"Prada" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Converter un terreo en prado sementando herba nel.
-
PERSOEIRO
Trobador occitano. Consérvanselle dezaseis cancións, un planh sobre a morte de Uc Brunenc, un poema didáctico sobre as virtudes cardinais e un tratado de cetrería duns 4.000 versos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva por armas, en campo de goles, cinco teas ardendo, postas en aspa; bordo de prata, con seis minguantes de goles.
-
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción destacan Discurso de Politeama (1888), Páginas libres (1894), Minúsculas (1901), Horas de lucha (1908) e a póstuma Baladas peruanas (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLOTES
Illote da illa de Sálvora situada na parroquia de Carreira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa situada fronte á illa de Sálvora, pertencente á parroquia de Carreira (Ribeira).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, seis luneis de goles, colocados en dous paus de tres. Outra variante ten, en campo de azul, dous grupos de chamas da súa cor, colocados en pau, arrimados de seis luneis de prata, tres en cada flanco, colocados en pau. Outra ten, en campo de ouro, tres bandas de azul, e brochante e sobre o todo dúas serpes afrontadas coas colas enlazadas na punta, colocadas en orla. Outra, en campo de goles, con cinco grupos de chamas, de prata, colocados en aspa; bordo de goles cargado de seis crecentes de goles, ranversados.
-
PERSOEIRO
Xornalista. Foi unha das figuras máis relevantes do galeguismo en Bos Aires. Cofundou a Asociación Protectora de la Real Academia Gallega en 1919. Creou a revista Acción Gallega (1920), da que foi director, e cofundou o xornal Correo de Galicia (1924). Presidiu a Organización Nacionalista Republicana Gallega (1936-1937) e o Centro Gallego de Bos Aires. Colaborou en diversas publicacións e publicou Encol da nosa Galiza: conferenza (1935). Foi correspondente da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e humorista. Colaborou en diversas publicacións como Blanco y Negro, La Esfera, Faro de Vigo, Galicia de Orense, Nós e La Zarpa. Cultivou o linóleo. Nas súas obras amosou a influencia de C. Sobrino Buhigas e Castelao. Publicou Grabados en Linoleum (1927) e Cartones de Burgos (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Centrou o seu estudo no Franquismo e na represión en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO
Publicou Represión económica e depuración administrativa. Ourense 1936-1942 (2003), Metodoloxía e fontes para o estudo da represión franquista en Galicia (2003), Ourense 1936-1937. Alzamento, guerra e represión (2004) e, con Jesús de Juana, Historia de Galicia (1996) e Historia do mundo contemporáneo 1870-1945 (2002). Violencia política, protesta social e orde pública no Ourense republicano, 2007, La España masacrada, 2010 e No solo represión, 2015.
En 2003 recibiu o I Premio de Investigación Histórica de Galicia Antonio Fraguas con “Ensaio histórico sobre a violencia”. -
PERSOEIRO
Pintor e escultor. Instalado en Lugo desde 1980, experimentou con augaforte, acuarela, técnicas mixtas, óleo e madeira. Realizou esculturas en bronce, metal e aluminio para os pintores e arquitectos Vaquero Turcios e Vaquero Palacios, e traballou para Paradores Nacionales de España. Da súa produción destaca o cadro Panorámica de Ribadeo (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Músico e compositor. Pasou parte da súa infancia e a súa adolescencia en Cambados, onde coñeceu a tradición musical galega. Estudou socioloxía na Université de La Sorbonne de París e tamén harmonía, composición e guitarra. En 1973 comezou as súas actuacións, xunto con outros músicos, na radio e a televisión, e gravou o seu primeiro disco, Vida e Morte (1974), onde musicou poemas de Rosalía, Celso E. Ferreiro e Darío X. Cabana.
VER O DETALLE DO TERMO
En 1975 regresou a España e dedicouse á composición de temas para os seus primeiros discos Rosalía de Castro (1975), Caravel de caraveles (1976), en que recompila numerosas cancións populares galegas; Lelia Doura (1977), Canciones de amor y celda (1979) e Cántico Espiritual (1977), co que iniciou unha serie de concertos por distintos auditorios.... -
ENCORO
Pantano creado pola construción dunha presa sobre o leito do río Xares, situado na parroquia de Prada, no concello da Veiga. Construíuse en 1958 facendo que a aldea de Alberguería quedase asolagada. O encoro ten unha capacidade de 122 hm3 aproveitando un total de 10 km onde o río estaba fortemente encaixado. O encoro pertence á empresa FENOSA.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Árbore monoica, caducifolia, de 10 a 30 m de altura, coa copa ampla; cortiza lisa, agrisada e con fendas, que pola idade, se desprende en placas; follas simples, opostas, pecioladas, palmeadas e divididas en cinco lobos agudos e serrados; flores unisexuais ou hermafroditas de cor amarelo-verdosas en acios paniculados e froitos en disámara. Florece entre abril e maio e os froitos maduran ao final do verán. Vive sobre solos profundos e frescos e é moi resistente ao frío e ás xeadas, alcanzando en Galicia altitudes de ata 1.300 m. É orixinaria do S e centro de Europa. En Galicia é frecuente na parte N e L pero sen chegar a formar masas puras, aparecendo mesturada con bidueiros e outras árbores autóctonas. A súa madeira emprégase en ebanistaría.
-
Árbore dioica, caducifolia, de ata 20 m de altura, coa copa frondosa e redondeada e a cortiza lisa ou finamente fisurada, de follas compostas, opostas, imparipinnadas ou trifolioladas, cos folíolos dentados irregularmente, flores unisexuais, apétalas de cor verde, as masculinas en corimbo e as femininas en acio, e froito en disámara. Florece entre marzo e abril, e os froitos maduran a finais do verán ou no outono. É orixinaria de América do Norte. En Galicia é moi frecuente en paseos, avenidas, parques e xardíns. Cultívase coma planta ornamental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Noveno mes do calendario republicano francés (1792-1806) que corresponde co intervalo que vai do 19 ou 20 de maio ao 19 ou 20 de xuño.
-
-
Extensión de terreo cuberta de prados ou de comunidades herbáceas.
-
Tipo de vexetación herbácea propia das grandes chairas de América do Norte, equivalente á estepa de Europa Oriental.
-