"Sena" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 66.

  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Illa de Francia (rexión de París), Francia (176 km2; 1.405.280 h [estim 1995]). A capital é Nanterre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subtitulada como “Publicación del Magisterio”, editouse en Lugo no ano 1870. Contiña información de carácter educativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Depósito de armas e municións.

    2. Establecemento marítimo militar, situado nun porto, que consta de estaleiros, talleres e almacéns nos que se constrúen, reparan e equipan barcos de guerra, así como os seus aparellos, provisións e armamento. Está instalado en posicións estratéxicas e normalmente forma parte dunha base naval.

    3. Conxunto numeroso de cousas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O arsenal militar de Ferrol pódese considerar o núcleo fundacional da cidade porque a súa edificación supuxo movementos migratorios considerables. Sede da Mariña española, naceu en tempos de Filipe V (1726). O monarca tiña o obxectivo de crear uns estaleiros estatais para a construción dos buques da armada. No ano 1728 construíuse o primeiro estaleiro na enseada da Graña, trasladado despois ata a enseada do Esteiro. Durante o reinado de Fernando VI desenvolveuse unha forte expansión do sector naval propiciada polo ministerio do marqués da Ensenada, quen no ano 1748 presentou ao monarca a Representación, onde daba conta da urxente necesidade de crear en España unha infraestrutura básica de arsenais para poder soster unha guerra defensiva tanto nos territorios peninsulares como nos americanos. O 11 de xullo de 1747 o marqués da Ensenada ordenou que se crease en Ferrol un arsenal con capacidade para albergar sesenta navíos de liña e con chanzos para a construción naval. Proxectáronse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hidruro de arsénico que se obtén pola acción da auga sobre o arseniuro cálcico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente pola dereita do Ulla, no que desemboca á altura do encoro de Portodemouros. Nace co nome de Rego Ponticela da confluencia na parroquia de Liñares (concello de Santiso) dos regos de Fontesagrada e de Cabazás. Logo dun percorrido de dirección N-SO, concordante coa tectónica, desemboca no lugar de Buxel de Abaixo, na parroquia de Ribadulla, do concello de Santiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín dirixido aos centros estatais de ensino primario, que apareceu posiblemente no ano 1954 na cidade da Coruña. Utilizaba a lingua castelá e non tivo unha periodicidade regular; normalmente editábase un número ao comezo do curso escolar e outro ao final. Entre as seccións figuraban títulos como “Sección oficial”, “Exposiciones y concursos”, “Ponencias” ou “Cáritas escolares”. Presentaba datos estatísticos, un almanaque escolar, comentarios, informes de inspección, etc. A sección “Cáritas escolares” ofrecía unha visión do maxisterio dende unha óptica relixioso-caritativa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu o 15 de xaneiro do 1899 en Ourense e que cesou o 15 de decembro dese mesmo ano. Dirixida por Xosé Álvarez y Álvarez, como redactores figuraban Emilio Amor Rolán e Pío Ramón Ogea, e entre os colaboradores Salvador Padilla, Xoán Rodríguez Quesada, Xosé Fernández López, Pilar Pereira, Marcial Quesada, etc. As súas seccións eran: “Sección pedagógica” (unha tribuna libre para os mestres), “Sección de noticias”, “Quejas y reclamaciones”, “Sección legislativa” (disposicións oficiais), “Sección científico-recreativa” e “Correspondencia particular”. A periodicidade era mensual, entregábase os días 15 de cada mes. A temática era a propia dunha publicación profesional na que se combinan artigos científicos con colaboracións literarias; ás veces, recollía tamén artigos doutras revistas pedagóxicas do Estado. A publicación foi fundada pola Asociación Provincial de Primera Enseñanza e figuraba como director o secretario da Asociación. Dende xaneiro de 1900 a liña desta revista...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano oficial da ILE (Institución Libre de Enseñanza) que saíu á luz o 7 de marzo de 1877, con catro páxinas a dúas columnas. Despois dalgúns cambios, en 1893 adquiriu o formato definitivo de 32 páxinas e periodicidade mensual. O artigo 15 dos Estatutos serve de introdución a todos os boletíns, onde indica os principios ideolóxicos da publicación. O primeiro director foi Francisco Giner de los Ríos (1877-1881), a quen sucederon Joaquín Costa (1881-1884), José de Caso (1884-1904), Ricardo Rubio (1904-1910), Adolfo Posada (1910-1917), outra vez Rubio (1917-1926), continuando posiblemente ata 1934, ano no que parece ser que se fixo cargo Ontañón. Ata 1889 constaba de trece seccións que se reduciron a tres: Pedagoxía, Enciclopedia e Institución. A sección máis favorecida por firmas relevantes foi a de