"Ourente" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Pontevedra baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo masculino Orente.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Outes baixo a advocación de santo Ourente.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Outes. Construída no s XVIII, conserva no seu interior os restos de san Campio traídos desde Roma en 1774 á igrexa de Santa María a Real ou Santa Tasia de Outes. Venéranse nunha furna de 1801 situada no altar maior, sobre a que aparece unha imaxe do santo. Ten planta de cruz latina e cuberta abovedada con cúpula no cruceiro. No interior destacan o retablo maior (1796), obra de Xosé Ferreiro, do que só se conserva a imaxe de santo Ourente. O escultor noiés tamén realizou os retablos da Nosa Señora do Rosario, san Francisco Xavier e a Soidade. No exterior, destacan a escalinata, a torre de tres corpos coroados por unha cruz e o adro. Celébranse dúas festas, o primeiro domingo de xullo e a romaría do 29 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo convento situado en Mondoñedo. Fundouse en 1378 e pertenceu á Orde Terceira de San Francisco. Remodelouse no s XVIII e estivo ocupado polos irmáns pasionistas (1884-1964). A igrexa ten unha soa nave con tres tramos con cuberta gótica e cúpula con lanterna do s XVIII. A fachada é barroca e nela destaca a torre lateral con dous corpos e rematada nunha cúpula. Ten un claustro de planta rectangular con dous pisos, o inferior con arcos e o superior con ventás. Conserva tamén a antiga cociña e a escaleira principal do s XVIII.