"Turia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 42.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Territorios do noroeste da Hispania romana habitados respectivamente por ástures-cántabros e galaicos. Estas dúas rexións foron incluídas na provincia da Lusitania por Augusto, na súa primeira organización provincial do ano 27 a C, coa finalidade de controlar mellor o territorio ástur neses anos que estaba en guerra contra Roma (guerras ástur-cántabras, 29 - 19 a C). A razón desta intensa acción de sometemento por parte dos romanos vén explicada pola presenza no territorio de minerais coma o ouro ou o minio. Unha vez finalizada a conquista, Augusto procedeu a unha segunda reestruturación administrativa, que tivo lugar entre os anos 16 e 13 a C co gallo da súa segunda viaxe á Península Ibérica, na que Asturia e Gallaecia son incorporadas á Provincia Citerior Tarraconensis. Os núcleos ou cidades principais reciben o nome de Augustus: Bracara Augusta, Lucus Augusti e Asturica Augusta, á vez que se forman os correspondentes convento xurídico asturicense, lucense e bracarense. Con Caracalla...
-
-
Relativo ou pertencente a Asturias ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Asturias.
-
Formas de arte da Corte de Asturias, primeiramente en Cangas de Onís, despois en Oviedo e en León, desde o s VIII ata a época de Afonso III. É un dos grupos de arte prerrománica máis persoais. O seu sistema construtivo está rexido polos principios que formaron toda a arte medieval desde o Románico, aínda que aquí aparecen arcos de medio punto e de ferradura. Pódese dicir que se trata xa de estruturas medievais, en contraposición coas visigóticas, pese a que na súa orixe teñen un gran papel as novas fórmulas europeas de influencias orientais. Os temas escultóricos participan das estilizacións clásicas de raíz hispano-visigótica ata a aparición dos modos mozárabes. A pintura presenta raíces antigas sen apartarse dos mesmos modelos de tempos bizantinos. Na arte asturiana distínguense catro momentos: un de formación (Igrexa de Santa Cruz, en Cangas de Onís (737), outro que corresponde a Afonso II, do cal permanece a chamada Cámara Santa e San Julián de los Prados. O terceiro momento -Ramiro...
-
As falas asturiano-leonesas son aquelas que se falan na área do antigo Reino de León. As provincias de Asturias, Santander, León, Zamora, Salamanca, Cáceres e Badajoz amosan restos do vello dialecto. O asturiano presenta aínda nestes últimos anos do s XX unha situación de bilingüismo diglósico no que a lingua A ou alta é o castelán, e a lingua B ou baixa é o asturiano, que como lingua minoritaria e minorizada ensina unha problemática específica.
Evolución histórica
A documentación dos reinos de Asturias e de León data do 775, o Diploma do Rey Silo, e constitúe unha das máis ricas dentro do ámbito peninsular. O século XIII constitúe o máis frutífero dentro da documentación medieval en asturiano, na súa maioría textos xurídicos (foros, ordenanzas municipais, doazóns, testamentos, etc); esta lingua presenta numerosas vacilacións ortográficas, elementos dialectais, así como latinismos (esperables por tratarse dunha linguaxe xurídica inzada de fórmulas fixas...
-
-
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma do estado español, constituída pola vertente marítima do extremo occidental da cordilleira Cantábrica, entre Galicia, ao O, e La Montaña (Cantabria), no L. (10.604 km2; 1.087.885 h [1996]). Abrangue a provincia de Asturias, constituída por 78 municipios (1996). A capital é Oviedo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Asturias está estruturada en dúas cordilleiras paralelas, unha litoral e outra interior, orixinadas polo realzamento dunha antiga cordilleira herciniana que enmarcan unha depresión prelitoral. As cordilleiras xúntanse no O nun cóbado de altitudes modestas (1.000 a 1.500 m) chocando coas serras orientais galegas. No L, a morfoloxía cárstica suave, de cume inferior a 1.500 m, é unha plataforma de abrasión mariña emerxida (rasa), tallada por numerosos ríos. Nas serras interiores a liña do cume sobrepasa xeralmente os 2.000 m. No O predominan os materiais palozoicos duros. No extremo L, os Picos de Europa, de morfoloxía calcaria, acadan... -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Estado Español, a única da comunidade autónoma do Principado de Asturias. A súa capital é a cidade de Oviedo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asturias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comarca da Comunidade Autónoma de Cantabria, entre os ríos Saja, ao L, e Nansa, ao O, na fronteira co Principado de Asturias. Limita ao S coa cordilleira Cantábrica. Trátase dunha rexión litoral no que o seu trazo máis característico é a rasa, produto dos distintos niveis de abrasión mariña ao longo da historia. Destacan os núcleos de Torrelavega, Suances, Santillana del Mar, Cabezón de la Sal e San Vicente de la Barquera.
-
PERSOEIRO
Escritor. Estableceuse en París onde estudiou as civilizacións pre-colombinas e onde recibiu a influencia das vangardas. En 1930, ano en que publicou as Leyendas de Guatemala, volveu ao seu país. A súa obra, escrita nunha lingua barroca chea de indixenismos e neoloxismos, está construída sobre elementos da mitoloxía guatemalteca e técnicas herdadas do Surrealismo e do Expresionismo. Cultivou tamén a poesía. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura 1967. Con El señor presidente (1946), novela baseada na ditadura de Cabrera, configurou o mundo violento que desenvolveu despois en Hombres de maíz (1949), a triloxía Viento fuerte (1950), El Papa verde (1954) e Los ojos de los enterrados (1960), El ahijadito (1961) e Viernes de dolores (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título dos fillos primoxénitos e herdeiros dos reis de España. Foi fundado por Xoán II en 1388 cun morgado para os fillos lexítimos e primoxénitos dos reis de Castela e León.
-
REINOS
Reino constituído por grupos de fuxitivos que, a raíz da destrución da monarquía visigoda pola invasión musulmá da Península Ibérica, se refuxiaron en Asturias. Un deses aglutinadores dos refuxiados e naturais contra o dominio musulmán foi Paio, probablemente un nobre godo -se ben se ten discutido sobre a súa realidade histórica- quen se refuxiou nas montañas e foi recoñecido como adail ou príncipe (718). Unha expedición musulmá contra el foi derrotada en Covadonga (?722). Paio (morto no 737) puido manter a independencia deste núcleo, que se convertería na cerna do proceso que a historiografía tradicional deu en chamar Reconquista. Paio estableceuse en Cangas de Onís e foi xefe dunha dinastía que, se ben era de carácter electivo, ficou vencellada á súa familia. Afonso I (739-757) consolidou o Reino Ástur e principiou a súa expansión, incorporando Galicia. Silo (774-788) trasladou a corte a Pravia. Afonso II o Casto (791-842) resistiu os exércitos musulmáns; realizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia aumentada nos ouriños de produtos de excreción nitroxenada renal, fundamentalmente urea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada no ano 1974 con domicilio social en Oviedo e que antigamente se denominaba Banco de Langreo. Pertence ao grupo Banca Sabadell.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación dada na época romana ao territorio de Bética entre os ríos Anas (Guadiana) e Betis (Guadalquivir).
-
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida na Coruña entre os anos 1907 e 1916 de perioricidade mensual. Trátase dunha revista que informaba sobre cuestións relacionadas coa agricultura e a gandería das dúas comunidades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter oficial editada na Coruña na primeira década do século XX. Tiña periodicidade mensual. As súas informacións daban conta do estado xeral dos campos e das colleitas en Galicia e Asturias. Incluía tamén datos de producións, feiras e mercados. É significativa a sección relativa a prezos agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Bizkaia, Euskadi, estendido á esquerda da ría de Gernika (1.640 h [1996]). A capital é Axpe de Busturia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade anual que se editou entre os anos 1810 e 1847. Malia que inicialmente foi coñecido como Calendario General para España del año 1810, arreglado por D.P.V. y V. para Galicia (imprenta de D. Manuel María Vila, A Coruña), deseguida adoptou o nome definitivo. A súa impresión realizábase cada ano nun obradoiro distinto das cidades de Santiago, A Coruña ou Valladolid, dependendo de quen tivera o privilexio exclusivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Período de cen anos.
-
Grupo de cen soldados de a pé que cada curia proporcionaba ao exército romano antes das reformas radicais de Servio Tulio. Nas guerras púnicas a centuria, como sección da lexión integrada na unidade táctica superior do manípulo, pasou a ter uns sesenta homes que se xuntaron aos velites. A centuria volveu ao seu número orixinal de soldados coas reformas de Mario, que foron adoptadas case sen cambios durante o Imperio. Servio Tulio dividiu en centurias as cinco clases propietarias, organización que serviu de base ao establecemento dos comicios centuriados.
-
Medida agraria romana que equivalía a 200 xugadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual subtitulada “Revista neosófica-Orense-España”. Só publicou sete números, desde xuño de 1917 ata xullo de 1918, nos que incluía artigos literarios, ensaios, traballos de historia, arte e bibliografía. Dirixida por V. Risco, tivo a Arturo Noguerol e Florentino Cuevillas como administradores, co que se prefiguraba así o papel dirixente do futuro grupo Nós nas letras galegas, que incluía ademais as primeiras entregas literarias de Otero Pedrayo. Trátase dunha publicación literaria de corte modernista e un primeiro intento, desde unha posición inconformista e inadaptada, de renovar o panorama intelectual da Galicia da época. Nas súas páxinas deuse cabida a un amplo grupo de escritores situados entre o simbolismo e o modernismo como Xavier Bóveda, Eduardo del Palacio, Ramón Villarino de Sáa, P. Rodríguez Sanjurjo, F. Álvarez de Nóvoa ou R. Cansinos Assens; no capítulo da plástica os debuxos das portadas son da autoría de Risco, Ramón París e Jesús Soria. A presenza do futuro grupo...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema romano de medición empregado para a división de grandes áreas de terreo en parcelas, especialmente nas colonias. A superficie dividíase en cadrados de 200 xugadas (iugum), que formaban parcelas de terreo de idéntica superficie, e adxudicábanse aos colonos. Dispúñanse dun xeito análogo á colonia, cun cardus maximus, un decumanus maximus e unha serie de camiños que se dispoñían paralela e perpendicularmente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Distribuído en centurias.