"San Clemente" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • Convocado pola Consellería de Educación, o Concello de Santiago de Compostela, o Instituto de Bacharelato Rosalía de Castro e a empresa Cubiertas MZOV dende o ano 1995, o xurado está formado por estudiantes de COU nas tres modalidades do premio: lingua galega, lingua castelá e lingua estranxeira traducida ao castelán. Na primeira edición recibiron o premio Tic-Tac, de Suso de Toro, Lituma en los Andes, de Mario Vargas Llosa e A la sombra del granado, de Tariq Ali. Na segunda edición (1996), resultaron gañadores Xurxo Borrazás por Criminal, Javier Marías por Mañana en la batalla piensa en mi e Jostein Gaarder por El mundo de Sofía. Na terceira edición (1997), Ruído, de Miguel Anxo Murado e Unha noite con Carla, de Aníbal Malvar, compartiron o premio no apartado de lingua galega, Los héroes de la fortuna, de Antonio Soler e Antonio Tabuci por Sostiene Pereira. Na cuarta edición (1998), os gañadores foron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Desenvolveu o seu labor en Santiago de Compostela ao redor de 1670. Nos seus obradoiros tipográficos tirou do prelo Oración panegírica, de P. Xosé Valdés, Definiciones morales, do licenciado Manero, e Descripción de los funerales de Doña Mª Luisa de Borbón, de Xosé Rubio, entre outras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cuenca, Castela-A Mancha, regado polo río Rus (6.346 h [2001]). A economíae baséase na agricultura, gandaría e industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de san Clemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Compostela. Fundouno a comezos do s XVII o arcebispo compostelán Juan de Sanclemente Torquemada como colexio de teoloxía. Parece probable que as trazas fosen de Ginés Martínez, que tamén iniciaría as obras que continuou o seu discípulo Xácome Fernández. Ten planta cadrada con dúas alturas e organízase ao redor dun patio clasicista, con dúas plantas de arcos semicirculares. Construíuse en cachotaría agás a fachada que é de cantaría. O corpo principal da fachada está formado por dous corpos e tres rúas. No corpo inferior da rúa central atópase a porta de arco de medio punto, e nas rúas laterais dous pares de columnas, entre as que se abre unha fornela, erixidas sobre pedestais. Un entaboamento separa os dous corpos. As rúas laterais do corpo superior teñen a mesma estrutura ca as do inferior, mentres que na rúa central se abre unha ventá rectangular con balcón interior de ferro rematada nun frontón triangular partido co escudo do arcebispo. A portada remata...

    VER O DETALLE DO TERMO