"Quintana" (Contén)

Mostrando 17 resultados de 17.

  • GALICIA

    Político. En 1810 foi elixido deputado pola provincia de Lugo. En 1811 distribuíuse en Cádiz o seu folleto Manifesto que nace a la nación española en general y al Reino de Galicia en particular yo diputado en cortes por la provincia de Lugo, Don Domingo García Quinta, Coruña 1811, escrito polo que a Rexencia ordenou a súa detención. Renunciou ao seu escano en decembro de 1811.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Entrou no servizo diplomático da Santa Sé en 1985 e traballou como secretario nas representacións pontificias de Madagascar, Filipinas e India. En 1989 foi designado asesor para asuntos xerais do Secretario de Estado, en decembro de 2002 arcebispo de Agropolis e en 2003 nuncio apóstolico en India e Nepal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Villanueva del Fresno, Badajoz 12.1.1736 - Ourense 28.3.1818) Relixioso. Bispo de Ourense (1776-1818), Napoleón I Bonaparte convocouno á Asemblea de Baiona (1808) pero negouse a acudir e, iniciada a Guerra da Independencia (1808-1814), formou parte do primeiro Consello de Rexencia española (1810). Polas súas crenzas e actitudes desamigouse dalgúns membros do mesmo e foi desterrado polas Cortes de Cádiz (1812) e privado dos seus cargos e dignidades ata 1814. En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal. Rexeitou os cargos de arcebispo de Sevilla e inquisidor xeral. Recibiu a Gran Cruz de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de periodicidade irregular editada en Santiago de Compostela a partir de outubro de 1962. Cesou en maio de 1965. Promovida polo Departamento de Información do SEU do Distrito Universitario de Santiago, foi dirixida sucesivamente por Xosé R. Ónega, Adolfo Martínez e Federico Pomar. Nela publicáronse os textos premiados no Concurso Nacional Universitario de Poesía, que convocaba o SEU desde 1953.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, drenado polo río Ortiga, afluente do Guadiana (5.087 h [2001]). A súa economía baséase no gando lanar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Interesado pola historia social e económica, a historia das ideoloxías políticas e as súas relacións con cuestións literarias e culturais, como integrante do Grupo Gándara publicou Desenvolvemento económico e transformacións políticas (1945-1975) (1998); ademais escribiu Nacionalismo radical, transición y proceso autonómico en Galicia (1975-1980) (1975), con L. Domínguez Castro, e Ramón Otero Pedrayo: vida, obra e pensamento (1998), con M. Valcárcel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Membro do BNG, foi alcalde de Allariz (1990-2000) e durante o seu mandato o concello recibiu o Premio Europeo de Urbanismo e Planificación Territorial (1994). Contribuíu á unificación das organizacións municipais galegas e foi vicepresidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) entre 1995 e 2000. Senador desde 1999 designado pola comunidade autónoma, foi coordinador da executiva nacional do BNG (2002-2003). Voceiro nacional do BNG desde 2003, foi elixido deputado no Parlamento galego e nomeado vicepresidente da Xunta de Galicia en 2005. É socio de honor da Sociedad Española de Medicina General pola súa contribución á mellora da atención primaria no medio rural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Formouse na Academia General Militar de Zaragoza e acadou o rango de tenente xeral en 1979. Participou na Guerra Civil Española cos regulares de Ceuta e na campaña de Rusia coa División Azul. Estivo destinado no rexemento de Guardia e na Casa Militar de Franco, como secretario xeral. Foi gobernador militar de Pontevedra e da Coruña, director da Academia General Militar de Zaragoza (1973) e capitán xeneral da I Rexión Militar (1979-1982). Durante o Vinte e tres de febreiro (1981) destacou pola súa lealdade á orde constitucional. Morreu asasinado por ETA. Recibiu, entre outros galardóns, a Gran Cruz do Mérito Militar e a Gran Cruz de San Hermenegildo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudou na Escola de Belles Arts de Sant Jordi en Barcelona, onde coñeceu a vangarda. Iniciouse na figuración de corte expresionista ata chegar a unha estética pop, desdebuxada ou decolorada, unha abstracción xestual e expresionista, que logo deu paso a un realismo elíptico