"OMPI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 24.
-
PERSOEIRO
Editor e dramaturgo italiano. A temática do seu teatro é a angustia existencial. Publicou as pezas: Paura di me (Medo de min, 1951) e Lamento d´Orfeo (Lamento de Orfeo, 1961). Fundou a editorial Bompiani (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Centro cultural internacional establecido en París, coñecido tamén como Centre Beaubourg ou Centre Pompidou. Promovido polo presidente Georges Pompidou, inaugurouse en 1977. Está situado nun edificio construído polos arquitectos Renzo Piano e Richard Rogers, gañadores do concurso internacional convocado en 1971. Ademais de ter un importante arquivo documental, conta cunha biblioteca, hemeroteca, centro de deseño, discoteca, fototeca e cinemateca, e organiza numerosas actividades, como exposicións antolóxicas e revisións dos movementos artísticos dos ss XX e XXI. Ocúpase tamén da xestión do Musée National d’Art Moderne (MNAM) dende 1993. O edificio acolle tamén o Institut de Recherche et Coordination Acoustique/Musique (IRCAM) e un Centro de Creación Industrial (CCI).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento popular protagonizado polos cardadores de la que tivo lugar en Florencia de xuño a agosto de 1378, nun contexto de precariedade económica e carencia de representación nos cargos públicos. Acadou gran violencia, tivo un notable éxito inicial ao contar co apoio de elementos do pobo máis acomodados e conseguiu melloras na condición política dos revolucionarios. A traizón de Michele di Lando e a reacción dos cabezas das corporacións gremiais provocaron o fracaso e unha dura represión. En 1382 houbo un novo intento de cambiar a situación pero reprimiuse e supuxo a completa restauración da aristocracia.
-
CIDADES
Cidade do departamento de Oise, na Picardie, Francia, na confluencia dos ríos Oise e Aisne (41.896 h [1990]). O sector industrial constitúe a base da súa economía, e caracterízase, fundamentalmente, polas industrias químicas, alimentarias e mecánicas. Entre os seus monumentos, sobresaen o castelo (s XVIII) e a casa do concello. Foi fundada polos romanos co nome de Compendium. Ao final da Primeira Guerra Mundial, foi asinado nesta cidade o primeiro armisticio de Compiègne (11 de novembro de 1918), e durante a Segunda Guerra Mundial, Alemaña obrigou o goberno do mariscal Pétain a asinar o segundo armisticio de Compiègne (22 de xuño de 1940), polo que Francia cedía as dúas terceiras partes do seu territorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de compilar.
-
Obra que resulta da selección e ordenación de diversos textos, en función do criterio escollido polo autor, como, por exemplo, os refraneiros, romanceiros, cancioneiros, etc. Pode incluír escritos íntegros ou fragmentarios. Reciben igualmente este nome as obras eruditas que agrupan e sintetizan obras anteriores.
-
Colección de leis, doutras disposicións normativas e, ás veces, de costumes, catalogadas cronoloxicamente ou por materias, que se transforma nunha orde xurídica con capacidade para obrigar no momento en que a promulga oficialmente o poder lexislativo. En caso contrario, constitúe unha simple colección privada na que as disposicións contidas teñen capacidade de seu para producir obrigas segundo o seu rango xurídico e o seu ámbito de aplicación. A tradición das compilacións é moi antiga e desenvolveuse extraordinariamente no mundo romano, en especial con Xustiniano, quen realizou unha codificación das normas do Dereito Romano entre os anos 529 e 534, co título de Codex Repetitae Praelectionis. Esta técnica lexislativa adoptouna o ordenamento xurídico español para recoller e sistematizar as normas de dereito propias das comunidades autónomas nas que o Código Civil constitúe unha fonte supletoria.
-
-
-
Que ou quen compila.
-
-
Programa de ordenador que traduce C, BASIC, Pascal ou unha linguaxe de programación similar de alto nivel a linguaxe máquina. O programa en linguaxe de alto nivel alimentado no ordenador chámase programa fonte; o programa en linguaxe máquina xerado é o programa obxecto. Os compiladores contrastan cos intérpretes, que almacenan o código fonte e o executan instrución a instrución sen producir nunca un programa obxecto. A gran vantaxe dun compilador é que un programa obxecto pode ser executado en calquera ordenador axeitado, tanto se está instalado o compilador como se non. Ademais, o código compilado execútase de 10 a 1.000 veces máis rápido ca o código interpretado. Non obstante , os intérpretes fan que sexa máis fácil examinar e modificar o programa mentres se executa. Ademais, moitos intérpretes poden almacenar o código fonte dunha forma compacta que ocupa moito menos espazo que un programa obxecto. Tradicionalmente, C, Pascal e FORTRAN están sempre compilados; Prolog...
-
compilador incremental
Compilador que traduce a linguaxe máquina as liñas dun programa a medida que se introducen no ordenador, en lugar de compilar o programa completo dunha vez. A finalidade é evitar que o programador teña que esperar moito tempo a que se compile o programa completo cando estea terminado.
-
-
-
-
Reunir nun só volume textos ou obras con certa afinidade.
-
Traducir unha linguaxe de programación a linguaxe máquina para que un ordenador poida executar as instrucións axeitadamente.
-
-
-
Que amosa complicidade.
-
-
Persoa que auxilia o delito que van perpetrar outros, aos que axuda con actos de preparación ou simultáneos, pero sen tomar parte directa nin necesaria na execución do mesmo.
-
Quen participa nalgunha cousa sen actuar directamente.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festas que celebraban os romanos na honra dos lares que protexían as encrucilladas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
corruptible.
-
-
de corromper ou corromperse.
-
Que non se axusta aos principios da legalidade.
-
Que é inmoral e deshonesto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en San Pedro do Incio (O Incio). Edificado en 1485 por Rui Sánchez de Orozco, reconstruíuse en 1550, e despois, en 1730, por Rodrigo Ozores e Losada. Ten planta en forma de L e dous pisos en altura cunha escalinata de acceso. Conserva unha torre pegada de planta cadrada, unha capela independente de planta circular con cúpula e lanterna e cun pequeno retablo barroco, e diversas construcións adxectivas como o pombal e os alpendres. No exterior destacan a muralla e a porta de acceso cos brasóns que aluden ás familias Ribadeneira, Somoza, Losada e Quiroga.
-
-
Que se desvela do sono.
-
Relativo ou pertencente á fase final do sono.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non ten ningunha interrupción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que non se pode romper.
-
PERSOEIRO
Rei de Roma (715-673 a C). Segundo a tradición, sucedeu a Rómulo por designación do Senado. Atribuíronselle todas as institucións relixiosas de Roma e a fixación das normas do dereito sagrado e do calendario, que distingue entre días fastos e nefastos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización Mundial da Propiedade Intelectual.
-
PERSOEIRO
Político francés. Ao servizo do goberno francés no exilio do xeneral Charles de Gaulle, foi funcionario do Consello do Estado (1946-1954) e director xeral da banca Rothschild (1956-1958). Despois de ser xefe do gabinete do presidente De Gaulle (1958-1959), volveu ao seu cargo na banca. Foi primeiro ministro (1962-1968) e, ao retirarse De Gaulle, presidente da república (1969-1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a todo artista ou obra de estilo academicista que perseguía o éxito oficial. Nun principio era despectivo e aplicábase ao pintor e á pintura que no s XIX francés seguía con brillantez e opulencia esquemas estéticos románticos cando xa triunfara o realismo.
-
-
Relativo ou pertencente aos pompílidos.
-
Insecto da familia dos pompílidos.
-
Familia de insectos, da orde dos himenópteros, que miden entre 5 e 50 mm e son de cor variable con reflexos metálicos. Cazan arañas de gran tamaño, que utilizan como nutriente das larvas.
-