"Nosa Señora" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

  • Santuario de estilo neoclásico situado na parroquia de San Mamede da Amil, en Moraña, onde se celebra unha sonada romaría. A orixe desta devoción popular remóntase ao seculo XVIII cando un arrieiro morañés, Sebastián de Castor, véndose na obriga diaria de ter que carrexar auga dende un regacho afastado da súa casa, solicitoulle á Virxe poder atopar unha fonte perenne. Segundo a tradición, a axuda divina non se fixo esperar e o arrieiro deu efectivamente cunha cachoeira na súa horta -que se chamaría fonte da Eira Vella- e puido mesmo construír un muíño nela. Como agradecemento, o campesiño mandoulle a un veciño canteiro que esculpise un altorrelevo coa inscrición “Nuestra Señora de los Milagros 1778” que colocou enriba da fonte. O milagre espallouse rapidamente polos arredores de xeito que pouco a pouco empezou a acudir xente de todas partes que deixaban esmolas para a creación dunha ermida onde se venerase a imaxe da Virxe. Así, no castro da Chan construíuse primeiramente unha capeliña...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado no concello de Muxía. Trátase dun dos centros de relixiosidade popular máis antigos de Galicia e forma parte do Camiño de Santiago. A lenda cristiá conta como os galaicos lle deron unha mala acollida ás predicacións de Santiago -ó igual que lle acontecera a Andrés en Teixido ou a Patricio en Irlanda- na mítica vila de Duggium (Duio). Como castigo a tal afronta a vila quedou asolagada. Daquela, o desacougado Santiago dirixiuse cara aos cantís de Muxía para reflexionar e alí, á beira do mar bravo da Costa da Morte, recibiu a visita de María, que aínda vivía en Palestina, nunha barca de pedra (como chegara Andrés a Teixido, varios santos a Bretaña e a Irlanda, e como o propio cadáver de Santiago a Iria Flavia) cunha vela tamén pétrea e o temón do mesmo material. A Virxe deulle ánimo comunicándolle o futuro éxito da súa prédica nesta terra galaica e ordenoulle que volvese a Palestina, xa que a súa misión estaba rematada alí. A barca quedou no lugar do desembarco: o...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra o luns de Pascua no mosteiro de Armenteira (na parroquia da Armenteira, concello de Meis).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Muros e que ten a súa orixe nun antigo hospital de leprosos que se atopa acaroado á igrexa gótica do s XIV. Consta dunha soa nave con cuberta de madeira a dúas augas e cunha capela maior cuberta con bóveda de crucería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial de Cedeira construída na primeira metade do s XV. É unha mostra do gótico mariñeiro. Posúe unha única nave, con cuberta de madeira sostida por arcos apuntados levantados sobre pilastras apoiadas nos muros. A ábsida é rectangular e está cuberta por unha bóveda de crucería. A mediados do s XVI engadíronse cinco capelas laterais abertas á nave por medio de arcos de medio punto con doelas de diferentes cores. En 1666 construíuse unha nova capela lateral e engadíronse dous corpos á cabeceira (1896-1898), ao tempo que se derrubaban tres das capelas e a sancristía. Posúe planta de cruz latina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado en Serantes (Ferrol) dedicado á Virxe de Chamorro. Construíuse sobre unha antiga rocha de abalar na que, segundo a tradición, se lle apareceu a Virxe a dous pastores. O edificio presenta unha planta de nave rectangular, con cuberta de madeira a dúas vertentes, e unha ábsida cadrada cuberta con bóveda de crucería do s XVI. Engadíuselle un pequeno vestíbulo (1687-1692). No interior consérvase un retablo barroco que alberga a imaxe da Virxe sedente co neno posterior ao s XII. Pegados á igrexa, está o camarín da Virxe, a sancristía e a antiga casa do ermitán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida de estilo gótico, situada en San Pedro de Cervás (Ares), construída por Fernán Pérez de Andrade, señor de Ferrol e Pontedeume, no s XIV. En 1396 Juan García Manrique, arcebispo de Compostela, cedeuna ao mosteiro franciscano de Santa Catalina de Montefaro, que a rexeu ata a súa exclaustración. Trátase dun edificio de pequenas dimensións que presenta unha planta de nave única e ábsida rectangular cuberta con bóveda nervada. No exterior presenta unha fábrica austera na que destaca a espadana barroca do s XVII, a decoración de canzorros e a porta de acceso. No tímpano consérvanse as figuras da Virxe sedente co Neno, acompañada de san Francisco e dun frade da súa orde. No interior está a imaxe da Virxe da Mercé, unha talla policromada e procesional que segundo a tradición apareceu na praia de Chanteiro tras ser arrastrada polas ondas. No lugar do suposto achado, preto da capela, está a fonte da Virxe. Unha tradición de comezos do s XV relacionou a intercesión da Nosa Señora da Mercé coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado en Santa Baia de Losón (Lalín). Segundo conta a lenda, no s VIII viviu no monte Carrio un ermitán que lles falaba aos campesiños do lugar da grandeza e das bondades da Virxe. Cando o ermitán morreu, os veciños soterraron o seu corpo na ermida de Santo Adrián, onde acudían a venerar a Virxe e o corpo incorrupto do ermitán, que comezou a ser coñecido como corpo santo, designación da que deriva o seu nome. Trala razzia de Almanzor, desapareceu a ermida. No s XII, uns pastores refuxiáronse dunha tormenta nas ruínas da ermida onde, cegados por unha luz, viron a imaxe da Virxe co Neno e cun ramo de flores. Os veciños non creron os rapaces e estes regresaron á ermida, onde volveu aparecer a Virxe. O pobo acudiu o 24 de xuño en procesión á ermida, a Virxe apareceu por derradeira vez e comezaron a sucederse os milagres. Dende entón celébrase a romaría da Virxe do Corpiño os días 23 e 24 de xuño, á que acudían os devotos para curarse dos meigallos e das enfermidades...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado nas Ermidas (O Bolo) e pertencente ao bispado de Astorga. Está situado nun lugar rochoso onde a vida relixiosa se estableceu en diversas ermidas situadas ao abrigo das covas. Unha das primeiras fundacións puido ser realizada por san Froitoso no s VII. Trala invasión musulmá a imaxe da Virxe, venerada nunha das ermidas, escondeuse para evitar profanacións e roubos. A lenda conta que esta imaxe foi descuberta por uns pastores ao observar que o seu gando emitía uns sons estraños ao chegar á entrada da cova. Daquela construíuse unha capela a finais do s XIII ou comezos do s XIV. En 1624 Alonso de Mexía y Tobar, bispo de Astorga, enfermou e, ante a gravidade do seu estado, invocou a Nosa Señora das Ermidas e sandou. En agradecemento mandou construír unha igrexa, dependencias para os seus administradores e unha residencia para os peregrinos; ademais a diocese estableceu unha escola de latín e filosofía. O seu sucesor no bispado, frei Nicolás de Madrid, converteuna nun...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario mariano situado en Cruces (Padrón). As súas orixes relaciónanse cunha lenda que ten dúas versións: unha delas conta como Xoán Pérez Mondragón, párroco de Santa María de Cruces, estaba a cortar unha árbore e ao observar que esta caía sobre el invocou a Virxe. A árbore cambiou a dirección de caída e non lle fixo mal ningún, polo que en agradecemento mandou esculpir unha imaxe pétrea da Virxe que colocou nunha fonte que existía no camiño de Iria Flavia a Santiago; a segunda versión conta os mesmos feitos, pero o seu protagonista é o abade dun mosteiro. A fonte converteuse nun lugar onde paraban os camiñantes e comezou a ser coñecida como a Fonte Santa. O feito milagreiro que deu lugar ao nacemento do santuario sucedeu en 1732 cando un veciño do Salnés, paralítico e hidrópido, parou na fonte a beber cando se dirixía ao hospital de Santiago. Permaneceu tres días no lugar bebendo e rezando e sandou. En agradecemento doou o seu carro e os seus bois á Virxe, á que loou coa oración “Bendita...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado na serra do Faro, na parroquia de Requeixo (Chantada). Parece ser que foi construído na segunda metade do s XVII polo mestre Afonso Vázquez e reformouse en 1726. En 1805, o bispo de Lugo mandouna derrubar pero reconstruíuse máis tarde. No interior consérvase a imaxe da Virxe Vella ou A Nai, e na igrexa de Requeixo a da Virxe da Outava ou A Filla. A romaría celébrase o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada na Guarda. Protectora dos navegantes da vila, a súa confraría creouse no s XVI. A capela puido ser construída no s XV. Nela destaca o pórtico de entrada de madeira, sostido por catro columnas erixidas sobre podios. O campanario, que presenta volutas e pináculos, é de época posterior. O 8 de setembro celébrase a súa festa cunha procesión que parte da igrexa parroquial ata a capela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría que se celebra en Santa María Madanela de Ponte Ulla (Vedra). A capela que se conserva é do s XVIII e ten planta rectangular e pórtico de entrada con catro columnas. Relaciónase cos cultos das augas. A carón do muro N da igrexa brota unha fonte onde se levan os nenos para curar doenzas. A romaría celébrase o 8 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ermida situada en Noalla (Sanxenxo). Trátase dun pequeno templo construído no s XII que aproveitou elementos dunha construción anterior. Ten planta de nave única con ábsida semicircular. A nave está dividida en dous tramos. O arco de triunfo é apuntado e descansa en columnas pegadas. O retablo é barroco do s XVIII. A fachada principal caracterízase pola ausencia de decoración, só destaca un rosetón de catro lóbulos e o arco apuntado da porta. O derradeiro fin de semana de agosto celébrase a romaría da Nosa Señora da Lanzada, que antigamente duraba unha semana. A ela acoden os mariños a pedir protección, devotos que para afastar o mal varren cunha vasoira o chan inmediato ao altar, e mulleres con problemas de fertilidade que se dan un baño na praia á luz da lúa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Advocación que ten a súa orixe na aparicións en 1858 da Virxe a Bernardette Soubirous, unha rapaza de 14 anos, en dezaoito ocasións distintas, nunha cova en Lourdes. Admitida a realidade das aparicións polas autoridades eclesiásticas, autorizouse o culto público, fixada o 11 de febreiro, a toda a Igrexa Católica. En 1876 construíuse unha basílica sobre a cova, en 1891 León XIII instituíu a festa e en 1907 Pío X estendeuna a toda a Igrexa. Na iconografía represéntase como unha Virxe nova, vestida con túnica e manto brancos e cun rosario nas mans en actitude orante. Aos seus pés aparece unha rapaciña axeonllada. A súa festividade celébrase o 11 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada na Merca. Construída entre 1959 e 1960, diante da gruta de Nosa Señora de Lourdes, ornamentouse con retablos neogóticos dos irmáns Garrido de Parderrubias. Ten vidreiras alusivas aos santos e á Virxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cartelle. Comezou a construírse en 1813, sobre as ruínas dun templo do s XVII, desde o que se trasladou a imaxe da Virxe das Marabillas. Ten planta de cruz latina con nave e cruceiro abovedados. No seu interior conserva unha imaxe barroca da Inmaculada do s XVIII nun retablo neoclásico, e unha cruz de metal do s XVI. Na fachada destaca unha torre de dous corpos, rematada con balcón corrido e cúpula con lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santuario situado no cumio do monte Medo, en Baños de Molgas. Rematado en 1771, o interior caracterízase pola sobriedade: ten tres naves, que se corresponden coas tres portadas da fachada, destacando a central, na que se sitúa un balcón cun altar maior para as solemnidades. Destaca a gran cúpula do cruceiro, o retablo maior. Presenta unha monumental fachada de estilo barroco, con catro torres levantadas a partir dunha cornixa e que se coroaron con cúpulas; as dúas centrais, de maior tamaño que as dos extremos, albergan as campás. O atrio da entrada está enlousado e pechado por un muro con asento corrido. O 8 de setembro celébrase unha romaría arredor do santuario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa situada en Mondoñedo. Foi construída en estilo barroco entre 1733 e 1738, por orde do bispo A. Alexandre Sarmiento, e realizouse en cantaría granítica sobre unha antiga ermida. Ten planta de cruz latina cunha soa nave, cruceiro, capela maior e sancristía detrás. A fachada data de 1755 e presenta rosetón circular e un frontón curvo, flanqueado por dúas torres de dous corpos rematadas en cúpula. Conserva unha inscrición coa data de fundación no lintel da portada principal. No interior destaca o retablo maior barroco do s XVIII coa talla da Virxe dos Remedios, o arco sepulcral, onde descansan os restos do bispo Sarmiento, a bóveda de canón das naves, os brazos do cruceiro e a capela maior. Neste santuario celébrase a concorrida romaría dos Remedios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no colexio de Nosa Señora da Antiga, en Monforte de Lemos. Recoñecido como unha das pinacotecas máis relevantes de Galicia, da súa colección destacan os lenzos San Lorenzo e San Francisco de El Greco, así como a obra do pintor italiano Andrea del Sarto.

    VER O DETALLE DO TERMO