"Opole" (Contén)
Mostrando 15 resultados de 15.
-
-
Nas cidades da Grecia antiga, parte alta, a miúdo sobre un outeiro ou outra elevación, onde xa se edificara a cidade de época micénica, empregada, sobre todo, como centro de cultos relixiosos e cívicos e como lugar de defensa en momentos de perigo. Comprendía as construcións palacianas e edificios relixiosos máis importantes. As acrópoles máis salientables son a de Corinto, no Peloponeso; a de Sunion, na Ática; as de Tebas e Queronea, na Beocia; e a de Atenas, a máis completa e mellor coñecida na actualidade, que, despois de acadar o seu máximo esplendor no chamado século de Pericles (V a C), sufriu abundantes estragos, saqueos e incendios.
-
croa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte máis elevada da antiga Atenas, situada nunha penichaira calcaria, a 100 m sobre o nivel da cidade. As orixes do establecemento humano na Acrópole remóntanse á época neolítica, pero é no período micénico cando se rodea de muralla por vez primeira (s XV a C). En tempos da invasión doria reconstruíuse a muralla con bloques ciclópeos: é o valado pelásxico, do que se conservan fragmentos. Durante a Segunda Guerra Médica (s V a C) os persas tomaron facilmente a praza destruíndoa. Coas ruínas Temístocles reconstruíu os muros, mercede ao cal conserváronse os restos da decoración do Partenón antigo e unha serie de estatuas, das que salientan as korai ou doncelas do estilo arcaico nas capas estratigráficas do denominado substrato persa. Na súa época de máximo esplendor (mediados do s V), Pericles fixo trasladar o tesouro da confederación de Delos a Atenas, dedicándose a construír con este fondo un conxunto monumental, del só conservamos restos, designando a Fidias director...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo da cidade de Edirne, Turquía, onde en 1829 se asinou o Tratado de Adrianópole, que deu autonomía a Grecia, Serbia e ás provincias romanesas verbo do Imperio Otomano.
-
XACEMENTOS
Xacemento situado na praia do Carreiro (O Grove). Conserva restos de sartegos de pedra antropoides, restos de época romana e os alicerces do que sería unha igrexa visigótica e a súa necrópole adxacente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Polímero de substancias semellantes aos carotenoides, que confire unha gran resistencia á parede dos grans de pole e das esporas de determinadas especies vexetais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto megalítico situado en Terra Chá. Están contabilizadas vinte mámoas, con cámaras de tamaño reducido. Dous dos dolmens construíronse con cachotería seca nunha parte do corredor. Nas escavacións atopáronse obxectos como machadas, micrólitos trapezoidais e cerámica lisa, incisa e campaniforme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de monumentos megalíticos situado en Muíños, datados cara a 2600 a C. Destacan dous dolmens coñecidos como Casiña da Moura e Casola do Foxo. O primeiro trasladouse da súa localización orixinal e conserva unha cámara funeraria de forma poligonal cun corredor de tipo curto. Está formado por sete chantas e a tampa, ao igual ca a Casola do Foxo, que presenta cámara poligonal simple e cuberta. Neste lugar localizaouse un enxoval, do que destacan os restos de cerámica campaniforme.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole cristiá situada en Monterrei. Foi descuberta en 1985 e datouse aproximadamente no s VI. Está composta por varios sartegos antropomorfos exentos realizados en granito e provistos, nalgúns casos, de tampa decorada e inscricións laterais, e que presentan diferentes tamaños, segundo pertencesen a un adulto ou a un neno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de metrópoles que forman unha enorme aglomeración urbana. Este termo foi empregado polo xeógrafo Jean Gottmann para designar a fachada marítima do NL de EE UU, que, ao longo duns 800 km de lonxitude, se estende desde Boston ata Washington, pasando por Nova York, Philadelphia e Baltimore. Pódese asimilar o concepto de megalópole ao de conurbación. Tamén é unha megalópole a unión que resulta do crecemento independente de diversas conurbacións, que configuran un espazo de decenas ou centenares de km.
-
-
Cidade de orixe para as antigas colonias gregas.
-
Cidade principal dunha comarca ou dun estado.
-
Estado colonizador con respecto ás súas colonias.
-
Cabeza de provincia eclesiástica, que ten o arcebispado.
-
-
-
Conxunto de sepulcros anteriores á era cristiá. Designou primeiramente os sepulcros de Alexandría en Exipto, pero empregouse posteriormente para referirse aos cemiterios de época prehistórica ou antiga, que constitúen unha das fontes de documentación estudadas polos arqueólogos. Os enterramentos poden ser individuais, de parella ou familia nuclear, ou colectivos de grupo ou clan, segundo as culturas e as épocas. Antes do cristianismo, todos os pobos crían que era indispensable para a vida futura que os mortos dispuxesen de elementos iguais aos que usaran en vida, como comida, armas e, nas civilizacións clásicas, moedas e lámpadas.
-
Cemiterio de grandes dimensións onde abundan os monumentos fúnebres.
-
-
CAPITAIS
Capital do voivodato de Opolskie, Polonia, situada á beira do Oder (128.927 h [estim 2000]). Capital do ducado de Opole, en 1532 pasou a ser posesión dos Austrias e en 1742 de Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia resinosa ou gomosa que as abellas recollen das xemas dalgunhas árbores e que empregan para tapar os buracos ou as fendas das colmeas e para recubrir o corpo de pequenos animais ou dos insectos grandes mortos dentro da colmea e que non poden levar fóra, evitando a putrefacción. Ten propiedades antisépticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole megalítica situada no concello do Incio, nunha chaira en que se localizaron un total de 24 mámoas, das que 11 presentan restos de estruturas megalíticas. O dolmen que se atopa nun mellor estado de conservación conta cunha cámara de 5,60 m de lonxitude e 2,80 m de diámetro, que está constituída por nove lousas chantadas pero carece de cuberta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Necrópole de túmulos situada en Macedonia (Grecia), na localidade homónima. En 1977 descubriuse un importante monumento funerario, de finais do s IV a C, que se considerou a tumba do Rei Filipe II de Macedonia e da súa derradeira esposa, Cleopatra.