"Sarria" (Contén)
Mostrando 18 resultados de 18.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, na comarca da Marina Baixa, nas vertentes do Sistema Prebético oriental (6.322 h [1996]). As actividades principais son a agricultura con plantacións de viña, oliveiras, cereais e legumes, e a gandería lanar e vacúa. A industria limítase a algunhas canteiras, á construción e á manufactura de esparto. Nos últimos anos potenciouse o turismo aproveitando os seus recursos culturais como a igrexa arciprestal de San Joan Baptista (1574), a ermida de Santa Bárbara (s XVIII) e as paisaxes de Les Fonts de L’Algar, conformado polo río Algar, onde se atopan numerosas fervenzas e fontes naturais. Callosa d´en Sarrià constitúe un núcleo que se formou a partir dun casal de orixe árabe.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico editado a partir do 19 de outubro de 1924 e subtitulado “Semanario de información general y Órgano de la Unión Patriótica en el distrito”.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo as advocacións de san Salvador, santa Mariña e Nosa Señora do Rosario que dá nome ao concello de Sarria, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Sarria, situado no centro-leste da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 46’ 80” de latitude N e 7° 24’ 70” de lonxitude O. Limita ao N con Láncara e O Páramo, ao L con Láncara e Samos, ao S co Incio e ao O con Paradela (todos eles situados na comarca de Sarria). Abrangue unha superficie de 184,6 km 2 cunha poboación de 13.422 h (2007), distribuída nas parroquias de Albán, Barbadelo, Belante, Betote, Biville, Calvor, O Camiño, Castelo dos Infantes, Cesar, A Chanca, Chorente, Corvelle, Fafián, Farbán, Ferreiros, Fontao, Frades, Goián, Lier, Loureiro, Lousadela, Louseiro, Maside, O Mato, Meixente, Nespereira, Ortoá, A Pena, Piñeira, A Pinza, Requeixo, Rubín, San Fiz de Reimóndez, San Fiz de Vilapedre, San Miguel de Vilapedre, San Pedro de Froián, San Sadurniño de Froián, San Salvador da Pena, San Vicenzo de Froián, San Xulián da Veiga, Santalla de Arxemil, Santo André de Paradela, Santo Antolín, Santo Estevo do Mato, Sarria, Seteventos, A Veiga, Vilamaior,...
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Girona, Catalunya, situado no centro da provincia á beira do río Ter (3.708 h [2001]). Ten industria papeleira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no centro-S da provincia de Lugo e ao L de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Lugo (O Corgo) e Os Ancares (Baralla), ao S coa comarca de Terra de Lemos (O Saviñao, Bóveda e A Pobra do Brollón), ao L novamente coa comarca dos Ancares (Becerreá, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro) e Quiroga (Folgoso do Courel) e ao O coa comarca de Lugo (Portomarín e Guntín). Abrangue unha superficie de 842,2 km2en que acolle a unha poboación de 25.882 h (2001), distribuídos entre os concellos do Incio (146,2 km2; 2.427 h), Láncara (121,7 km2; 3.186 h), Paradela (121,1 km2; 2.545h), O Páramo (74,8 km2; 1.907 h), Samos (136,6 km2; 2.057 h), Sarria (184,6 km2; 12.887 h) e Triacastela (51,2 km2; 873 h). A cabeceira comarcal é a vila de Sarria, ademais de ser partido xudicial.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A comarca de Sarria sitúase nunha cubeta tectónica terciaria formada por materiais... -
PERSOEIRO
Escritor e predicador dominicano. Coñecido como Luis de Granada, foi provincial da súa orde en Portugal (1557). Predicaba ao xeito de Xoán de Ávila, de quen escribiu unha biografía, e expuxo a súa técnica oratoria en Rhetorica ecclesiastica. O seu estilo mostra a influencia de Cicerón. Escribiu Introdución al símbolo de la fe (1583) e Memorial de la vida cristiana (1561). Sospeitoso de erasmista, os seus libros foron prohibidos en 1556.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título outorgado en 1543 por Carlos V a Fernando Ruiz de Castro Osorio e Portugal , que foi o IV conde de Lemos. O título foi herdado polos primoxénitos da casa dos Lemos, ata que en 1955 pasou a María del Rosario Cayetana Fitz-James Stuart y Silva , XIX marquesa de Sarria, XXII condesa de Lemos, XVIII duquesa de Alba, entre outros. Trae por armas, escudo cortado: 1, de goles, con cinco bandas de ouro; 2, de prata, con cinco roeis de azul, colocados en aspa; bordo de azul, cargado de seis aspas de ouro, colocadas unha en xefe, outra en punta e dúas en cada flanco, alternando con seis cunchas de vieira do mesmo, colocadas unha en cada cantón do escudo e unha no medio de cada flanco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Demarcación administrativa que abrangue os concellos de Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela e Sarria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción sobre o río Sarria ao seu paso por Vilar de Sarria (Sarria) que cobre o camiño entre Becerreá e Vendas de Narón. Feita en cantaría, presenta seis arcos de medio punto.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída durante o s XIV, mestura elementos románicos e góticos. Feita con sillaría, ten planta rectangular e ábsida redondeada, precedida dun tramo recto. Destaca a portada norte, cun tímpano monolítico de estilo románico e decoración nas bases, fustes e capiteis das columnas. A portada principal, de trazado gótico, presenta arco e arquivoltas apuntadas. Os laterais da fachada rematan con pináculos e na parte central destaca o campanario de dobre van. No interior conserva un retablo de estilo románico tardío.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Convento situado en Sarria. Construírono durante o s XIII dous ermitáns chegados de Italia en peregrinación a Santiago de Compostela. Das orixinais estruturas románicas só se conservan algunhas na zona da ábsida e na porta de acceso ao claustro e destacan fundamentalmente as partes góticas. Nas esquinas da fachada, plateresca e con elementos manuelinos, conserva o escudo de armas dos protectores do convento: os Osorio, os Enríquez e os Castro. A igrexa é de estilo oxival de transición cara ao Renacemento. Desde o s XVI foron reducidos á orde agostiña por Pío V e desde 1896 convertéronse nun convento da orde mercedaria.
-
GALICIA
Relixioso dominicano. Actuou en asuntos diplomáticos vinculados á Corte por mandato de Filipe IV e foi arcebispo de Trani (Nápoles) en 1656 e de Tarento, en 1665. Creou no convento dominicano de Pontevedra a cátedra de Filosofía e Teoloxía Moral. Publicou Compendio de la Doctrina Cristiana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sarria. Construída arredor do s XIII por orde dos señores de Sarria e Lemos, despois do ataque irmandiño de 1467 Pedro Osorio reconstruíuna. Tiña catro torres e diversas dependencias que foron derrubadas a mediados do s XIX. Consérvase unha torre de granito e lousa rematada en ameas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue os concellos de Sarria, Samos, Láncara, Triacastela e Baralla.
-
-
Relativo ou pertencente a Sarria ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Sarria.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Salvador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estela funeraria romana do s III atopada en Vilar de Sarria (Sarria), que contén dous relevos realizados nunha placa granítica rectangular. No anverso aparecen dúas figuras con roupaxes tipo toca, e no reverso represéntase unha escena marítima.