"Parla" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 25.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é contrario ao sistema parlamentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aversión aos usos, institucións, etc, propios do sistema parlamentario.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que reciben diversas reunións extraoficiais de deputados e senadores que tiveron lugar en Barcelona e Madrid entre xullo e outubro de 1917. Foi unha resposta á crise producida pola fin da Primeira Guerra Mundial, o aumento da desocupación, o triunfo da Revolución Rusa, o descontento das forzas armadas ante a arbitrariedade que dominaba no funcionamento interno e que deu lugar ás xuntas militares de defensa, e a presión, dos nacionalistas cataláns, dos republicanos e dalgúns monárquicos para romper o sistema de quendas no poder e acadar reformas políticas, económicas e sociais. O encarceramento dos dirixentes das xuntas militares fixo caer o goberno de García Prieto (10 de xuño). O poder pasou a mans do conservador Dato, quen, faltándolle a maioría, pechou as Cortes, suspendeu as garantías constitucionais e instaurou a censura de prensa. Baixo a iniciativa da Lliga Rexionalista, o 5 de xullo celebrouse en Barcelona unha asemblea de senadores e deputados de Catalunya á que asistiron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo constituído o 25 de xullo de 1977 polos deputados e senadores electos das circunscricións de Galicia nas eleccións ás Cortes Constituíntes celebradas en xuño de 1977. Presidida por Antonio Rosón Pérez, elaborou o proxecto do réxime de preautonomía, aprobado por unanimidade dos seus membros, que lle entregaron ao Presidente do Goberno, Adolfo Suárez González, o 27 de outubro de 1977. O 16 de decembro de 1978, a Asemblea de Parlamentarios acordou nomear unha comisión de dezaseis persoas para redactar o anteproxecto do Estatuto de Autonomía para Galicia. O 5 de maio de 1979, a Asemblea constituíu unha comisión de nove persoas encargada de elaborar o proxecto definitivo sobre a base do anteproxecto anterior. O 25 de xuño de 1979 a Comisión dos nove entregoulle á Asemblea o seu Proxecto de Estatuto, que foi aprobado por unanimidade e entregado ao Presidente das Cortes Españolas o 28 de xuño dese ano, no cabodano do plebiscito de 1936. O 25 de setembro de 1979 nomeouse unha comisión encargada...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Consello de Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Biblioteca pública fundada no 1948 en Toquio. Ten o depósito das publicacións xaponesas. Tamén conserva as publicacións do goberno dos EE UU e constitúe o centro xaponés de intercambio e información de libros. Está dividida en sete departamentos e noutras 35 bibliotecas espalladas polos aparatos executivos e xudiciais do goberno, totalizando un conxunto de 3.900.000 volumes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín de carácter oficial editada polo Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela a partir do 1 de febreiro de 1982. O primeiro número referíase á primeira lexislatura, en 1981. Esta publicación bilingüe incluía seccións como “Índice”, “Decretos”, “Comisións”, “Acordos”, “Disposicións”, “Enmendas”, “Artigos”, etc. Tiña unha periodicidade irregular.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada polo grupo parlamentario dos Socialistas de Galicia en 1984 en Santiago de Compostela. Redactada en galego por Pedro Rei Suárez e Pablo Sande García, contaba coa colaboración fotográfica de Fernando Bellas. Incluía diversos artigos de carácter político, relacionados fundamentalmente coa actividade do Parlamento de Galicia; entre eles, “Dous anos de vida política galega vista dende o parlamento”, “A lei de normalización lingüística”, “A pesca” e “As leis de presupostos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Membro do Parlamento Europeo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está fóra ou á marxe do Parlamento, especialmente un grupo político.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se realiza entre os órganos parlamentarios ou lexislativos de varios países ou que os relaciona.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado na área metropolitana da capital (79.213 h [2001]). Constitúe unha cidade dormitorio.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Asento, xeralmente de pedra, situado nos ocos das ventás ou a carón delas e das portas, onde senta a xente a conversar.
-
-
Acto de conversar.
-
Reunión de persoas que se xuntan para conversar.
-
-
-
-
Entrar en negociacións para arranxar un asunto, negociar a paz ou unhas capitulacións.
-
Conversar unhas persoas con outras para chegar a un acordo.
-
-
-
Persoa encargada de negociar un acordo co inimigo ou adversario.
-
-
Relativo ou pertencente ao parlamento.
