelly; serviu de base á teoría do oasis ou desecación para explicar a orixe da produción dos alimentos. Segundo esta teoría, por consecuencia do clima seco xeneralizado, os cazadores-recadadores víronse obrigados a reunirse arredor dos oasis e conquistar novos medios de subsistencia a través da domesticación das plantas e dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de alúmina hidratado, Al2O3 (SiO2)3· 2H2O, do grupo dos caolíns. É un produto da alteración dos anfíboles e dos piroxenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico francés. Realizou La vitoire en chantant (1976), que obtivo o Oscar ao mellor filme estranxeiro. Comezou unha insólita traxectoria internacional con La guerre du feu (1981), Le nom de la rose (1986) -adaptación da novela de Umberto Eco-, L´ours (1988), L´amant (1991) a partir da novela homónima de Marguerite Duras, e Wings of Courage (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Golfo de Grecia, ao L do Peloponeso, ocupado por pequenas illas como a de Spetsai na entrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos cincuenta e cinco compañeiros de Xasón que, embarcados na nave Argos, participaron na procura do vélaro de ouro. Os de máis sona foron Heracles (o Hércules romano), Anceo e Orfeo. Os argonautas embarcaron en Tesalia e, despois de pasar moitos apuros, arribaron á Cólquide, onde, en poder do Rei, quedaba o vélaro. A lenda, en parte anterior á Odisea, orixinou un ciclo literario. Co título de Os Argonautas, Apolonio de Rodas escribiu no s III a C un poema épico moi erudito que narraba esta expedición.

    2. Tipo de embarcación de regatas de 3,80 m de eslora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos cefalópodos de vida peláxica. As femias de ata 20 cm portan unha cuncha externa transparente e non tabicada que serve para a protección dos ovos, segregada e sustentada por dous dos oito tentáculos. Os machos son moito máis pequenos e non superan os 3 cm. Na costa atlántica e mediterránea está presente a especie A. argo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico. O seu nome, como o das súas irmás Agnès de Saint-Paul e Angélique-Marie de Sainte-Madeleine, abadesas do mosteiro de Port-Royal, vai ligado ao Xansenismo. As súas obras De la fréquente communion (Da frecuente comuñón, 1643) e Lettres à une personne de condition (Cartas a unha persoa de condición, 1655) valéronlle a expulsión da Universidade de París. Escribiu coa colaboración de Lancelot unha Grammaire générale et raissonnée (Gramática xeral e razoada, 1690) e dous anos despois, coa de Nicole, Logique de Port-Royal (Lóxica de Port-Royal). No ano 1667 publicou tamén uns Nouveaux éléments de géometrie (Novos elementos de xeometría). Cando o Xansenismo foi condenado por Alexandre VIII (1690), fuxiu a Holanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal activo entre 1220-1253. Durante moito tempo pensouse que era de orixe catalana, pero logo se demostrou que este dato non era certo; de feito, a liñaxe dos Catalan estaba moi estendida no Reino de Tolouse. A súa biografía constrúese, sobre todo, a partir das súas composicións. Así, pódese admitir que entre 1220 e 1245 frecuentou a corte do conde provenzal Berenguer IV, xa que en catro das súas cinco cançós fai referencia a Beatriz de Savoia, muller coa que casou o conde en 1219 ou 1220. Tamén se corrobora esta estadía nunha tenzón, así como nunha doazón feita polo conde na corte de Aix en 1241, na que o trobador asina como testemuña. Entre a produción literaria de Afonso X conservada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, atópase unha tenzón bilingüe (“Sénher, ara ie·us vein quer[er]”) entre o Rei e un tal Arnaldo -que a crítica identifica co trobador provenzal- na que, como é preceptivo neste tipo de composicións, se establece un diálogo entre os dous...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal. Foi a figura máis representativa do trobar rico. As súas singularidades expresivas acadaron a miúdo unha rara beleza. Está considerado como o creador da sextina, combinación estrófica usada desde Dante a Ezra Pound.

    VER O DETALLE DO TERMO