"Oyo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 36.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Cáceres, Extremadura, na comarca do Campo de Cáceres (6.645 h [1996]). De base económica agrícola, salientan, entre o seu patrimonio cultural, a igrexa parroquial (ss XV-XVI) e diferentes restos íberos e medievais.
VER O DETALLE DO TERMO -
ESPA¥A
Concello da provincia de Badajoz, Extremadura, nas Vegas Bajas do Guadiana (4.028 h [1996]). Agricultura mediterránea (cereais, vide e oliveiras) e industria agropecuaria (fariñas e bebidas alcohólicas). Ten importantes minas de ferro.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Dominaba a versificación e a metáfora. Escribiu un poema latino en honor do humanista Álvaro Cadaval Valladares de Sotomayor. Segundo Murguía, escribiu o tratado De sacramentis.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escritor. En 1958 exiliouse voluntariamente en París. Nun principio alternou as profesións de pintor e periodista. O seu expresionismo inicial evolucionou cara a un realismo crítico, que recorre á manipulación de imaxes. As súas últimas pinturas reivindican a Picabia. Completou a súa actividade artística coa realización de esculturas. É autor da obra literaria Sardinas en aceite (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano norteamericana. En 1959 gañou un concurso convocado polo Metropolitan de Nova York decisivo para a súa carreira; obtivo éxitos sonados nos escenarios de Milán, Londres e París. Está especializada en personaxes de Verdi.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Los Ríos, Ecuador, á beira do río Babahoyo, cerca da confluencia co Guayas (50.285 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia de Los Ríos, Ecuador, á beira do río Babahoyo, cerca da confluencia co Guayas (50.285 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Conde de Peña Ramiro e membro do Partido Conservador, exerceu como deputado por Palma de Mallorca (1866) e Becerreá (1907). Foi tamén senador vitalicio desde 1897 e gobernador civil de Madrid en dúas ocasións.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, localizado nos contrafortes de Sierra Morena e drenado polos ríos Viar e Rivera de Cala (4.457 h [1996]). A agricultura de secaño, especialmente as oliveiras e os cereais, así como a gandería porcina e ovina, son as principais actividades económicas. O sector industrial potenciouse coa creación dunha unidade básica de información empresarial. Entre os seus monumentos destacan a igrexa de El Divino Salvador dos ss XVI e XVII e o santuario de San Benito, patrón de Castilblanco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en Vigo en 1986 subtitulada “Revista de Coya”. A partir do seu terceiro número pasou a denominarse “Revista Independiente Popular”. Aínda que variaban as seccións en cada número, mantíñanse os apartados “Editorial” e “Laboral”, nos que aparecían demandas e ofertas de emprego, así como artigos sobre a situación laboral do momento. En 1990 incluíu colaboracións con entidades de Euskadi e de Portugal. Os primeiros números estaban escritos en castelán, con algún artigo en galego, pero a partir do sexto a publicación editouse integramente en galego.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Prateiro. Entre as súa obras destaca unha cruz procesional con figuras de santa María, san Xoán, san Pedro, san Bertomeu e san Roque, realizada para a igrexa de San Pedro de Trasalba (Amoeiro, 1612).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e profesor. Licenciouse en Matemáticas e Ciencias Económicas e Empresariais e doutorouse en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1977). Profesor no departamento de Historia Económica da Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en diversas revistas, como Museo de Pontevedra, Estudios migratorios, Grial, Revista galega de estudios agrarios, e volumes colectivos como Historia de las mujeres de occidente (1991), Galicia e América: cinco siglos de historia (1992) e Terra e progreso: historia agraria da Galicia (2000). Publicou A ilustración e a sociedade galega: a visión de Galicia dos economistas ilustrados (1978), Crisis agrarias y crecimiento económico en Galicia en el siglo XIX (1981), con Mª Xosé Rodríguez Galdo, e El declive de la mortalidad en España, 1860-1930 (1999), con David-Sven Reher, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Noyon (641-659). Tamén coñecido como santo Eloi, traballou como ourive do Rei Clotario II. Na corte merovinxia chegou a ser ministro de Dagoberto I, amais de tesoureiro real. No 639, trala morte deste último rei, deixou a corte, ordenouse sacerdote e foi consagrado bispo de Noyon en maio de 641. É patrón dos ourives, douradores, ferreiros, arrieiros, etc, e a súa festividade celébrase o 1 de decembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luís Gutiérrez del Arroyo Cebreiro (15.8.1877- 12.1.1938) Profesor. Licenciado en Ciencias Exactas, foi profesor da Institución Libre de Enseñanza (ILE), onde deu clases de aritmética, álxebra, xeometría, trigonometía e nocións de cálculo diferencial e integral, e xeometría analítica. Asistiu en Madrid (1916), xunto con Gumersindo de Azcárate e Manuel Bartolomé Cossío, á creación da Fundación Francisco Giner de los Ríos. Traduciu libros de autores estranxeiros, e publicou Aritmética de 1º, 2º y 3º grado (1916), Aritmética, grado 2º... en Libro Escolar, volumes 1º, 2º e 3º, e Enseñanza de la aritmética y del cálculo mental (1641). A súa irmá, Consuelo Gutiérrez del Arroyo Cebreiro , foi profesora da ILE e directora das colonias de vacacións dos antigos alumnos da ILE, e o seu irmán, Xosé Gutiérrez del Arroyo Cebreiro , mestre en Meis e Ponteareas, profesor da colonia de vacacións do Museo Pedagógico...
-
MUNICIPIOS
Municipio da Comunidad de Madrid, situado ao S da serra de Guadarrama (6.175 h [2001]). A economía é principalmente agrícola, aínda que tamén destaca a apicultura e a gandería. É un centro de veraneo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela-León, situado en Tierra de Pinares (2.345 h [2001]). A agricultura e a gandería (lanar e porcina) constitúen os recursos económicos principais do termo. Na industria destaca a fabricación de tubos de cemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailadora. Debutou moi nova en varios locais flamencos, ata que en 1968 entrou na compañía de Antonio Gades, na que permaneceu ata 1988. Posteriormente, fundou a súa propia compañía de baile. Entre os espectáculos e filmes nos que participou, cómpre destacar Bodas de Sangre (1981), Carmen (1983), El amor brujo (1985), Montoyas y Tarantos (1989), Yerma (1992) ou Tierra Adentro (2002). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Danza (1991), a Medalla de Oro de Andalucía (1991) e foi nomeada Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formouse como escultor en Madrid, Barcelona e París, onde foi amigo de Max Jacob e Modigliani. Acusou a influencia do cubismo e creou o chamado planismo a comezos da década de 1920. Desde entón interesouse polo tema do circo, que tratou nun estilo próximo á inxenuidade de cores puras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Alicia Alonso, en 1938 debutou en Broadway en diversos musicais, como Great Lady e Star in your eyes. En 1940 incorporouse ao Ballet Theatre of New York, co que lanzou a súa carreira e traballou con importantes personalidades da danza como Mijail Fokine, Leónide Massine ou Bronislava Nijinska. En 1948 fundou en La Habana o Ballet Alicia Alonso, que en 1959 tomou o nome de Ballet Nacional de Cuba, do que foi a directora e prima ballerina assoluta. Recibiu a Encomienda de la Orden de Isabel la Católica (1993), a medalla de ouro do Círculo de Bellas Artes de Madrid (1998), a Medalla Pablo Picasso da UNESCO (1999) e o Premio Benois da Danza (2000). En 2002 foi nomeada embaixadora da República de Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Oaxaca, México, situada no extremo N da Sierra Madre en Chiapas (1.225.972 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO