"Siberia" (Contén)
Mostrando 10 resultados de 10.
-
-
Relativo ou pertencente á rexión eurosiberiana.
-
Rexión bioxeográfica do reino holártico que abrangue unha gran parte de Eurasia e que limita ao N coa rexión ártica e ao S coas rexións mediterránea, iranoturaniana e chinesa. O clima é húmido e de invernos fríos. A vexetación é de tendencia forestal: na parte setentrional o clímax é o bosque de coníferas; e na parte meridional, as árbores de folla caduca.
-
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do Océano Ártico, que separa os mares de Laptev e Siberia Oriental e forma parte de Iacutia. Formado polos arquipélagos de Anjou e de L’akhov e por outras illas, foi explorada en parte en 1770 por B. L’akhov. Está cuberto de tundra.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente á raza paleosiberiana, aos seus representantes ou ás súas linguas.
-
Individuo da raza paleosiberiana.
-
Raza do grupo xantodermo, de tamaño medio ou baixo, que se caracteriza por ter a pel moi clara, cabelos negros e ausencia de pregaduras palpebrais.
-
Phylum de linguas que falan os paleosiberianos. Inclúe, entre outras, o chukchi, o kamchadal, o koriak, o aleutiano e o kerek.
-
-
REXIÓNS
Rexión oriental de Rusia, que se estende tradicionalmente sobre toda a parte setentrional de Asia, desde os Urais ao Pacífico e desde o Océano Ártico ás planicies desérticas de Kazakhstán, Mongolia e Manchuria (10.000.000 km2; 30.000.000 h).
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
As principais rexións fisiográficas de Siberia son: a planicie de Siberia Occidental, a penechaira de Siberia Central, as montañas de Siberia Meridional (Altai, Sajan Occidental, Sajan Oriental, montañas de Tuva, Baikal e Transbaikal), o sistema orográfico do NL, as serras de Verkhojansk e o altiplano de Kolyma. O clima é cru e extremadamente continental. O solo conxélase en profundidade, e a capa conxelada perennemente ocupa máis de 6 millóns de km2. A maioría dos ríos, incluíndo os máis grandes e caudalosos (Obi, Irtyš, Ienisei e Lena) desembocan cara ao Océano Ártico. Os ríos navegables suman máis de 100.000 km. Os máis empregados para o transporte son o Obi, co Irtyš, o Ienisei, o Lena co... -
VER O DETALLE DO TERMO
Parte de Rusia asiática comprendida entre os Urais ao O e o Ienisei ao L (2.800.000 km2; 15.253.000 h [1985]). A parte máis grande é a chaira de Siberia Occidental, con zonas fisiográficas ben definidas, desde a tundra ao N, ata a estepa ao S. Ao SL álzanse as serras de Altai, Salair, Alatau e Kuzbass. A cidade principal é Novosibirsk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da Rusia asiática comprendida entre o Ienisei ao O, e a divisoria hidrográfica do Pacífico ao L (7.200.000 km2; 9.750.000 h [1985]). Fisiograficamente divídese entre as chairas de tundra, a penechaira de Siberia Central (a parte máis extensa) e a zona montañosa do SL, Sajan, Zabajkal e Kolyma. A cidade principal é Krasnojarsk.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mar do Océano Ártico, situado entre as illas de Novosibirsk e Wrangel (936.000 km2). Nel desembocan os ríos Indigirka, Kolyma, Alazeja e Khroma. Os portos principais son Pevek, Tabor e Ambarčik.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Extremo N da gran chaira eurasiática de Tajmyr, comprendida entre os ríos Ienisei e Lena. Cunha lonxitude de 1.400 km por uns 600 de anchura, está formada por amplas depresións moi pantanosas. O clima é continental subártico e a vexetación de tundra ou bosque-tundra.
-
-
Relativo ou petencente a Siberia ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Siberia.
-
-
-
Que atravesa Siberia.
-
ía férrea que atravesa Siberia. Forma unha ampla rede que une Moscova con Vladivostok (9.000 km), penetra en Corea onde chega ata Pusan pasando por Seúl, e tamén chega a China ao cruzar Mongolia, onde enlaza coa rede ferroviaria chinesa. Foi proxectado en 1850 e a súa construción comezou en 1891.
-