"Northumbria" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PERSOEIRO

    Rei de Northumbria (616-633), fillo do rei de Deira. No comezo do seu reinado atacou o N de Gales, onde tomou Elmet e Anglesey. Converteuse ao cristianismo (627) e morreu nun ataque dos reis Catwallon de Gales e Penda de Mercia (632). Foi venerado como santo na Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Northumbria (593-616), príncipe de Bernicia e de Deira (?-616), fillo do Rei Etelrico I. Estendeu o seu reino ata o Mar de Irlanda, ao vencer os escotos e os cumbrios (603) e os galeses (613), e converteuno no máis poderoso dos reinos anglosaxóns. Enfrontouse ao Rei Raedwad de Anglia do Leste e morreu na Batalla do río Idle.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado do N de Europa, situado na metade occidental da Península de Escandinavia, que limita ao L con Suecia, Finlandia e Rusia, ao S co mar do Norte, ao O co Océano Atlántico e ao N co mar de Barents (323.758 km2; 4.520.900 h [2001]). A súa capital é Oslo.
    Xeografía física
    O relevo está constituído por un macizo de rochas graníticas e xistos, con cimas arrasadas pola erosión de glaciares cuaternarios, que forma parte do gran dobramento caledoniano. A influencia oceánica atenúa os contrastes entre o S e o N, polo que o estudo do territorio faise segundo franxas lonxitudinais: unha montañosa paralela á costa, unha fachada marítima con fiordes, e a Noruega do SL, situada detrás da montaña e de clima continental. A montaña escíndese en dous sectores separados pola depresión de Trondheim: ao N, as montañas de Oksskolten, e ao S, táboas graníticas con profundos vales que caen bruscamente cara ao mar, onde a altura máxima culmina no Galdhåpiggen,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Northumbria (643-670). Conseguiu o dominio de toda Northumbria e a unificación de case toda Inglaterra ata que Wulfhere, fillo de Penda, reconquistou Mercia en 657.

    VER O DETALLE DO TERMO