"Ruth" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Antropóloga. Alumna de Goldenweiser e Parsons, axiña comezou a traballar como axudante de campo con Boas. En 1922, animada por Kroeber, iniciou os seus estudios sobre os indios serranos, os pima e os pueblo do sudoeste dos EE UU, dos que investigou basicamente os patróns culturais. Os resultados deste traballo están editados en Zuni mithology (Mitoloxía zuni, 1935). Pertenceu á escola culturalista norteamericana, aínda que a súa reflexión teórica estivo influenciada pola psicanálise. No seu libro Patterns of Culture (Patróns culturais, 1934), propón unha tipoloxía das culturas baseada en categorías tomadas da psicopatoloxía e na distinción realizada por Nietzsche en Die Geburt der Tragödie aus dem Geiste des Musik (A orixe da traxedia no espírito da música, 1872), entre carácter apolíneo e carácter dionisíaco. Posteriormente, logo dunha viaxe por Europa e Asia, centrou as súas investigacións sobre pobos europeos e asiáticos publicando...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Coñecida como Bette Davis, estudiou ballet na Mariarden School of Dancing e interpretación na John Murray Anderson Dramatic School. En 1929 debutou en Broadway e en 1930 entrou nos estudios Universal. Desta primeira etapa destacan filmes como Seed (Semente, 1931) ou Waterloo Bridge (A ponte de Waterloo, 1931). En 1932 pasou aos estudios Warner, dos que foi a súa maior estrela nos anos trinta e corenta. Deste período destacan as súas intervencións en 20.000 Years in
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Como presidente de EE UU (1877-1881) tentou unha política de conciliación cos estados do Sur. Mediou na delimitación da fronteira entre Arxentina e Paraguay (1878) e lexislou con acerto en materia económica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rute.
-
PERSOEIRO
Profesor e escritor. Docente de literatura española e galega en The Queen’s College, impartiu clases na University of Oxford. Director do Centro de Estudios Galegos (desde 1991), foi presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos (1994-1997). Publicou Teoría de la tradución e historia de la palabra pícaro e La sociedad mexicana durante la revolución, ademais da tradución ao inglés de La Regenta e Don Quijote. Recibiu a Medalla de Oro al Mérito en Bellas Artes (1984) e a Medalla Castelao (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de actividade nuclear ou radioactiva que equivale a 106 desintegracións por segundo. En termos do becquerel e do curie exprésase como 1rd=106 Bq = (1/3,7) 10-4 Ci.
-
PERSOEIRO
Físico. Estudou na University of Cambridge como alumno de J. J. Thompson e foi profesor en Montréal (1898), Manchester (1907) e Cambridge (1919), onde tamén dirixiu o Cavendish Laboratory (1919-1937). Investigou a radioactividade, os gases e a materia e estableceu un modelo de átomo (modelo atómico de Rutherford). En 1899 descubriu a radioactividade do torio e identificou os raios á e â das radiacións radioactivas. Estudou o núcleo atómico e a masa dos neutróns e, en 1906, identificou as partículas á como núcleos de helio e, con Geiger, ideou un método para contalas (1908). En 1919 descubriu a transmutación de elementos, que investigou xunto con J. Chadwick (1921-1924). Obtivo o Premio Nobel de Química en 1908 pola súa investigación na desintegración dos elementos e a química das substancias radioactivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Experimento realizado por E. Rutherford en 1911, cuxos resultados serviron para postular a teoría atómica do mesmo autor (modelo atómico de Rutherford). Consiste no bombardeo de láminas moi finas de ouro ou de prata con partículas á. Obsérvase que a maioría destas atravesan as láminas sen sufrir desviación ningunha, mentres que unha pequena proporción experimenta diversas desviacións e unha de cada 20.000 é reflectida pola lámina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo atómico postulado por E. Rutherford en 1911 a partir dos resultados do seu experimento. Propuña que o átomo estaba constituído por un núcleo, que ten concentrada toda a carga positiva e a case totalidade da masa atómica e, xirando arredor deste, os electróns, cunha velocidade tal que a súa forza centrífuga ten que compensar a forza de atracción electrostática exercida polo núcleo. O número de cargas positivas do núcleo ten que ser igual ao número de electróns que xiran ao seu redor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento de número atómico 104. Provén do bombardeo do californio 13 con carbono 12 ou carbono 13 para obter, respectivamente, o isótopo 257 ou o 259. Ten unha vida media de 3,4 segundos para o primeiro isótopo e de 3,8 para o segundo. Sintetizado na URSS e en EE UU independentemente, xurdiu polémica con respecto á preparación do elemento e o seu nome (kurchatovio para os rusos e rutherfordio para os americanos). En 1997 a IUPAC adoptou este nome, tras unha anterior denominación (unilquadio).
-
PERSOEIRO
Fotógrafa. Estudou na School of the Art Institute de Chicago e foi profesora (1983-1988) e catedrática de Teatro e Belas Artes na University of Colorado. A súa obra, caracterizada pola riqueza de referentes culturais, está chea de imaxes evocadoras e referencias pitóricas desde o surrealimo á pintura romántica. Acadou sona internacional coas series fotográficas Explorations (1994), Egypt of the Mind (1998) e Orphans (2000).
VER O DETALLE DO TERMO