-
Membro dun parlamento.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Réxime político en que o parlamento, elixido democraticamente, é o eixe da vida política e a principal fonte de poder. É característico da maioría de estados da Europa Occidental. O réxime está presidido por un xefe de estado sen responsabilidade política. Ademais, o apoio do parlamento é imprescindible para que o goberno se poida manter no poder xa que o parlamento lexitima a autoridade do goberno. De feito, nun réxime parlamentario, o goberno é, en certa maneira, unha comisión parlamentaria, encargada de elaborar e presentar, para a súa aprobación, os orzamentos do estado e todas as medidas lexislativas para gobernalo, aínda que o parlamento controla e limita esa liberdade de acción. O exemplo máis puro dun réxime parlamentario é Reino Unido: o xefe de estado, o monarca, limítase a recoñecer a situación política definida polos resultados electorais e o partido que consegue a maioría dos escanos nas eleccións forma o goberno. Aínda que, en teoría, o parlamento é protagonista dos réximes...
-
-
Relativo ou pertencente ao parlamentarismo.
-
Partidario do parlamentarismo.
-
-
-
Acción de parlamentar.
-
-
Asemblea lexislativa dun estado, dunha nación ou dunha rexión cuns poderes que son regulados, xeralmente, pola constitución. Adoita estar formada por unha soa cámara (unicameralismo), sobre todo nos réximes centralistas ou unitarios, ou máis frecuentemente por dúas (bicameralismo), nos sistemas de estados federais. A cámara baixa é elixida por sufraxio universal directo, e a cámara alta, normalmente por sufraxio indirecto. O parlamento é, daquela, o órgano máis importante de representación dos cidadáns. As súas funcións lexislativas inclúen, entre outras, a de estudar os proxectos de lei do goberno, emendalos e votalos, propor outras medidas lexislativas e aprobar os orzamentos do estado. Para ser aprobada, unha lei ten que obter a maioría dos votos da cámara baixa e, nos estados que teñen parlamentos bicamerais, tamén da cámara alta. Nalgúns casos, a disciplina dos partidos políticos regula o comportamento dos deputados ata o punto de que o resultado da maioría das votacións é previsible...
-
Asemblea convocada polo rei co fin de chegar a acordos e obter favor, consello e axuda dos estamentos.
-
Edificio que é sede da asemblea lexislativa dunha rexión, estado ou nación.
-
-
Discurso oral que realiza unha persoa.
-
Interpretación longa en prosa ou en verso que fai un actor nunha obra teatral.
-
-
ENTRADA LARGA
Asemblea lexislativa configurada pola Constitución española de 1978 en que se delimitaron os sistemas de goberno que deben ter as comunidades autónomas e a súa organización institucional (artigo 152.1) conforme ao modelo estatal no aspecto concreto que se refire ás relacións entre parlamentos (unicamerais) e gobernos autonómicos.
VER O DETALLE DO TERMO
Antecedentes históricos
O Parlamento de Galicia ten a súa orixe máis inmediata no texto de 1981. Un antecedente remoto podería estar no Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887 aprobado polo Partido Republicano Federal, onde se fala, no título V da Asemblea Rexional. Lois Peña Novo referiuse tamén á Asemblea da Mancomunidade Galega, pero foi no democrático contexto de recuperación de liberdades dos pobos da Segunda República Española onde naceron os precedentes inmediatos das presentes institucións autonómicas, sobre todo, no que se aprobou na Asemblea de Concellos de Galicia en 1932 e se plebiscitou de modo afirmativo polo... -
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea lexislativa, con sede en Estrasburgo, que supervisa a acción dos órganos executivos da Unión Europea, como o Consello de Ministros e a Comisión Europea. Elixida de forma directa polos cidadáns dos estados membros desde as primeiras eleccións de 1979, o número de deputados variou en función dos estados membros. Así en 2004 (VI lexislatura) estaba composta por 732, dos que 54 lle corresponden a España. Está composta polo presidente, que dirixe o conxunto das actividades do Parlamento e dos seus órganos e preside as sesións plenarias, as reunións da Mesa e as da Conferencia de Presidentes; a Mesa, composta polo presidente, por 14 vicepresidentes e cinco cuestores, órgano directivo da institución no ámbito regulamentario, competente en materia do presuposto do Parlamento, das cuestións administrativas, de persoal e de organización; e a Conferencia de Presidentes, órgano de dirección política composto polo presidente do Parlamento e os presidentes dos grupos políticos.