"Sil" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 565.

  • mesa de cabeceira

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cadeira de brazos

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de árbores aciculifolios con sotobosque escaso, formado sobre todo por arbustos baixos e brións, propia de climas de inverno longo e rigoroso. Son aciculisilvas a taiga boreal e os bosques de coníferas de montañas alpinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos brasileiros de orixe africana ou aos seus descendentes e, sobre todo, ás formas culturais desenvolvidas por eles.

    2. Conxunto de sistemas relixiosos organizados polos grupos afroamericanos propios do Brasil. Cómpre salientar entre outros os seguintes sistemas: banto, batuque, candomblé e macumba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista ruso. A súa novelística sempre estivo envolta en controversias e polémicas: Kollegi (Colegas, 1959), Zv’ozdnyj bilet (Billete para as estrelas, 1961), Katapulta (Catapulta, 1964), L’ubov’k elektricestvu (Amor á electricidade, 1971) e Moj deduska-pam’atnik (O meu avó é un monumento, 1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político romanés. Contribuíu á afirmación da cultura romanesa. Foi director do Teatro Nacional de Iaşi (1840-1842) e da revista Romani Literara (1855). Consagrado como escritor, ocupou cargos políticos diversos (Ministro de Asuntos Exteriores, 1859; embaixador en París, 1855). Recolleu a tradición das cancións populares e como poeta equilibrou o seu romanticismo cun certo clasicismo na escolma Pasteluri (Pasteis, 1875). Escribiu un bo número de obras teatrais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ruso, membro do Proletkul’ t. Autor de Vosstanije (A insurrección, 1919), Utro (A mañá, 1921) e Veter (O vento, 1925), cultivou temas inspirados na Guerra Civil deses anos e nos problemas do traballo na nova sociedade soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ruso. O Tsar Nicolao II nomeouno Xefe do Estado Maior Xeral durante a Primeira Guerra Mundial. Despois da Revolución bolxevique uniuse a Denikin e traballou na Ucraína (1917-1918) organizando o Exército Branco, que había de loitar contra do soviético Exército Vermello. No 1918 foi nomeado membro do Directorio de Ufa (goberno provisorio antibolxevique) pero morreu axiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta soviético especializado en halterofilia. Acadou todos as marcas da categoría dos superpesados da década de 1970 e gañou os títulos olímpicos nos Xogos de Múnic 1972 e Montreal 1976.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Halterofilista ruso. Foi nove veces Campión de Europa e dez veces do Mundo. Conseguiu dúas medallas de ouro olímpicas nos pesos super pesados (nos Xogos de Múnic 1972 e nos de Montreal 1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe lixeira de aluminio, formada por un 97% de Al, un 2% de Si e un 1% de Mg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Sevilla, Andalucía (2.207 h [1996]). Inserto na área metropolitana de Sevilla, a expansión periurbana da capital andaluza provocou un forte crecemento demográfico nos últimos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira accidentada ao S de Romanía, tamén denominada Cárpatos Meridionais. A súa dirección xeral é L-O. Enlaza cos Cárpatos por levante e cos Balcáns por poñente. Macizos cristalinos compostos principalmente de granito e de xistos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Designación xenérica dos silicatos dobres de aluminio e doutro metal, monovalente ou divalente. Os aluminosilicatos son sólidos, xeralmente de orixe natural e de constitución complexa. Nalgúns aluminosilicatos, como o berilo, os grupos SiO4 forman estruturas cíclicas, e noutros, como as micas, forman capas de dúas dimensións. O caso máis corrente é, sen embargo, aquel no que se forman estruturas continuas tridimensionais, con substitución parcial do silicio por aluminio. Pertencen a este grupo os feldespatos, as zeolitas, a sodalita, a lazurita e outros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e líder agrarista. Estudiou o bacharelato en Ourense. Posteriormente ingresou no Seminario Conciliar de San Fernando, onde foi ordenado sacerdote. Pouco despois principiou unha intensa actividade pública, colaborando en múltiples xornais como La Nueva Época, El Eco de Orense ou La Galerna. Foi alentador do ourensán Círculo Católico de Obreiros. Exerceu por primeira vez como abade rural en Parada de Laviote (O Irixo) onde no 1904 escribiu o seu primeiro folleto independente El cura rural. No 1907 marchou a Madrid para se establecer como capelán do marqués de Urquijo. Alí vencellouse aos círculos galeguistas, colaborando nas actividades do Centro Galego e coa revista Galicia, que dirixiu a partir do 1908. Publicou unha colección de contos titulados Por los agros celtas (1907). Xunto con Alfredo Vicenti, Manuel Portela Valladares, Luís Antón de Olmet, Prudencio Canitrot e outros fundou o movemento Acción Gallega, que dende 1910...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora brasileira. Autora dunha obra de inspiración folclórica e surrealista. Foi discípula de Fernand Léger.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de amasar.

    2. Fariña amasada dunha soa vez.

    3. Mestura de cousas diversas revoltas e sen orde.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa formada por Francesc Amorós e Oswald Silvestrini e constituída por diversos circos ambulantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da comunidade autónoma de Navarra, na comarca da Ribera de Navarra (2.511 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político brasileiro. Logo de se trasladar a Portugal, converteuse en 1812 en secretario vitalicio da Academia das Ciencias de Lisboa. De volta ao Brasil, Pedro I nomeouno Ministro (1821-1823) e cando abdicou (1831) designouno titor de seu fillo, Pedro II.

    VER O DETALLE DO TERMO