moi particular. Pertenceu ao colectivo Atlántica e a partir da década de 1990 reflectiu situacións máis persoais en que a posta en escena superaba o marco do cadro para ir máis alá do representacional. Traballou diferentes estilos de vangarda, buscou a integración de todas as artes e empregou técnicas diversas como o gravado, a pintura mural, o vídeo e a cinematografía. Das súas obras destacan Visións do Prado (1986), O rei Artur (1986-1987), Canal st (1993), Dánae (1995), A mesiña do tapete branco (1997) e Crónica de sociedade (2000). É membro da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Titulado pola Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid (1869), en 1886 instalouse en Vigo, onde foi arquitecto municipal ata 1894. Desde este posto realizou un proxecto para a aduana, que non se realizou, e a rehabilitación do antigo cárcere e pazo de xustiza. Rematou tamén as obras do mercado do Progreso que iniciara B. Gómez Román. Os seus proxectos caracterizáronse polo eclecticismo historicista e pola escolla do estilo segundo a función do edificio, empregando o neogótico nas obras relixiosas. Das súas obras destacan a actual sede da Fundación Caixa Galicia (1891), a casa de M. Núñez Berdiales (1890), a casa de Estanislao Durán (1901), a igrexa de Santiago de Vigo (1891-1907) e a igrexa e o asilo das Irmás dos Anciáns Desemparados (1892-1910). Como arquitecto da diocese de Tui, realizou a igrexa de Santa María de Porriño (1907-1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de México, situado na península de Yucatán (50.212 km2; 874.963 h [2000]). A súa capital é Chetumal (208.164 h [2000]). Limita ao N co golfo de México, ao L co mar das Antillas, ao S con Belize e ao O cos estados de Yucatán e Campeche. É unha extensa chaira composta por rochas calcarias, cun clima tropical, caloroso e húmido. A súa economía baséase na explotación forestal e a poboación é eminentemente rural. Dominada polos maias, foi descuberta por Juan Díaz de Solís e Vicente Yáñez Pinzón (1595), e explorada por Francisco Hernández de Córdoba (1517). A cidade de Salamanca Bacalar, reconstrución da cidade maia no mesmo lugar (1544), converteuse no principal centro urbano e económico. En 1858 caeu baixo o dominio dos indios e en 1901 obtivo o estatuto de federal e o seu nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e xurista. Presidiu a Asamblea Constituyente (1870), o Congreso (1878-1880) e a Republica Arxentina (1904-1906). Enfrontouse a unha revolución (1905) que provocou a Unión Cívica Radical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Discípulo de Meléndez Valdés, a súa influencia maniféstase en Poesías (1788), co que acadou un gran prestixio persoal e literario. Durante a crise de 1808 defendeu a causa nacional e obtivo diversos cargos políticos. Publicou manifestos e proclamas e as súas Poesías patrióticas (1808). Neoclásico e con algúns trazos románticos, empregou a poesía como forma de loita contra a tiranía. Case toda a súa produción é de exaltación patriótica ou de loanza ao progreso e á humanidade. Tamén escribiu dúas traxedias versificadas, antoloxías e estudos sobre a poesía do Século de Ouro e, en prosa, Vidas de españoles célebres (1807, 1830 e 1833).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Praza situada en Santiago de Compostela que pecha a catedral polo leste, á que dan a ábsida, a Porta Santa e a torre do reloxo. Foi urbanizada por Xácome Fernández (1611-1616), quen construíu unha escaleira para unir os dous niveis: o superior ou Quintana de Vivos, e o inferior ou Quintana de Mortos, xa que en orixe era un cemiterio. Está pechada polo L polo muro do convento de San Paio de Antealtares, polo N pola casa da Parra e polo S pola casa da Conga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do Cigüela (9.779 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño, o gando lanar e a industria alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Burgos, Castela e León, situado na vertente meridional dos picos de Urbión e drenado por diversos afluentes do Arlanza (2.026 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e a explotación forestal, ademais do turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, situado ao N de Albacete e drenado polo Valdemembra (6.575 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO