"Teixeiro" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • GALICIA

    Político carlista. Durante o Trienio Constitucional (1820-1823) foi perseguido por pertencer ao Partido Realista e loitar a prol do restablecemento do poder real absoluto en Galicia. Restaurado o absolutismo coa intervención dos Cen Mil Fillos de San Luís, marchou a Portugal e organizou os Batallóns de Voluntarios Realistas do Val Miñor. Desempeñou o cargo de oidor da Audiencia de Galicia e foi membro da Xunta Gobernativa de Galicia por nomeamento do pretendente don Carlos (1835). Ocupou o posto de secretario do ministerio de Gracia e Xustiza, Guerra e Negocios Estranxeiros, do que dimitiu debido á súa amizade co xeneral liberal Espartero, unha vez que o xeneral Maroto, conservador, foi designado xefe do Estado Maior do Exército Carlista, quen rapidamente se fixo co poder obrigando ao Rei a firmar a orde de desterro de Xosé Arias (1839). Malia aos intentos de Maroto por restablecer a paz con Espartero, marchou a Francia e entregouse ao estudo da Arqueoloxía e das Ciencias Naturais, sobre...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Pontevedra (1801 e 1809) e deputado pola provincia de Tui na Xunta Superior do Reino de Galicia (1810). Durante o Trienio dos Liberais (1820-1823) manifestouse abertamente a prol do absolutismo, motivo polo que estivo detido no castelo de Santo Antón, dende onde foi deportado a Canarias (1823). Coñécense dous sonetos en galego da súa autoría, datados por Álvarez Blázquez entre 1810 e 1812, nos que critica satiricamente a dúas persoas que ridiculizaran a súa poesía. O seu estilo era satírico e humorístico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutor en Teoloxía. Foi bispo de Pamplona e arcebispo de València. Por mor da súa loita a prol da Igrexa e o mantemento da Inquisión foi premiado coa Cruz de Isabel a Católica polos tradicionalistas e encarcerado polos defensores das novas ideas. Durante a Guerra da Independencia contra o exército napoleónico escribiu un manifesto asinado por outros sete bispos no que combatía a Constitución de Cádiz do 1812 e outra en 1820 que lle ocasionaría o desterro a Francia despois do triunfo liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. En 1885 creou a publicación mensual A Gaita Gallega, en colaboración con Manuel Lugrís Freire. É autor da peza titulada Non máis emigración (1886), estreada na Habana no ano da súa publicación, con música de Felisindo Rego. Subtitulada “apropósito lírico-dramático en dous actos e sete cadros”, a obra é unha forte alegación contra a diáspora. Con esta peza obtivo un sorprendente éxito de público e suscitou un intenso debate respecto á oportunidade e á necesidade dun teatro en galego. Posteriormente publicou un monólogo titulado Mexamorno en Viveiro (1914).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Coñecido como Manuel María, realizou estudios de Filosofía e Letras e exerceu como procurador dos Tribunais en Monforte de Lemos. Ao longo da súa traxectoria profesional empregou pseudónimos como Ernesto Alfonso Reque Varela ou Manuel Hortas Vilanova, e colaborou en distintas publicacións e prensa, como A Nosa Terra, Faro de Vigo, El Progreso, Nordés, Alba, Grial, Vieiros, Aturuxo e Atlántida. Xunto con Ánxel Xohán fundou a colección Xistral e no ano 1969 a editorial homónima. Autor polifacético, cultivou o ensaio, o teatro, a poesía e a narrativa. Gran coñecedor da cultura popular, o seu poemario Terra Cha (1954), con sucesivas reedicións e ampliacións, constitúe unha homenaxe á súa terra natal. Nesta obra a paisaxe é a protagonista omnipresente e o autor reflicte a vida na Terra Cha a través dunha variada combinación de metros (pareados, cuartetas, coplas). Así...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Estudou na Real Academia de Bellas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla. Evolucionou desde o academicismo, influenciado pola súa estadía andaluza a un estilo marcado polo coñecemento da arte grotesca e, posteriormente, a unha figuración simbolista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Curtis situada na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo partido: 1, de ouro, cunha árbore de sinople acompañada de cinco lanzas de prata apoiadas no tronco, tres no flanco destro e dúas no sinistro; 2, de sinople, cun castelo de prata sumado dunha aguia da súa cor. Outro trae, en campo de sinople, dúas torres de prata, colocadas en faixa, sinistradas de cadanseu oso, ergueito, do mesmo, atados á porta cunha cadea. Outra, en campo de goles, un escudiño de azul, en abismo, cargado dun castelo de prata, e acompañado de catro leóns de prata colocados un en xefe, outro en punta e un en cada flanco. Outro, en campo de azul, dúas estrelas de prata de oito raios, colocadas en faixa. Outro, en campo de azul, tres gaivotas de prata, voando, colocadas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Politicólogo e sociólogo. Foi xefe do Servizo de Publicacións do Parlamento de Galicia, do Gabinete Técnico da presidencia da Xunta Preautonómica, do Gabinete da Presidencia do Parlamento, e dos Servizos Técnicos do Parlamento de Galicia, e deputado autonómico (1981-1985). Publicou Autonomías e Constitución: notas para un debate estatutario galego (1978) e O Parlamento de Galicia (1988).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Lea (Pol). Presenta planta en forma de L e dúas alturas. Realizouse en cantaría combinada con cachotaría. Ten patín, solaina e varios escudos na fachada principal. O conxunto completouse coa igrexa parroquial e cun alpendre porticado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso que se estende en dirección NL-SO polas parroquias de Rubiás, Teixeiro e O Veral (Lugo). A súa máxima altitude acada os 545 m.

    VER O DETALLE DO TERMO