"Rubín" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 23.

  • GALICIA

    Parroquia do concello de Cospeito. baixo a advocación de San paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento tetrapirrólico que se atopa nunha alta porcentaxe na bile, de cor amarela avermellada. Procede da degradación que o grupo hemo da hemoglobina sofre nas células do sistema reticuloendotelial do fígado, do bazo e da médula ósea. Transpórtase no sangue (bilirrubina indirecta ou libre) ata o fígado, onde se conxuga co ácido glucurónico (bilirrubina directa ou conxugada), procede da redución da biliverdina e elimínase por vía biliar. No intestino, a bilirrubina redúcese pola acción bacteriana e convértese en urobilinóxeno, que se elimina en gran parte coas materias fecais en forma de estercobilinóxeno; ou ben se reabsorbe, pasa ao sangue e fíxase no fígado, ou se elimina nos ouriños. Normalmente se atopa unha pequena cantidade de bilirrubina no sangue (bilirrubinemia), que nos casos patolóxicos determina a itericia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bilirrubina no sangue circulante. Normalmente a bilirrubinemia total oscila entre 0,3 e 1,0 mg/100 ml. Cando a cantidade de bilirrubina sobrepasa os 2 mg/100 ml sobrevén a itericia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico co que se coñecen cada unha das substancias pirrólicas que proveñen da degradación, no intestino, da bilirrubina excretada polo fígado na bile. Os bilirrubinoides elimínanse por vía intestinal ou reabsórbense e elimínanse de novo polo fígado ou por vía urinaria. Entre os bilirrubinoides destacan a mesobilirrubina, o mesobilirrubinóxeno, o estercobilinóxeno, a mesobiliviolina e a estercobilina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de bilirrubina nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudios musicais con Sarti en Milán e Boloña (1778-1780). En 1786 instalouse en París, onde foi director de ópera italiana entre 1789 e 1790, e director do Institut National de Musique. Converteu a opéra comique, case reducida ao anecdótico, en instrumento para a descrición de caracteres. Da súa produción, caracterizada polo dominio do contrapunto e pola sonoridade orquestral, destacan as óperas Lodoïska (1791), Médée (1797) e Faniska (1806). Compuxo ademais a peza vogal Réquiem en do menor (1816), misas, cantatas e obras para cámara. Escribiu Cours de contrepoint et de fugue (Curso de contrapunto e fuga, 1835).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor galego. Exerceu o sacerdocio e publicou Unha Noite na casa do Tío Farruco do Penedo (1885), obra galardoada nun certame literario de Lugo en 1877.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espírito celestial -anxo- que forma parte do terceiro coro da orde anxélica na xerarquía de Pseudo-Denís. O nome provén de karibu, divindade asiria que intercedía polos homes diante dos deuses principais e que se representaba en forma de home, touro, aguia ou león alado. A Biblia mencionounos en relación ao Paraíso e na representación diante da Arca da Alianza e no templo de Salomón.

    2. Pintura ou escultura que representa un neno con dúas ás.

    3. Anxo representado cunha cabeza de neno con dúas ás.

    4. Persoa dunha gran beleza, especialmente un neno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente aos querubíns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e político. Participou nos preparativos do Levantamento de 1846 e mandou o exército do Sur. Despois da derrota da Batalla de Cacheiras, dirixiu o exército desde Ribadavia á Cañiza e nun descanso da tropa fuxiu xunto con outros oficiais a Portugal. Retornou amnistiado a España e acadou o grao de tenente xeneral de cabalaría. Militou na Unión Liberal e foi deputado en tres lexislaturas polo distrito de Ponte Caldelas (1858-1864) e pola sección de Vigo (1865-1866; 1869-1871). Recibiu a Orden de Isabel la Catolica (1856) e a Orden de Carlos III (1860).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director de escena e escenógrafo. Formado en arte dramática con destacados directores, como Augusto Fernández, Carlos Moreti, Alfonso Sastre, Judit Wainer e John Wright, participou no deseño do espazo escénico e a iluminación de diversas obras de teatro profesional. Fundador e director artístico de Teatro Galileo, realizou a dirección escénica de diferentes obras, como A esperar por Godot, de S. Beckett, O xardín dos contos, de M. Lourenzo, Servidor de dous amos, de Goldoni, O médico á forza, de Molière, e O divertimento do rei, de V. Hugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou no exército en 1868 e, destinado á Coruña, participou coas tropas que apoiaron o movemento revolucionario dese ano. Cabo segundo de infantaría, en 1869 foi destinado a Cuba, onde ascendeu a cabo primeiro e recibiu, polo seus méritos, a Cruz Blanca de primeira clase ao mérito militar. En 1871 regresou a España e ingresou como cadete no rexemento Murcia 37 da Coruña. En 1872 participou na sufocación da insurrección do Arsenal de Ferrol e polas súas accións ascendeu a alférez e recibiu a Cruz Vermella de primeira clase ao mérito naval. Durante a Terceira Guerra Carlista (1872-1876) participou nas campañas de Galicia e sobre todo en Gipuzkoa, Pamplona, Logroño e Burgos, o que lle valeu o ascenso a capitán. En febreiro de 1876 pasou a formar parte da escolta do rei e participou na entrada triunfal de Alfonso XII en Madrid. En 1895, como tenente coronel, embarcou de novo cara a Cuba para facer fronte á insurrección que estalara na illa. Gravemente ferido na acción do Potrero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante. Cofundador do colectivo Polaqia, os seus traballos aparecen nos álbums Mmmh!! (2001) e H2Oil (2003), e nas revistas Golfiño, Tos, Dos veces breve, Barsowia e BD Banda. No campo da animación, traballou con Dygra Films no filme O soño dunha noite de san Xoán (2005), e dirixiu, xunto con Juan Carlos Pena, O espírito do bosque. Realizou exposicións en distintas vilas de Galicia, Madrid e Barcelona. Obtivo o primeiro premio nas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (2000 e 2002), no Certame de Cómic de Arteixo (2003 e 2004) e o I Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Medio para determinar a permeabilidade das trompas de Fallopio por insuflación de aire a través do útero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou os xornais herculinos El Telégrafo (1843), El Coruñés (1843) e El Vigilante (1843), que mantiveron unha tendencia progresista moderada. En 1849 promoveu a aparición de El Fomento de Galicia, de curta duración como os anteriores. Como redactor participou en El Vigilante, El Diario de La Coruña, La Ilustración ou El Avisador, entre outros. Dedicouse aos negocios industriais e ao comercio e no apartado político foi deputado provincial e alcalde da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre, poeta e relixioso. Ingresou na Compañía de Xesús en 1914 e ordenouse sacerdote en 1926. Doutorouse en Teoloxía en Quito e en Filosofía en Letras en La Habana, onde fundou e dirixiu a Academia Gertrudis Gómez de Avellaneda. Colaborador de diversas publicacións, como Vida Gallega e Diario de la Marina, das súas obras destacan O poema da Cruña (1923), en que inclúe composicións tradicionais para loar a súa cidade; Covandonga: epopeya en XV gestas (1950), de carácter épico; O velliño (Edipo na Galiza) (1951), A xesta de como a América nasceu da melodía (1953), Cervantes y Menéndez Pelayo: algunhas semejanzas (1958), Cantigas de novo xeito vello (1959), Cuentos de color del siglo (1959), Fábulas galegas pra os nenos grandes e pequenos (1960) e Cantigas de piedade (1961). Foi académico de honra da Real Academia Galega (1954) e correspondente das academias da lingua de Colombia e Cuba da...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista ruso. Recibiu consellos de F. Liszt e F. Chopin en París, onde actuou como intérprete. Posteriormente coñeceu a G. Meyerbeer en Berlín. En 1848 estableceuse en Peterburgo e dedicouse desde entón a compoñer. Fundou e dirixiu o conservatorio de Peterburgo (1862-1867 e 1887-1890). Compuxo seis sinfonías, catro aberturas para orquestra, dúas cantatas, sonatas para piano, óperas (Demon, 1875), oratorios (Christus, 1888) e outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista polaco. Neno prodixio do piano, debutou en Berlín en 1897 baixo a dirección de J. Joachim. Formado por H. Barth, estudou composición con Max Bruch. Actuou por toda Europa como concertista. Está considerado un dos mellores intérpretes de Chopin, do que realizou numerosas gravacións.

    VER O DETALLE DO TERMO