Pedagoxía, na que tiveron cabida as novas correntes pedagóxicas. Destaca o gran número de colaboradores estranxeiros defensores da nova pedagoxía, Claparède, Coussinet, Decroly, Dewey,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida probablemente no ano 1958 na Coruña. De periodicidade irregular, editábase en castelán. Constaba das seccións tituladas “Vida Profesional”, “Noticiario Escolar”, “Sección Legislativa” e outras. Desenvolve información referida a certificados de estudios primarios, calendario do curso escolar, entre outros temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de orixe volcánica do Lacio, Italia (114,5 Km2). Na súa ribeira atópanse as localidades de Bolsena, Marta e Capodimonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Saxonia-Weimar-Eisenach, fillo do duque Ernesto Augusto II e de Ana Amalia de Brunswick, rexente do ducado logo da morte do duque en 1758. Gobernou persoalmente desde 1775 e converteu a corte de Weimar no primeiro centro intelectual de Alemaña, con colaboradores como Goethe e Herder; ao mesmo tempo, promocionou a Universidade de Jena, onde ensinaron Schiller, Schelling e Hegel. Foi un dos líderes do Fürstenbund, ou Liga dos Príncipes, establecida por Federico II de Prusia para facer fronte a Xosé II. Participou co exército prusiano na guerra contra a República Francesa. Non obstante , unha vez que as tropas de Napoleón conquistaron Weimar, uniuse á Confederación do Rin, formada por todos os estados xermánicos baixo protección de Napoleón en 1806. Pola contra, en 1813 integrou no exército que se sublevara en Prusia contra a ocupación napoleónica. Polo Congreso de Viena (1814-1815), logrou a ampliación do seu estado e o título de gran duque. No ano 1816 concedeu a primeira constitución...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola fundada en Ribadeo polo Rei Carlos III no 1774, recoñecida no 1775 e pechada no 1776, tiña como obxectivo ensinar o oficio de tecer. O seu primeiro e único director foi Joaquín Céster, anteriormente director das Reales Fábricas de Talavera. Todos os alumnos tiñan ademais a posibilidade de fiar na súa propia casa, polo que estas institucións se comprometían a proporcionarlles todo o necesario para desenvolver esa actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Censo demográfico e fiscal elaborado entre 1750 e 1754 nos reinos peninsulares da coroa de Castela, entre eles o de Galicia, por un decreto do Rei Fernando VI a instancias de Zenón de Somodevilla y Bengoechea, Marqués de la Ensenada, secretario de Facenda, Guerra, Mariña, Indias e Estado, e gobernador do Consello de Castela. O catastro tiña como base unha enquisa constituída por 40 preguntas relativas á poboación, ás propiedades e ás actividades económicas de cada unha das parroquias. Este cuestionario (interrogatorio) debía ser respondido en primeira instancia polo párroco, o alcalde, os rexedores da xurisdición e dous veciños elixidos por eles. Os responsables da recolección dos datos eran funcionarios (xustizas e intendentes) nomeados para a ocasión, acompañados de escribáns, agrimensores, taxadores e os peritos que fosen precisos. Ademais, cada veciño debía declarar os seus datos particulares: nome e apelidos, profesión, condición social, familia, fontes de ingresos e propiedades. Constitúe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Forlì na Emilia-Romagna, Italia, situada á beira do río Savio (89.393 h [1997]). É un destacado núcleo industrial. Municipio romano (Caesena), estivo baixo dominio bizantino. Incorporada ás posesións da Igrexa no s X, converteuse en cidade libre no s XI. En 1379 pasou ao poder dos Malatesta. Novamente, formou parte dos Estados Pontificios dende 1466 ata 1859.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación patronal fundada en 1977 que representa a maior parte do sector educativo privado de España dos niveis non universitarios. Está integrada por asociacións e federacións que, á súa vez, están constituídas por uns 5.000 centros, a maioría non confesionais, de distintos niveis e modalidades. Conta con federacións e asociacións espalladas por todas as provincias e existe unha representación autonómica das mesmas. Forma docentes e directivos, especialmente a través do Instituto de Técnicas Educativas (ITE), e publica a revista mensual Actualidad Docente (cun suplemento de información europea, Actualidad Europea), ademais de libros e documentos. Tamén integra as seguintes asociacións e federacións sectoriais: Asociación Estatal de Centros de Enseñanzas Musicales (AECAM), Federación de Escuelas de Música y Centros no reglados de Enseñanzas Musicales del Estado Español (FEM), Asociación Nacional de Escuelas de Turismo (ANESTUR), Asociación Nacional de Centros de Peluquería...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sinal que se lle dá a unha persoa para que, nun momento determinado, sexa recoñecida ou lle sexa concedido algo.

