"Oise" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 54.

  • PERSOEIRO

    Industrial ceramista. Principiou a súa experiencia laboral na Alemaña onde fundou unha fábrica na que decoraba a louza que comercializaba posteriormente. No 1922 trasladouse a Vigo, onde montou un obradoiro de cerámica. No 1939 anovou a fábrica, introducindo métodos industriais. Na década dos cincuenta e sesenta, sucedeu a Manuel Álvarez Pérez na dirección do Grupo de Empresas Álvarez e chegou a controlar o 40% da produción de porcelana de España e o 70% da de louza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conspiración dos hugonotes que tivo lugar no 1560 durante as guerras de relixión francesas, aproveitando a minoría de idade do Rei Francisco II. Godofredo de Barri de la Renaudie, cabeza hugonote da conspiración, pretendía substraer a Francisco II da influencia do Partido Católico, capitaneado por Francisco I de Lorena. O complot denunciouse e La Renaudie morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal e home de estado francés. Bispo de Montalbán (1484), Arcebispo de Narbona (1492) e de Ruán (1493), Cardeal (1498) e Legado Papal en Francia. Colaborou eficazmente na política italiana de Luís XII; dirixiu as negociacións con Florencia e interveu nos tratos con Venecia e o Papa Alexandre VI, preliminares á anexión do Milanesado. Asistiu ao Convenio de Savona entre o soberano francés e Fernando II de Aragón (1507). Promulgou as Ordenanzas de Blois (1499), compilación dos costumes franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xograr normando, autor en lingua francesa da Estoire de la guerre sainte, crónica da Terceira Cruzada. Probablemente o autor acompañase a Ricardo I de Inglaterra á Terra Santa. É tamén posible que a crónica se inspirase nunha narración normanda máis antiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou marquesa de Maintenon (Niort 1635 - Saint-Cyr 1719) Escritora e dama da corte de Luís XIV de Francia. Casada co poeta Scarron, tivo un salón moi célebre e encargóuselle a educación dos fillos do Rei e Madame de Montespan. Viúva, contraeu matrimonio morganático (1648) con Luís XIV. Exerceu unha grande influencia na política relixiosa do monarca. Os seus conceptos pedagóxicos, inspirados nun moralismo ríxido, están recollidos nas súas Lettres (Cartas).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bebida quente feita con xema de ovo, azucre, te e leite, e aromatizada con ron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Idaho, EE UU, á beira do río Boise (125.740 h [1990]). Trátase dun núcleo industrial. A cidade foi fundada no ano 1863 a raíz do descubrimento de xacementos de ouro na rexión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político francés, vizconde de Bonald. Exiliado durante a revolución, volveu na época do Directorio. Foi ministro de Estado (1822) e par de Francia (1823). Vangardista do pensamento contrarrevolucionario, do lexitimismo e do tradicionalismo filosófico, as súas obras máis importantes son Théorie du pouvoir politique et religieux (Teoría do poder político e relixioso, 1796), Essai analytique sur les lois naturelles de l’ordre social (Ensaio analítico sobre as leis naturais da orde social, 1800) e Démonstration philosophique du principe constitutif de la société (Demostración filosófica do principio constitutivo da sociedade, 1830).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación dos temas chineses con intencións decorativas, moi habitual na arte europea, sobre todo no s XVIII. O gusto chinés introducírono as compañías de Indias orientais que traían os produtos a Europa. Reducíanse a unha recreación occidentalizada de formas, temas e motivos decorativos orixinariamente chinos, sobre todo no campo das artes menores, como a porcelana de Delft e a tapicería dos Gobelinos, segundo os debuxos de Boucherm. Tamén se amosou na arquitectura, na construción de xardíns ingleses e pagodes, como a do parque de Nymphenburg e outras construcións como a casa do té en Postdam (1754-1757), o pavillón de Drottningholm en Suecia (1763-1769), e a Palazzina a Favorita en Palermo (1799). No eido da pintura estes motivos empregounos Watteau na serie de Figures chinoises et tartares (Figuras chinesas e tártaras, 1710?) e Boucher no libro Livre des Chinois (Libro dos chineses), que recollía os decorados para o ballet de Noverre Les Fêtes Chinoises.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre Ambroise François Choderlos de Laclos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa da Melanesia, no arquipélago das illas Salomón, de orixe volcánica (5.850 km2), ao L de Nova Guinea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe feudal da Champagne. Durante o s XVII foron marqueses e duques de Praslin, condes de Chevigny, pares de Francia e condes do Imperio Francés no 1810. Entre os seus membros destacan Étienne François de Choiseul e César Gabriel de Choiseul (París 1712-1785), curmán do anterior, que foi ministro de Estado (1761) e da Mariña e Colonias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político francés, duque de Choiseul e conde de Stainville. Iniciou a súa carreira política en 1753, baixo a protección de Madame de Pompadour. Dirixiu a política francesa entre 1758 e 1770 desde diversos cargos. Concluíu o Pacto de Familia de 1761 cos Borbón de España, refixo o exército e a armada, incorporou a Lorena (1766) e fixo expulsar os xesuítas de Francia (1764).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Claire-Josèphe-Hippolyte Léris de la Tule.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado francés. Coñecido como Adolphe Crémieux, foi elixido deputado en 1842 e adscribiuse ao grupo da extrema esquerda. Participou na revolución de 1848 e foi ministro de Xustiza do goberno provisional (1848-1849) e do goberno de Defensa Nacional (1870-1871). Foi un dos líderes do movemento xudeu en Francia, acadou o recoñecemento da cidadanía para os xudeus de Alxeria e contribuíu á fundación da Alianza Universal Israelita, da que foi presidente (1863-1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óleo de Picasso realizado en París entre 1906 e 1907 que se conserva no MOMA (Museum of Modern Art) de Nova York. Representa a cinco prostitutas dun bordel parisiense. Foi a obra que iniciou o cubismo. Rompeu coa perspectiva que dominaba na arte occidental dende o Renacemento ao introducir os diferentes puntos de vista e abandonar a visión monofocal cos diversos planos de carácter xeométrico e coa pincelada libre. Non se expuxo publicamente ata 1916 e mesmo contou cun certo rexeitamento inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política. Destacou polo seu labor en favor das mulleres. Compartiu as ideas de Saint-Simon, uniuse á escola de Fourier, foi membro da Liga dos Comunistas de Marx e Engels, e participou na Revolución de 1848. Fundou os xornais La Politique des Femmes e L’Opinion des Femmes e, xunto a Pauline Roland, o Club d’Emancipation des Femmes. Publicou Almanach des femmes (Almanaque das mulleres, 1851-1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Membro da Segunda Escola de Fointainebleau, foi pintor de Maria de Medici e pintor de cámara de Enrique IV. Realizou unha obra de características manieristas. Entre as súas obras destaca a decoración do Château de Fointainebleau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marie-Françoise Marchand.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora, filla de Antoine Duparc. Discípula de Van Loo, especializouse na realización de retratos realistas. Cómpre destacar a súa obra A muller que calceta.

    VER O DETALLE DO TERMO