"PAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 81.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘casamento’.
-
-
Acción e efecto de agrupar ou agruparse.
-
Unidade asociativa dentro da organización escolar, na que os rapaces e rapazas de todas as idades atopan a continuidade e a coordinación que esixe o proceso educativo.
-
División do intervalo que comprende todas as observacións dunha serie estatística en pequenos intervalos iguais. Cada un destes intervalos constitúe unha clase. O número de observacións dentro dunha clase chámase frecuencia deste intervalo.
-
Proba de tiro con arma de fogo (carabina, pistola, etc) consistente en reunir ao redor dunha referencia escollida o maior número de impactos cunha provisión de municións dada.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento de cooperación europea, constituído por persoas ou empresas pertencentes a dous ou máis estados. Os membros son responsables solidaria e ilimitadamente.
-
PERSOEIRO
Musicólogo e eclesiástico. Dende 1943 foi director do Instituto Español de Musicología do CSIC e, dende 1947, presidente do Instituto Pontificio de Música Sacra de Roma. A súa obra de musicólogo é moi extensa e abrangue case toda a historia da música española. Os seus traballos foron recollidos no volume Hyginii Anglès Studia Musicologica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín da Asociación de Pais de Alumnos do Colexio dos Hermanos Maristas de Ourense, aparecida nesta cidade no ano 1981.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Siria, sobre o río Orontes, fundación dos selxúcidas. No 188 a C tivo lugar nela o asinamento da paz entre Antíoco III e o exército romano, o seu vencedor.
-
-
de apampar.
-
Individuo pouco desenvolvido intelectualmente.
-
Sorprendido por algún feito inesperado ou insólito.
-
-
-
Quedar unha persoa coas facultades mentais diminuídas.
-
Quedar abraiado ou sorprendido por un feito extraordinario ou inesperado.
-
-
-
Acción de acampar.
-
Lugar habilitado ou conxunto de instalacións necesarias para vivir un grupo de persoas ao aire libre e temporalmente.
-
Actividade do servizo militar na que os soldados abandonan o cuartel para recibir a instrución e vivir ao aire libre.
-
Construción defensiva edificada polo exército romano para albergar diferentes corpos militares distribuídos en tendas ou noutras estruturas máis sólidas. Co tempo, o carácter itinerante dos primeiros campamentos que se levantaban cada noite durante as campañas, abandonouse en favor dunha permanencia temporal maior. Os campamentos estables situábanse nos puntos conflitivos das fronteiras ou como puntos de control nalgunha calzada, elixindo espacios chans e abertos para evitar ataques por sorpresa e buscando a proximidade dos cursos de auga para beber e como desaugadoiro. Existía un modelo construtivo xeral que seguían todos os campamentos. A planta, de forma cuadrangular ou rectangular, dispuña dunha muralla ou vallum de pedra ou madeira rodeada por un foso. Como reforzo das defensas, colocábanse torres nos ángulos, nas portas e nas murallas. O interior organizábase en dúas rúas: a transversal ou vía principalis, que dividía o campamento nunha parte anterior ou praetura e outra posterior...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuchamel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado clorado do nitrazepam que se presenta en cristais de cor case branca que se forman a 237°C. Emprégase en medicina como anticonvulsivo no tratamento da epilepsia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de decampar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de destripar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Neurotransmisor do sistema nervioso vexetativo simpático, do grupo das catecolaminas, derivado do aminoácido tirosina. É o precursor inmediato da noradrenalina. Orixínase nas células nerviosas a partir da dopa e está en concentración elevada na parte media do hipotálamo e no corte pituitario. Crese que está relacionada coa función motora, posto que na enfermidade de Parkinson o contido de dopamina é o 50% do normal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de enchoupar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de encrespar ou de encresparse.
-
PERSOEIRO
Primeiro rei de Pamplona (824? - 852), fillo de Íñigo Ximénez. Coñecido como Eneco Aritza, estaba emparentado cos Banū-Qasī de Tudela polo segundo matrimonio da súa nai. Loitou contra ‘Abd al Ra ḥ mān II e enfrontouse aos navarros, aliados dos francos, encabezados pola familia dos Velasco. Despois de derrotar nunha emboscada os condes francos enviados por Ludovico Pío, impúxose como soberano independente. Estableceu sólidos vínculos cos señores veciños, mediante os matrimonios das súas fillas, Assona, con Mūsà ibn Fortún e, Nunila, con García Galíndez o Malo, conde de Aragón. Cando enfermou (841), o seu fillo García Iñiguez dirixiu a rexencia e continuou a política de alianzas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e maxistrado grego. Educouse na escola pitagórica. No 379 participou na expulsión dos espartanos da cidadela de Tebas xunto con Pelópidas e derrotaron os espartanos en Leutra (371), mediante o emprego da orde de batalla oblicua. Consolidou a hexemonía de Tebas sobre Esparta na Beocia e invadiu o Peloponeso, onde liberou Mesenia, Arcadia e Argos do dominio espartano. Organizou unha liga de cidades dependentes de Tebas, coas que controlou a Grecia Central. Deixou o mando das accións militares durante algún tempo polas acusacións dos seus inimigos, pero retomou a dirección do exército e marchou ao Peloponeso e destruíu Laconia. Estableceu unha alianza co rei de Persia e creou unha poderosa flota, coa que sublevou as cidades da Segunda Liga Ateniense contra Atenas. Derrotou os atenienses e os espartanos en Mantinea.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción de equipar.
-
-
Conxunto de cousas necesarias para que algo funcione.
-
bens de equipamento
Conxunto de bens materiais, tales como plantas industriais, maquinaria, instalacións, servicios, etc, necesarios para o funcionamento dunha unidade de produción. Equivale ao concepto de capital fixo.
-
equipamento urbano
Espacio urbanizado, edificado ou non, destinado a usos públicos (educativos, sanitarios, culturais, recreativos, de abastecemento e de transportes). Os equipamentos constitúen elementos fundamentais para a mellora da calidade de vida dos cidadáns, ao lles permitir o seu enriquecimento cultural, a mobilidade, o acceso ao ensino e á asistencia sanitaria, e ao incrementar as alternativas para o emprego do tempo de ocio. Normalmente, as áreas destinadas a estes usos localízanse na periferia das cidades, onde o prezo do solo é máis alcanzable e onde resulta posible acondicionar as infraestruturas precisas para un acceso ás instalacións masivo, cómodo e rápido. En moitas ocasións, a inauguración dun determinado tipo de equipamento provoca unha revalorización da área en que se localiza, que experimenta un incremento da cobertura de servicios privados en función da cantidade de usuarios e da frecuencia coa que se utiliza a instalación, e tamén do propio carácter do centro. O desenvolvemento destas...
-
-
-
PERSOEIRO
Rei de Pamplona (870-905), fillo de García I. De nome Fortún Garcés, foi aprisionado en Al-Kastil polo emir Muhammad I de Córdoba, onde permaneceu ata a súa liberación no 879. No 905 renunciou á coroa, que semella cedeu en favor do seu bisneto García de Pamplona, e profesou como monxe no mosteiro de Leyre.
VER O DETALLE DO TERMO