"Samar" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 30.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente, xeralmente de bronce ou vidro, destinado a conter bálsamos, esencias ou perfumes, e utilizado en contextos culturais romanos. Bouza Brey publicou a existencia dunha peza coa forma do busto dun fauno e posteriormente Balsa de la Vega, o mesmo Bouza Brey e Acuña publicaron outro coa forma do busto dun sátiro. No Museo da Rexión Flaviense atópase o Balsamario de Chaves que pode representar a efixie de Antínoo, o favorito de Adriano.
-
-
Deixar de amar a alguén ou algo.
-
Sentir odio ou aversión por algo ou alguén.
-
-
-
-
Desatar ou romper unha embarcación as amarras.
-
Desatar algo.
-
-
-
Soltarse por calquera causa os cabos que suxeitan unha embarcación.
-
Soltarse algunha cousa que estaba amarrada.
-
-
-
-
Alisar as engurras dunha superficie.
-
Eliminar as aboladuras ou golpes a algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito formado por dúas sámaras opostas, coma o do pradairo.
-
PERSOEIRO
Primeiro heresiarca xudeu. Fundador dunha seita de estrita observancia mosaica, anunciouse como o Mesías prometido e tivo seguidores ata o s IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Evitar a putrefacción dos cadáveres inxectando nos seus vasos diferentes líquidos conservadores e enchendo ao mesmo tempo as súas cavidades con substancias olorosas e balsámicas. O que se pretende é evitar a multiplicación dos microbios, destruíndo os que estean presentes e impedindo a súa posterior contaminación, e a autólise dos sistemas enzimáticos do cadáver, para o que se empregan substancias coaguladoras das proteínas. Esta conservación dos mortos dunha maneira artificial xa se practicaba no antigo Exipto, baleirando as vísceras e enchendo o corpo con substancias pouco coñecidas como bálsamos ou resinas. O método de embalsamamento moderno máis habitual consiste en inxectar pola arteria carótide uns catro litros de líquido composto de formol, alcol etílico, auga destilada e hexametilenetetramina, uns dous litros pola arteria xeral, un litro en cada cavidade pleural e outro nas cavidades abdominal e cranial. Tamén existe un método de conservación temporal que consiste en poñer diversas...
-
Encher de aromas balsámicos.
-
-
ILLAS
Illa de Filipinas, situada na rexión de Visayas Oriental. É a terceira en extensión, no extremo L do arquipélago e esta separada da illa de Leyte polo estreito de San Juanico (13.428 km2; 1.200.592 h [estim 1984]). A súa capital é Catbalogan (58.737 h [1980]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Froito aqueniforme provisto dunha prolongación membranosa en forma de ás, que facilita a súa dispersión mediante o vento.
-
CAPITAIS
Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.146.000 [1997]). É un porto situado na beira dereita do Volga, na desembocadura do río Samara. Posúe construcións mecánicas, refinarías de petróleo, industria do metal e alimentaria e produción de materiais para a construción. Fundada en 1856, entre 1935 e 1991 chamouse Kujbyšev.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Rusia (53.600 km2; 3.305.600 h [estim 1999]). A súa capital é Samara. Entre 1935 e 1991 chamouse Kujbyšev.
-
AFLUENTES
Afluente pola esquerda do Volga, Rusia (575 km). Nace na parte N das montañas de Obščij Syrt e desemboca no pantano Kujbyšev.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Membro da Resistencia grega durante a ocupación nazi, ao ser descuberto foi condenado a morte. Considerado un dos máis destacados escritores gregos da súa xeración, denunciou en moitas das súas obras a represión como en O erro (1965), de carácter policial e político.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dirixente deportivo e diplomático. Seleccionador nacional de hockey a patíns, foi presidente da federación española deste deporte e do Comité Olímpico Español (1967-1970). Membro do Comité Olímpico Internacional desde 1966, foi o seu vicepresidente (1974-1978) e presidente (1980-2001), durante cuxo mandato Barcelona foi elixida (1986) para organizar os Xogos Olímpicos de 1992. Presidiu a Deputación de Barcelona (1973-1977) e foi embaixador na Unión Soviética (1977-1980). Foi presidente da Caixa de Pensions (1987-1999), que baixo o seu mandato pasou a ser a Caixa d’Estalvis i Pensions de Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, Uzbekistán (362.300 h [1999]). A súa economía baséase nas construcións mecánicas e nas industrias química, téxtil e alimentaria. Capital da Sogdiana na época dos aqueménidas, foi conquistada por Alexandre o Grande (329? a C) e, co nome de Ìáñάêáíäá, formou parte do imperio seléucida e do Reino de Bactriana. Conquistada polos árabes na expansión de Qutayba ibn Muslim (709-712), durante a época dos samánidas (ss IX e X) foi un dos principais centros culturais do Islam, foco do renacemento literario persa. Despois das sucesivas dominacións qarakhánida, selxúcida (s XI) e karakitai (s XIII), Xenguis Khan devastouna en 1220 e deportou a poboación. Capital do Imperio Timúrida (finais do s XIV), converteuse no núcleo económico e comercial máis importante de Asia Central. O seu declive iniciouse baixo o dominio uzbeco, durante o cal a capital foi trasladada a Bukhara (s XVI). Entre 1924 e 1930 foi a capital de Uzbekistán. Do seu patrimonio cultural destacan,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Uzbekistán (16.400 km2; 2.322.000 h [estim 1993]). A súa capital é Samarcanda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
saramago.
-
REXIÓNS
Rexión histórica de Palestina situada na parte central de Cisxordania, entre Galilea e Xudea, e que tomou o nome da antiga capital do Reino de Israel. Entre os seus dous cumios máis elevados, o Gěrizzīm (870 m) e o Ebal (870 m), estaba a antiga Siquem, e máis tarde a Flavia Neapolis (Nābulus). Habitada por tribos hebreas (s XIV a C), despois da separación do Reino de Israel (931 a C) e, sobre todo, a raíz da destrución de Samaria (722 a C), a nova poboación non foi aceptada polos xudeus.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Palestina, fundada por Omrí (870 a C), e capital do Reino de Israel en substitución de Tirsah. Situada no centro do antigo reino, alzábase sobre a montaña homónima, excelente atalaia estratéxica. Destruída por Salmanasar V (ou Sargón II) no 722 a C, os seus habitantes foron deportados a Asiria e substituídos por colonos asirios. Conquistada polos babilonios (s VII a C) e polos persas (s V a C), coa conquista de Alexandre o Grande (s IV a C), os gregos estableceron unha colonia. Destruída por Xoán Hircano I (104 a C), Herodes reconstruíuna coa forma dunha típica cidade romana. Destruída polos persas (614) e conquistada polos árabes (634) e polos croatas (1165), a cidade, abandonada e en ruínas, cedeu o seu lugar a Neápolis (Nābulus). A actual Sabas ṭ īyah musulmá levántase sobre unha pequena zona ao L da antiga cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito que está formado por dúas ou máis sámaras.