    2. Sinal que se lle pon a algo para diferencialo doutras cousas, en especial fai referencia á segunda marca que se pon nun artigo comercial para distinguilo dos produtos que unicamente levan a primeira.

      1. Palabra que serve como medio de identificación dunha sentinela ou da tropa que se achega.

      2. Parte final dos toques da corneta ou trompeta regulamentarios, especial de cada rexemento.

    3. Secuencia secreta de caracteres que se require para utilizar un sistema informático, unha aplicación ou un documento determinado, que impide o acceso de persoas non autorizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santa (Toscana, s III?) Mártir italiana. Segundo a tradición, á idade de doce anos negouse a ofrecerlle sacrificios ao deus Apolo; o seu pai, anoxado ante a súa desobediencia, ordenoulles aos seus escravos que a xostregasen. Logo encerrárona nunha torre, puxéronlle na cabeza unha moa de muíño e metérona nunha barca no lago de Bolsena para que afundise. Como logrou sobrevivir, mergullárona despois nunha caldeira de aceite fervendo e metérona nun forno con dúas víboras e dous áspides; sen embargo, os réptiles, lonxe de trabala, fixéronlle agarimos. Na iconografía a santa viste túnica talar e manto romano, e leva como atributos, unha moa de muíño, unha roda, unhas tenaces, dúas frechas, etc (símbolos do seu martirio); ás veces, leva tamén unhas serpes, un anciño, uns garfos de ferro, etc. A súa festividade celébrase o 24 de xuño e é titular de 28 parroquias.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar protexido natural ou artificialmente nos portos, canais ou baías, onde as embarcacións poden levar a cabo as diversas operacións de carga e descarga ou aparellar e reparar as embarcacións.

    2. Cada unha das divisións que se acondicionan nos portos artificiais para crear así distintos peiraos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista universitaria bilingüe editada na Coruña a partir de 1988 por alumnos e profesores da UNED. Coordinada por José Á. Pereira, contaba cun consello de redacción formado por Silvia Longueira, Luisa Martínez, Marcelino Fernández, Emilio Fernández e Segismundo Montero. Ilustrada con fotografías de Xurxo Lobato e Xosé Abad, colaboraron nela Pedro Arias, Miguel Cancio e Francisco Pillado, entre outros. Incluía artigos relacionados co sistema educativo, as experiencias dos docentes, a normalización lingüística do galego no ámbito da educación, o sistema financeiro galego, a conservación dos bens do patrimonio histórico, o sindicalismo e entrevistas a distintos persoeiros da vida pública en Galicia. No segundo número, publicado en xaneiro de 1990, inseriuse un especial sobre urbanismo, e na terceira entrega, en decembro do mesmo ano, unha reportaxe sobre a conservación da natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO