"Ribe" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 141.

  • Liñaxe orixinaria da Limia que se asentou en Andalucía a finais do s XV, entroncando coas familias máis ilustres da Península. Boa parte dos cabaleiros desta liñaxe ingresaron nas Ordes de Santiago, Calatrava e Alcántara. Leva as mesmas armas ca estirpe galega dos Ribeira: tres faixas, en campo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Albalat de Pardines Concello da provincia e Comunitat Valenciana, á esquerda do Xúcar, (3.473 h [1996]). Arroceiros, horta e laranxeiras. Antigo casarío musulmán repoboado por cristiáns (1238). Igrexa do final do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Salamanca, Castela e León (1.741 h [1996]). No ano 1964 construíuse o encoro de Aldeadávila, sobre o Douro, cunha das centrais hidroeléctricas máis importantes da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Científico e político. Licenciado en Química e Matemáticas e enxeñeiro químico pola Universidade de Montpellier; tamén doutor en Ciencias Físicas pola Sorbona (1948). Investigador, especialista en química orgánica, e profesor de diversas universidades (Montpellier, New Hampshire, Autònoma de Barcelona). É autor de numerosos traballos de investigación e recibiu o premio Prat de la Riba do Institut d’Estudis Catalans, polo seu traballo Novas contribucións á síntese de ácidos arilalifáticos e á teoría de acilación intramolecular (1949). Iniciou a súa actividade política no 1934 e no 1952, logo de trece anos de exilio, emprendeu a reorganización clandestina de Esquerra Republicana de Catalunya, da que chegou a ser o máximo dirixente no interior e secretario xeral (1976-1987). Foi deputado nas Cortes de Madrid...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xosé Luís Méndez Ferrín.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doenza ocasionada por unha deficiencia na inxestión de vitamina B1. É propia das poboacións que se alimentan case exclusivamente de arroz branco, ou sexa, de arroz privado da casca e da cabeza xerminativa, onde está o complexo vitamínico B.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Costa non moi pronunciada que baixa ata un val próximo ao mar ou a un río.

    2. Zona xeográfica comprendida entre unha ribeira do mar ou do río e unha montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cambre baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro que estivo situado en Cambre. Non hai datos sobre o momento da súa fundación, pero coñécese a súa existencia por un documento de 1154, data na que o Papa Anastasio IV lle confirmaba a súa pertenza á igrexa de Santiago, certificación que ratificou en 1178 o Papa Alexandre III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi o líder do grupo Nou Ambient, creado en 1919 seguindo o modelo dos evolucionistas. A súa pintura presenta influencias de Nonell, con derivacións cara ao surrealismo e ao expresionismo. Tamén cultivou o collage. Entre 1939 e 1980 estivo exiliado en México onde escribiu diversos traballos sobre arte mexicana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pobo ou ás linguas caribes.

    2. Individuo do grupo étnico dos caribes.

    3. Tribos amerindias que desde pouco antes do descubrimento de América ocupaban as Pequenas Antillas e parte das terras veciñas do continente, anteriormente poboadas polos arauacos. Os primitivos caribes insulares, que posuían trazos característicos da cultura amazónica, destacaron polo seu canibalismo e pola súa belicosidade nos primeiros contactos cos europeos. Desapareceron case totalmente das Antillas e os superviventes foron relegados por Francia e Inglaterra á Dominica e á illa de Saint Vincent. Mesturados coa poboación negra da illa, os denominados caribes negros foron deportados a Honduras no 1795, onde hoxe habitan uns 30.000. Actualmente o núcleo principal dos caribes localízase nas zonas montañosas das Guaianas e de Venezuela, na súa fronteira con Brasil. Tamén habitan na beira dos ríos Negro e Amazonas e nos Andes colombianos.

    4. Familia de linguas pertencente ao grupo je-pano-caribe. O seu centro de dispersión foi a rexión comprendida entre a conca alta do río Xingu e o río Tapajós, desde onde se estendeu ata a costa nordés do continente e ás Antillas. Está constituída por un centenar ou máis de falas, entre vivas e extinguidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • As Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar das Antillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Caribe ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Caribe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, situado na chaira aluvial da confluencia dos ríos Xúquer e Albaida (7.089 h [1996]). A agricultura de regadío e a gandería, sobre todo porcina, son as principais actividades económicas, aínda que tamén hai industria de conservas, de papel, de mobles e de materiais de construción. De orixe islámica, foi lugar real desde a conquista e Xaime I de Aragón incorporouna a Xàtiva. Foi independente, administrativamente, entre 1587 e 1708, data na que perdeu esa condición ata 1731 por apoiar o candidato austríaco durante a Guerra de Sucesión. A igrexa parroquial da Asunción, probablemente do s XV, reconstruíuse despois do terremoto de 1748. En 1901 inaugurouse o asilo de Sant Domènec cunha igrexa neogótica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico brasileiro. Autor de estudios básicos sobre enfermidades tropicais, descubriu en 1919 o Trypanosoma cruzi, axente causante da tripanosomiase americana ou enfermidade de Chagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xinzo de Limia baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación en galego que comezou a editarse no Carballiño no ano 1998. Pertenceu inicialmente ao grupo de comunicación Filmagal, ata que en maio de 2001 pasou á mans da empresa La Capital, editora de El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Deporte Campeón e Diario de Ferrol. Dirixida por Antón Xil Alcántara, contén información de carácter xeral que abrangue os concellos da comarca do Carballiño e o Ribeiro como Carballiño, Cea, Boborás, Beariz, Piñor, Punxín, O Irixo, Leiro, Cenlle, Arnoia, Cortegada, Beade, Melón, Carballeda de Avia, Avión, San Amaro, Maside, Castrelo de Miño e Ribadavia. Dedica unha sección a cada concello e insire os apartados “Deportes”, “Servicio Galego de Colocación” e “Breves”. Inclúe reportaxes de actualidade e diversos especiais dedicados ao mundo da decoración, do fogar, do motor e da construción, entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo rexional da ONU fundado en 1948 e con sede en Chile. O seu obxectivo fundamental é o desenvolvemento económico de América Latina, con medidas como a industrialización, a potenciación do comercio intrarrexional ou o patrocinio de estudios sobre os problemas tecnolóxicos dos países da área. Elabora publicacións propias, entre as que destacan Cuadernos de la CEPALC, CEPALC Review e Demográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Formouse no Instituto Superior de Economia e na Universidade de Bristol. Membro do Partido Socialista (PS) dende 1975, foi o seu secretario xeral (1986-1988) e presidente da Unión dos Partidos Socialistas e Socialdemócratas da Comunidade Europea (1987). Ocupou diversos cargos nos gobernos provisionais no eido das finanzas e da planificación económica (1975-1976). Deputado entre 1976 e 1991, foi ministro de Facenda (1978-1979) e gobernador do Banco de Portugal (1985-1986). Presidiu a iniciativa Lisboa 94, Capital Européia da Cultura. Escribiu Coerência e rigor. Actualmente, é o vicepresidente do Banco Central Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO